"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
-
Prender cunha argola ou aneis.
-
Circundar algo cunha argola.
-
Dispor en aneis.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo e astrólogo italiano. Confeccionou táboas de efemérides (1630 -1700), baseadas nas de Tycho Brahe. Na obra Astronomicorum libri tres (1629), propuxo un sistema xeocéntrico parecido ao de M. Capela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós do Peloponeso, Grecia (2.154 Km2, 93.020 h [1981]). Correspóndese aproximadamente coa antiga rexión histórica homónima situada na parte oriental do Peloponeso. Habitada en principio polos pelasgos, foi ocupada polos aqueos a mediados do segundo milenio a C, período durante o que Micenas e Corinto foron as súas cidades máis importantes. Coa conquista dos dorios no s XII, a Argólida foi dividida en pequenas entidades independentes, entre as que destacaba Argos. A Argólida formou parte da Liga Aquea. Foi sometida polos romanos no 146 a C.
-
GOLFOS
Golfo de Grecia, ao L do Peloponeso, ocupado por pequenas illas como a de Spetsai na entrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina de ferro que recobre o bordo da roda do carro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
toxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estender unha capa de toxo ou árgoma sobre un valado para imposibilitar a entrada nun terreo do gando ou das persoas alleas a esa propiedade.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elemento gasoso, incoloro, inodoro e non tóxico de número atómico 18 e peso atómico 39,948. É o gas nobre máis abundante. A súa presenza na atmosfera terrestre (0’934% en volume) foi confirmada por John William Rayleigh en 1892 ( aire). Como os outros gases nobres, o argón atópase nun estado atómico enerxeticamente estable, con todos os orbitais ocupados. É, polo tanto, un elemento monoatómico, esencialmente inerte. As propiedades físicas, e, sobre todo, a inercia química do argón fan que sexa consumido en cantidades rapidamente crecentes como gas protector en todos aqueles casos nos que o nitróxeno non resulta axeitado. En primeiro lugar, a soldadura no arco de diversos metais e aliaxes, pero tamén en numerosos procesos metalúrxicos tales como, por exemplo, o refinado do titanio, do circonio e do aceiro inoxidable, a callada continua do aceiro e a fundición do aluminio. É especialmente idóneo como gas condutor en tubos fluorescentes, en contadores de Geiger-Müller e en cámaras...
-
Método de determinación da idade xeolóxica das rochas e dos meteoritos mediante a medida das cantidades relativas de potasio e de argon presentes.
-
-
-
Cada un dos cincuenta e cinco compañeiros de Xasón que, embarcados na nave Argos, participaron na procura do vélaro de ouro. Os de máis sona foron Heracles (o Hércules romano), Anceo e Orfeo. Os argonautas embarcaron en Tesalia e, despois de pasar moitos apuros, arribaron á Cólquide, onde, en poder do Rei, quedaba o vélaro. A lenda, en parte anterior á Odisea, orixinou un ciclo literario. Co título de Os Argonautas, Apolonio de Rodas escribiu no s III a C un poema épico moi erudito que narraba esta expedición.
-
Tipo de embarcación de regatas de 3,80 m de eslora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos cefalópodos de vida peláxica. As femias de ata 20 cm portan unha cuncha externa transparente e non tabicada que serve para a protección dos ovos, segregada e sustentada por dous dos oito tentáculos. Os machos son moito máis pequenos e non superan os 3 cm. Na costa atlántica e mediterránea está presente a especie A. argo.
-
MACIZO
Macizo de Francia, cunha lonxitude duns 40 Km que se estende entre o val superior do Aisne e o val do Aire, e forma límite natural entre a Champaña e o Lorena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación norteamericano dirixido pola Universidade de Chicago, especialmente dedicado ao desenvolvemento da enerxía nuclear e disciplinas afíns: biomedicina, enerxías alternativas e outras investigacións físicas e químicas.
-
-
Persoa en actitude vixiante, á que nada se lle escapa. Fai alusión ao personaxe mitolóxico Argos.
-
Figura fantástica representada por unha cara de home chea de ollos.
-
-
CIDADES
Cidade do Peloponeso, Grecia, no nomós da Argólida (20.320 h [1981]). Aparece xa nos poemas homéricos como capital do Rei Agamennon, feito que reflicte a súa importancia dentro da civilización micénica. Despois das invasións dorias dos ss VIII-VII a C superou as cidades rivais de Tirinto e Micenas, e chegou a dominar toda a Argólida e parte do Peloponeso. Aliada con Atenas, interveu na Guerra do Peloponeso contra Esparta e saíu derrotada (418 a C). Despois dun breve período de tiranía sumouse á Liga Aquea (229 a C). Acadou novamente certa importancia baixo o Imperio Bizantino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Aréstor, que tiña cen ollos. Despois de que Hermes o matara, os seus ollos foron transferidos á cola do pavo real, de onde procede a súa vistosidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que orixinariamente designaba a fala dos ladróns profesionais franceses, e que veu significar toda clase de fala especializada, distinta da maneira común de falar dos usuarios dunha lingua, como por exemplo, o vocabulario técnico. Nun terceiro sentido, é usual reservar o termo para designar as formacións léxicas ou fraseolóxicas que se poñen de moda, xeralmente en certos sectores das poboacións urbanas.
-
PERSOEIRO
Humanista. Fixo a edición príncipe de El Conde Lucanor (1575), epilogada polo Discurso sobre la poesía castellana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao argot.