"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • REINOS

    Estado cristián formado a partir do s XI na costa sur-leste de Asia Menor, na antiga Cilicia, por migración dos armenios dos vales altos do Éufrates. Inimigo de Bizancio, os seus intereses achegárono aos estados latinos de Grecia fundados polos croatas. O príncipe bagrátida León II obtivo do Emperador romano-xermánico Enrique VI o título de Rei (1198); introduciu as institucións feudais e uniu a igrexa nacional á sé romana, declarándose vasalo dela. Final da ruta comercial que dende a India chegaba ao Mediterráneo a través de Persia e Armenia, durante o s XII acadou unha gran prosperidade económica. A presión islámica fixo que o Rei de Armenia Haitó I buscase axuda en Occidente, entre outros, no Rei Xaime de I de Aragón o Conquistador (1265). A caída de Antioquía (1268) acentuou o papel de Armenia como vía de penetración da Europa latina cara á Asia central. Entre os numerosos viaxeiros europeos que pasaron polo importante porto de Aleás, cómpre salientar a diversos embaixadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • armenio -nia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo humano arménido ou aos individuos que o integran.

    2. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo. Este grupo humano, recoñecido en diferentes sistemáticas como raza, considérase unha variante rexional do grupo humano dinárico ou dinárico-anatólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte italiana. A súa obra Dei veri precetti della pittura (Ravenna 1587) preconiza unha pintura baseada no coñecemento das escolas dos diferentes países.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Armenia, aos seus habitantes, á súa lingua ou á Igrexa Armenia.

    2. Natural ou habitante de Armenia.

    3. Individuo pertencente a un pobo de lingua indoeuropea formado pola mestura da poboación orixinal do país de Urartu con elementos indoeuropeos de procedencia occidental (Frixia) establecidos naquel territorio durante o s VII a C. O pobo armenio, que se autonomeou haikh, chamou ao seu país Hajastan e formou diversas entidades políticas ( Armenia). As vicisitudes históricas provocaron unha importante diáspora da súa poboación por Cilicia, rexión de Sivas, Constantinopla e cidades do Oriente Próximo. A opresión e as matanzas turcas (1895-1918) provocaron o exterminio dunha gran parte da poboación armenia de Turquía, ademais dunha nova dispersión. Son preto de seis millóns de individuos, repartidos entre a República de Armenia (arredor de tres millóns), máis de un millón en Xeorxia e Acerbaixán, medio millón en Turquía e Oriente Próximo; o resto localízase en Occidente, especialmente en Francia, Canadá e nos EE UU.

    4. Membro da Igrexa Armenia.

    5. Lingua indoeuropea, localizada na rexión montañosa que se estende pola ribeira do mar Negro, ao sur do Cáucaso e ao norte de Mesopotamia. Está próxima ás linguas subcaucásicas, coas que comparte un antigo substrato común. Os primeiros estudios do armenio no século XIX clasificábana dentro da familia irania, pola importancia do compoñente persa no seu léxico. Actualmente fálase nas repúblicas independentes de Armenia, Xeorxia, nas rexións do Don e Acerbaixán, no noroeste de Irán e en colonias illadas de Asia Menor, Siria, Istambul, Bulgaria, Romanía, Francia, India, Exipto e os EE UU. A cifra total de falantes de armenio está próximo aos seis millóns. A presenza dos pobos armenios en Asia Menor dátase nunha época moi antiga, no segundo milenio a C, pero a primeira mención escrita non aparece ata o século V a C nunha inscrición persa. Trala introdución do cristianismo no século V, o relixioso san Mesrob creou un alfabeto propio, formado por 38 letras, para poder traducir o Evanxeo...

    6. Alfabeto da lingua armenia, creado no s V polo relixioso san Mesrob. Segue a orde do alfabeto grego, e está constituído con elementos gregos, siríacos e iranianos para adaptarse ás necesidades do sistema fonético armenio. Ten 36 caracteres, máis dous que se engaden para os nomes rusos.

    7. Arte desenvolvida en Armenia a partir da cristianización (s III-IV) ata as invasións mongólica e turca (s XIII-XV). Acada o seu esplendor entre os s IX e XI, coa dinastía Bagrátida. A arquitectura utiliza como material a pedra; as igrexas da primeira época seguen a tipoloxía basilical con volta de canón, pero nos ss VI-VII impúxose a planta central con cúpula poligonal, ás veces cónica, sobre tambor. Nos ss X e XI danse precedentes da bóveda sostida por arcos oxivais. A escultura altomedieval, supeditada á arquitectura, trata temas relixiosos e pode considerarse precedente da románica. Entre as artes menores, destacan os evanxeliarios miniados, realizados dende o s X.

    8. Literatura escrita en lingua armenia. A literatura armenia xurdiu a comezos do s V d C coa invención do alfabeto armenio atribuída a Mesrob. A antiga literatura armenia caracterizouse durante moito tempo polo predominio de obras relixiosas e históricas. Despois dunha época de esplendor inicial, principiouse, a partir do século VI, unha decadencia progresiva ata o s XIX, coa salvidade das crónicas de Sebeos (s VII) e de Ghevond Eredz (s VIII) e o breve rexurdimento da dinastía dos Bagrátidas (895-1100). No s XVIII Manuk Mekhitar estableceu en Venecia un centro cultural que facilitou o avivamento romántico. O século XIX significou unha ruptura radical: a literatura armenia europeizouse, abandonou o ton relixioso, o grabar foi desprazado polo aškharabar e espallouse a sectores máis amplos. Os novelistas máis notables foron Khačatur Abovian, Raffi, Arpian Arpiarian, Grigor Zohrab e Evand Odian. En poesía destacaron Mekertič Bešiktašlian, Bedros Turian, Daniel...

