"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

    1. Extensión dun aglutinante bituminoso líquido sobre unha capa porosa dunha superficie para darlle impermeabilidade e cohesión.

    2. Recubrimento pictórico dun alto contido de cargas e pigmentos co que se aplica unha primeira capa sobre unha superficie para asegurar unha boa adherencia do recubrimento definitivo. Da imprimación depende a luminosidade da obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparar cos ingredientes necesarios o que se vai pintar ou tinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licencia esixida aos católicos para a publicación de escritos relativos á fe ou á moral. Só a pode outorgar o bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode imprimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar a marca dunha cousa sobre outra, apertando unha contra outra.

      2. Deixar a marca en tinta, enriba dun papel, para facer presión contra un gravado ou molde na prensa.

    1. Tirar un texto por medio da prensa ou doutra máquina adecuada, para obter un ou máis exemplares.

    2. Fixar indeleblemente na memoria ou no ánimo.

    3. Comunicar ou transmitir a algo ou alguén un carácter ou certo estado.

    4. Fixarse algo na memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incompresible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser incriminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de incriminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de incriminar.

    2. Aplícase á persoa sobre a que recae unha incriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acusar a alguén de ter participado como responsable da comisión dun delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de incumprir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode discriminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non fai discriminación ou distinción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non está experimentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores de carácter supranacional fundada en Londres en 1864 co nome de Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os seus principios centrais eran a organización da clase obreira, a abolición da sociedade clasista, a solidariedade obreira internacional e o recoñecemento da importancia do movemento sindical e da folga como instrumentos de loita. Adoptou unha gran parte das ideas de Marx, recollidas no manifesto fundacional, onde se afirmaba que a emancipación dos traballadores só podía ser obra deles mesmos e pronunciábase pola colectivización dos medios de produción. Celebrou congresos en Xenebra (1866), Lausanne (1867), Bruxelas (1868) e Basilea (1869). A derrota da Comuna de París agudizou a polémica entre os seguidores de Bakunin e os de Marx, e a Internacional escindiuse no Congreso da Haia de 1872. A viaxe de Fanelli por Catalunya, València e Madrid (outubro 1868-febreiro 1869) permitiu a constitución de grupos internacionalistas en Madrid e Barcelona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe nun topónimo, Pedregal de Irimia (Meira). Neste lugar celebrouse a Primeira Romaxe de Crentes Galegos (16.9.1978). Irimia deu nome a unha asociación cristiá e a unha revista quincenal. A súa festividade celébrase o segundo sábado de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación civil de carácter cristiá-galeguista que naceu en 1979 arredor da Primeira Romaxe de Crentes Galegos, celebrada en 1978 no Pedregal de Irimia, (Meira). Creada para reflexionar sobre a Igrexa galega despois do Concilio Vaticano II, ten como obxectivo unir a fe cristiá e a tradición galega, a relixiosidade e as crenzas tradicionais. Pretenden unha promoción da cultura e da espiritualidade galego-cristiá desde unha prespectiva cristiá e progresista, a través dun proxecto aberto e integrador para a Igrexa en Galicia. É un movemento solidario cos máis débiles e asoballados e en diálogo creativo con calquera persoa ou colectivo comprometidos neses mesmos valores. Creou a revista Irimia (1981); a colección Angueira, sobre temas de igrexa e galeguidade; participa no labor educativo desde Escola Alento de Formadores para o Tempo Libre, organiza cursos a través de Cruzeiros, xuntanzas, como a da Festa do Lume, o dous de febreiro, que lles serven como foro de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal en galego editada en Vilalba a partir de setembro de 1981. Subtitulouse “Semanario de crentes galegos”. Desde 1987 converteuse en quincenal. Dirixida inicialmente por Victorino Pérez Prieto, a partir da década de 1990 foi substituído por Carmen Puente Fernández. Conta coa colaboración de destacados escritores e intelectuais de Galicia. Das súas seccións, todas elas dedicadas á cultura desde unha perspectiva cristiá, cómpre destacar “Falando con xeito”, coordinada por X. Ferro Ruibal, e “Biblia popular galega”, de X. Chao Rego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustradora. Estudiou Belas Artes en Madrid. Realizou, entre outras, as ilustracións de Quérote (1994), de Úrsula Heinze, Como unha pluma liviá (1995), de Xavier López Rodríguez e Quero que veñan meus pais (2000), de Concha Blanco; ademais de libros sen texto, dos que destacan, Perro (1995) e 4 libros de imágenes para bebés sin texto (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia e concello de Meira, na serra de Meira, onde xorde unha das fontes do río Miño, a 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO