"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Aparello empregado para medir e rexistrar as oscilacións das paredes arteriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de facer gravados sobre unha prancha de cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistrar imaxes con ou sen son nunha cámara cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Arte de representar sobre unha pantalla, e mediante a fotografía, imaxes en movemento.
    A técnica cinematográfica

    O invento
    Os intentos de reprodución gráfica do movemento remóntanse ás sombras chinesas (4.000 anos a C) e á lanterna máxica (1640) do alemán Athanasius Kircher. O perfeccionamento da fotografía posibilitou o nacemento da cronofotografía que consiste nunha serie de fotografías sucesivas que permitiron rexistrar o movemento dos planetas, dos animais ou do home. Charles-Émile Reynaud, empregando un tambor con espellos, conseguiu proxectar, por reflexión sobre unha pantalla, unhas imaxes debuxadas por el mesmo; ao mesmo tempo, Thomas Alva Edison incorporou a película de celuloide que empregou para impresionar series cronofotográficas que se reproduciron nun cinetoscopio. En 1985, Louis Lumière patentou o cinematógrafo, que permite o movemento intermitente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cinematografía ou ao cinematógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que permite a proxección de películas cinematográficas ( cinematografía).

    2. Aparello de reprodución cinematográfica inventado por Auguste e Louis Lumière en 1895 e presentado o 28 de decembro dese mesmo ano nun pequeno salón do Grand Café de París. O éxito derivado desta proxección foi inmediato e os irmáns Lumière presentárono en Francia en parte de Europa. Paralelamente, apareceron outros inventos similares como o cronofotógrafo, de Gaumont-Demeny; o cinetógrafo, de Meliés-Reulos; o cinetoscopio, de Edison; e o animatógrafo, de R. W. Paul que desapareceron ante a calidade do aparello dos Lumière. Empregouse nas primeiras proxeccións realizadas en España; o 14 de maio de 1896 presentouse en Madrid, na planta baixa do Hotel de Rusia, a cargo de Alexandre Promio, delegado da casa Lumière en España; na Coruña o 2 de setembro de 1896 no Teatro-Circo; e en Pontevedra o 17 de abril de 1897, a cargo de César Marques e Alexandre Pais de Azevedo, representantes da casa Lumière en Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Película cinematográfica das imaxes radiográficas que, ademais do estudio funcional, permite a obtención de numerosas imaxes dos fenómenos, por rápidos que sexan, como a deglutición ou o paso de contraste polos condutos circulatorios. As primeiras cinerradiografías intentounas en 1896 Mac Intyre, en Glasgow, Reynolds (1925), tamén en Glasgow, e Janker (1930), en Bonn. A cinerradiografía clínica actual foi posible grazas ao descubrimento do intensificador electrónico da imaxe Roentgen.

    2. Método de experimentación empregado na fonética instrumental e inaugurado por Paul Menzerath. Sérvese dunha impresión radiolóxica sobre unha película, con luminosidade e velocidade elevadas, dos órganos de fonación en movemento oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filmadora primitiva de películas que se visualizaban despois no cinetoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da vexiga urinaria. Practícase inxectando na vexiga unha substancia opaca aos raios X ou no transcurso dunha urografía intravenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía das vías biliares previa administración dunha substancia de contraste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador, debuxante e pintor. Formouse na Acadèmia Fortuny de Reus e na Escola de Belles Arts de Barcelona. No ano 1907 instalouse na Coruña. Cultivou a pintura, o cartel, o debuxo industrial, a ilustración e a confección de libros, entre outras actividades. Nas súas obras realizou unha descrición fría da realidade. Foi presidente da Asociación de Artistas da Coruña (1949-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica practicada sobre a vaxina e o perineo posterior para reparar laceracións producidas no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe comedias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, dependente da Secretaría de Estado de Aguas y Costas do ministerio de Medioambiente, responsable da xestión das augas públicas e das concas fluviais das comunidades autónomas de Galicia e Asturias, ademais da maior parte de Cantabria (agás unha pequena porcentaxe do S e do SL que depende das confederacións do Ebro e do Douro) e dos territorios de Bizkaia e Gipuzkoa. Creado por decreto do ministerio de Obras Públicas o 16 de marzo de 1961, a súa sede está en Oviedo. En Galicia ten oficinas en Lugo, Monforte de Lemos e Ourense. As súas principais funcións son regular os aproveitamentos hídricos, planificar e acometer as obras de infraestruturas hidrolóxicas e vixiar o cumprimento da lexislación medioambiental relativa ás augas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imitar alguén os xestos, o aspecto ou, de xeito ilícito, a obra doutra persoa.

    2. Reproducir fraudulentamente algunha cousa que ten carácter auténtico para tirar proveito ou causar prexuízo.

    3. Mudar unha persoa a voz, os xestos, o aspecto ou outra calidade co fin de enganar ou causar risa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto musical relixioso modificado para uso profano, ou á inversa. A súa práctica foi moi frecuente no s XIII, especialmente nos motetes ou nos cantos dos trobadores. Xa no s XVI, coa aparición do protestantismo, adaptáronse novos textos relixiosos a composicións musicais preexistentes. Esta técnica poética, moi estendida na literatura provenzal, consiste en reproducir para un texto a melodía e o esquema métrico e/ou rimático doutra composición que pode pertencer ou non á mesma tradición. Dado que os casos de recuperación melódica só poden establecerse naquelas líricas que conservan a notación musical dos seus textos, nas áreas en que esta non foi transmitida, como a galego-portuguesa, o único elemento que se debe ter en conta para fixar a relación de dependencia das cantigas é a coincidencia das estruturas métricas -especialmente cando destacan pola súa rareza-, porque (aínda que non sexa de forma inequívoca) reflicten as súas melodías. Na lírica galego-portuguesa a posta en funcionamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de vento de lingüeta dobre, semellante ao fagot pero de maiores dimensións, que soa unha oitava máis baixa ca este.

    2. Músico que toca ese instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faixa do escudo que presenta dous esmaltes diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO