cinerradiografía

cinerradiografía
  1. s f [MED/IMAX]

    Película cinematográfica das imaxes radiográficas que, ademais do estudio funcional, permite a obtención de numerosas imaxes dos fenómenos, por rápidos que sexan, como a deglutición ou o paso de contraste polos condutos circulatorios. As primeiras cinerradiografías intentounas en 1896 Mac Intyre, en Glasgow, Reynolds (1925), tamén en Glasgow, e Janker (1930), en Bonn. A cinerradiografía clínica actual foi posible grazas ao descubrimento do intensificador electrónico da imaxe Roentgen.

  2. s f [LING]

    Método de experimentación empregado na fonética instrumental e inaugurado por Paul Menzerath. Sérvese dunha impresión radiolóxica sobre unha película, con luminosidade e velocidade elevadas, dos órganos de fonación en movemento oral.

Palabras veciñas

cinéreo -a | cinerita | cinerítico -ca | cinerradiografía | cinescopio | cinese | cinésica