"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer baixar as galiñas do poleiro.

    2. Baixar a alguén dun lugar alto.

    3. Baixarse as galiñas do poleiro.

    4. Descender dun lugar elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desapoleirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desapoleirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a síntese do ácido desoxirribonucleico. Tamén recibe o nome de ADN-polimerase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Supresión ou evitación da polarización de pilas ou baterías, mediante a eliminación dos produtos que se acumulan nos electrodos, basicamente o hidróxeno que diminúe e pode anular o paso da corrente eléctrica.

    2. Redución na diferenza de potencial que existe a través da membrana celular das células electricamente excitables, como as neuronas e as células musculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despolariza.

    2. Substancia que se emprega para despolarizar. As máis utilizadas son, entre outras, o K 2 Cr 2 O 7 , O 2 e Cl 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar unha despolarización.

    2. Interromperse a polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descomposición dun polímero nas unidades monoméricas que o integran, mediante a acción da calor, da radiación ultravioleta, do osíxeno ou doutro axente externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de despolitizar ou despolitizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o carácter político de algo.

    2. Facer que unha persoa ou un grupo se desinterese da política.

    3. Perder algo o seu carácter político.

    4. Arredarse unha persoa ou grupo da política ou de ideas políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despolpa.

    2. Máquina, aparello ou instrumento que se utiliza para extraer a polpa das froitas co fin de obter o zume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extraer a polpa dalgunhas froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de carácter absolutista e católico que se editou entre febreiro e marzo de 1813 na Coruña. Acompañaba a cabeceira o título “Los guerrilleros por la religión, la patria y el rey”. Fundado e dirixido por frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez, contaba coa colaboración de frei Nicolao de Santa María. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto, nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nos talleres do Exacto Correo de España en La Coruña. Contiña artigos que satirizaban a política liberal e defenden os postulados monárquico-absolutistas. Non conseguiu un mínimo apoio popular e deixouse de editar por problemas económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida nos anos vinte do s XIX na Coruña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Sebastián Iguereta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, xornalista e diplomático. Fundador do diario La Palabra e un dos iniciadores da Academia Argentina de las Letras, foi unha das grandes figuras culturais do liberalismo de finais do s XIX. Iniciouse como poeta romántico e posteriormente foi un dos introdutores continentais do parnasianismo e adscribiuse ao modernismo. Da súa produción destacan, entre outras obras, Fuegos fatuos (1885), La batalla (1894), Bajo-relieves (1895), Las galeras de oro (1901) e Atlántida conquistada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés. Profesor na Bibliothèque Royale, especializouse en iconografía cristiá. Entre as súas obras destacan Bulletin archeológique du comité des arts et monuments (Boletín arqueolóxico do comité das artes e monumentos, 1840-1847), Histoire de Dieu, iconographie des personnel divines (Historia de Deus, iconografía de personaxes divinas, 1843) e Manuel d’iconographie chrétienne, grecque et latine (Manual de iconografía cristiá, grega e latina, 1845). Fundou os Annales archèologiques (Anais arqueolóxicos, 1844-1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Anaxímenes, nas súas ideas físicas achegouse a Arquelao, pero destacou pola súa preocupación polas causas das pequenas cousas. Consideraba o aire como elemento primordial e constitutivo de todos os seres tanto animados como inanimados, e outorgoulles unha calidade divina. Levou a doutrina xónica a Atenas e mantivo contactos con Sócrates. Considerado como un dos ateos tradicionais en Atenas, sufriu persecución. Consérvanse algúns fragmentos da súa obra De Natura (A Natureza).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dipolo.

    2. Que presenta dous polos.

    3. Aplícase ao átomo ou á molécula que conta cun ou máis dipolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema que presenta dúas cargas opostas en dous puntos, ou polos, tal como acontece nun imán ou nunha molécula polar.

      2. dipolo eléctrico

        Conxunto formado por dúas cargas, unha positiva e outra negativa, do mesmo valor, colocadas a unha pequena distancia unha da outra, comparada coa distancia á que se considera que teñen os seus efectos. O dipolo caracterízase polo momento dipolar (μ), produto do valor absoluto dunha das cargas constituíntes pola distancia que as separa, e mídese en coulombios por metro. Por extensión, definiuse o dipolo magnético de maneira análoga ao dipolo eléctrico cando se cría na existencia de cargas magnéticas.

    1. Dispositivo ou circuíto formado por un conxunto de elementos activos ou pasivos procedentes de dúas terminais por onde se pode unir ao circuíto exterior.

    2. antena dipolo.

    VER O DETALLE DO TERMO