cinésica

cinésica

(< grκίνεσις ‘movemento’)

s f [ESPECT]

Disciplina que estudia a comunicación a través do xesto e da expresión facial. Baséase na hipótese de que a expresión corporal responde a un sistema codificado, aprendido polo individuo, variable segundo as diferentes culturas. Atende, entre outros aspectos, ao resultado das formas e funcións da comunicación individual, á natureza da interacción entre movemento e linguaxe verbal, e á observación da interacción xestual entre dous ou máis individuos. No teatro contribuíu á análise das interaccións escénicas dos actores, é dicir, o sistema que rexe as disposicións escénicas ou os desprazamentos e distancias que os separan, que incide na distancia que separa as actitudes do mundo real da codificación consciente dos xestos no mundo escénico. No eido da narrativa, empregouse no estudo do personaxe.

Palabras veciñas

cinerradiografía | cinescopio | cinese | cinésica | cinesiterapia | cinestesia | cinet(o)-