    9. Arte musical desenvolvida polo pobo armenio, en especial a partir da cristianización de Armenia (ss III-IV). As manifestacións máis antigas están constituídas por un repertorio musical litúrxico, formado principalmente por himnos, froito da forte influencia siríaca e bizantina. A notación armenia está formada por un conxunto de pneumas de épocas diferentes. A principios do s XIX, Hambartsum Limondžian reformou a notación para achegala á occidental en precisión rítmica. Á parte da música litúrxica, Armenia creou melodías cunha estrutura interesante con influencias orientais e occidentais. Algúns dos cantos constitúen mostras moi antigas da música europea e foron conservados polos poetas-músicos ambulantes do país. As melodías populares serviron de material para a música culta en obras de compositores como Aleksandr Spenjarov e Aram Khačaturian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa, baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa, baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar, baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meis, baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro a quen se lle atribúe a fundación do mosteiro de Armenteira. Pertencía a unha ilustre familia do Salnés, a onde se retirou tras loitar ao lado de Afonso VI nunha das campañas da Reconquista. Converteu o seu pazo en mosteiro e a capela en ermida, facéndose el mesmo ermitán. Logo integrouse na Orde do Císter, con catro discípulos que elixiron abade a Ero (1150). Segundo a lenda, Ero oíra a voz de Deus en forma do canto dun paxariño cando paseaba polos arredores do convento e estivo absorto máis de trescentos anos, de xeito que cando volveu ao mosteiro ninguén o coñeceu. O luns de Pascua celébrase na igrexa do mosteiro da Armenteira a romaría da Nosa Señora das Cabezas. Baséase na lenda de santo Ero, quen quedara absorto máis de trescentos tras oír a voz de Deus no canto dun paxariño. Esta lenda está representada nun baldaquino barroco de pedra situado no interior da igrexa conventual, no que Santo Ero aparece ollando cara á Nosa Señora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Meis. A súa fundación, na aba do monte Castrove, atribúese ao seu primeiro abade, Ero de Armenteira, nobre galego que abandonou a vida cortesá polo retiro espiritual. Foi fundado no 1150 e rematado de construír no 1212. En 1162 pasou a depender da Orde do Císter. Recibiu numerosas doazóns territoriais, fundamentalmente nos ss XII-XIII, sobre todo por parte dos monarcas, testemuñadas en documentos reais de Afonso VII e Fernando II, así como en confirmacións pontificias de Anastasio IV e Alexandre III. Chegou a abranguer un amplo territorio que incluía o couto que rodeaba o mosteiro, e se estendía polo val do Salnés ata a vila de Cambados. Así mesmo, grazas ao favor real co que contaba, gozaba de prebendas á hora de acoller vasalos propios ou de permanecer exento do pagamento de tributos. Consérvanse no Arquivo Histórico Nacional de Madrid un total de 636 pergamiños dos ss XII-XV con documentación relativa a este mosteiro en lingua latina e romance, na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na beira occidental da ría de Betanzos, ao S da enseada de Lourido, na parroquia de Carnoedo, concello de Sada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rabaño de gando vacún.

    2. Rabaño de animais criados polo home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arteixo, baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes da familia das plumbaxináceas, cespitosas, con follas lineais ou lanceoladas, dispostas nunha roseta basal, e talos portadores de glomérulos de flores purpúreas ou brancas. Son plantas de alta montaña ou de beiramar. En Galicia pódense atopar unha ducia de especies, das que as máis comúns son: A. duriaei, propia de fendas de rochas e pastos de montaña, pero tamén a A. marítima e A. pubigera, rexistrados nos rochedos costeiros, que son coñecidas co nome de herba namoradeira. Tamén se pode atopar A. merinoi, que constitúe un endemismo propio das rochas ultrabasálticas do centro do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se gardan armas.

    2. Fábrica de armas.

    3. Local onde se venden ou expoñen armas.

    4. Arte de fabricar armas.

    5. Museo de armas.

      1. Arte ou ciencia do brasón ( heráldica).

      2. Conxunto de todas as pezas e figuras que adornan interior ou exteriormente un escudo.

      3. Escudo de armas, brasón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do val de Valdivieso, en Burgos. Espallouse por La Rioja, de onde procede a rama que se asentou en Galicia. Os Armero galegos levan, en campo de azul, un castelo de pedra aclarado de goles e, nacente da torre da homenaxe, un guerreiro armado de medio corpo arriba cunha espada espida de goles, na man destra, e unha rodela, na sinistra; bordo de goles, con oito bezantes de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi profesor de Matemáticas no Colexio Militar de Santiago de Compostela, mariscal de campo, deputado, senador e inspector de carabineiros. Escribiu Voto particular sobre la dotación de culto y clero; así mesmo, publicou o Discurso en sustentación del mismo voto (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside, baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO