"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido obtido por acción do hipobromito de sodio sobre a acetona. Ferve a 151°C, cunha lixeira descomposición. Aínda que bastante tóxico, emprégase como antiespasmódico e sedante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento fotográfico, de entre os denominados pigmentarios, no que a proba final presenta un aspecto similar á augaforte. Foi empregado polos pictorialistas no s XIX e a principios do XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento volumétrico de análise de substancias redutoras baseado no uso dunha solución patrón de bromo elemental como axente valorante, oxidante (potencial normal de redución = +1,07 V). Emprégase na análise de solucións de bromo en ácido clorhídrico concentrado, en bromuro de potasio 1 M ou en ácido acético glacial, máis estables ca as solucións en auga, pero de estabilidade tamén reducida, e iso fai que a bromometría teña unha aplicación limitada. As bromometrías son levadas a termo por valoración directa ou ben por retroceso; neste caso determínase o exceso de bromo introducido. Ponse de manifesto o punto final con indicadores (laranxa de metilo, etc), que se destrúen irreversiblemente polo primeiro exceso de bromo libre. Entre as aplicacións da bromometría cómpre mencionar as determinacións de arsénico trivalente, de sales amónicos, de ácido fórmico, de glicerina, de hidroquinona, de ácido ascórbico, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais prismáticos solubles en disolventes orgánicos e en auga, obtidos por reacción de ácido pícrico sobre unha solución de bromo e óxido de calcio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén bromo (III), é dicir, bromo en estado de oxidación +3.
-
-
Cristal higroscópico de sabor amargo.
-
Proba, case en desuso, destinada a explorar a función excretora do fígado. Consiste na inxección intravenosa de bromosulfoftaleína e na determinación do tempo que esta tarda en desaparecer do sangue circulante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución a base de cocaína, morfina e antieméticos utilizada como analxésico e euforizante en pacientes con cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula especializada dalgunhas algas, especialmente das rodofíceas, que concentra bromo no seu interior.
-
-
Composto binario de bromo cun elemento menos electronegativo no que o bromo actúa co número de oxidación -1. Os bromuros metálicos, especialmente os alcalinos e os alcalinotérreos, obtéñense por reacción dos hidróxidos ou carbonatos respectivos con ácido bromhídrico. Cómpre destacar os bromuros de sodio e de potasio que se empregan en medicina como tranquilizantes.
-
Denominación vulgar dalgúns derivados do bromo, como o dibromuro de etileno, que, segundo a nomenclatura sistemática, é o 1,2-dibromoetano.
-
Derivado dun ácido carboxílico por substitución dun grupo -OH por un átomo de bromo, conseguida por reacción do tribromuro de fósforo sobre o ácido anhidro ou sobre o seu anhídrido.
-
Substancia empregada para fumigar as sementes co fin de desinfectalas, especialmente as do algodón. Penetra polas vías respiratorias ou polos tegumentos, bloqueando as deshidroxenasas que interveñen na síntese do ATP e rompendo a cadea respiratoria. É moi tóxico para o ser humano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das poáceas, de ata 100 cm de altura, espículas comprimidas, longos pedúnculos e glumas desiguais. En Galicia, en beiras de camiño e lugares despexados e secos, son comúns as especies: B. diandrus, B. erectus, B. hordeaceus, B. rigidus e B. sterilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame funcional simultáneo de ambos os dous pulmóns. O aire do pulmón dereito e o do esquerdo, recollidos separadamente por sondas traqueobronquiais, son conducidos a dous espirógrafos diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome causada por unha lesión traumática dunha metade da medula espinal. Caracterízase pola hemiparaplexia, con hemianestesia profunda do lado da lesión e perda da sensibilidade á temperatura e á dor do lado oposto. Foi descrita en 1851 por Charles Édouard Brown-Séquard.
-
PERSOEIRO
Psicólogo e educador. Profesor na Universidade de Harvard (1952-1972) e presidente da American Psychological Association (1964). Posteriormente, estableceuse en Inglaterra onde traballa na Universidade de Oxford. Nun principio ocupouse dos problemas de psicoloxía social e a súa relación coa percepción, a aprendizaxe e a linguaxe. Influído por J. Piaget, pola escola soviética e o culturalismo, a súa obra, realizada baixo unha perspectiva empirista, céntrase no campo da cognición, sendo un dos pioneiros no desenvolvemento da psicoloxía cognitiva. Aplicou os seus coñecementos ao terreo da educación destacando a necesidade de entender o proceso educativo como unha totalidade educativa cos procesos psicolóxicos de aprendizaxe do neno, e non unha simple acumulación de materias que se lles presentan aos estudiantes, e tamén subliñou como imprescindible coñecer o funcionamento mental do neno como base para aprenderlle os conceptos. É autor, entre outras obras, de A study of thinking...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de hipertensión portal descrita polo médico inglés Wiliam Budd (North Tawton, Devonshire 1811 - Bristol? 1880) e polo médico austríaco Hans Chiari (Viena 1851 - Estrasburgo 1916), causada pola obstrución das veas suprahepáticas. Conleva unha ascite de insaturación rápida, hipertrofia hepática e circulación venosa subcutánea toracoabdominal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de laboratorio que serve para determinar a riqueza en graxa do leite e os seus derivados. O leite trátase con ácido sulfúrico concentrado, por centrifugación sepárase a graxa, da que se indica a cantidade directamente nun tubo graduado.
-
PERSOEIRO
Director artístico. Traballou nos obradoiros da súa familia antes e despois da Guerra Civil española. Malia os problemas iniciais, engorde se introduciu en distintas producións co apoio das empresas Cinesol, Jesús Saiz e Argos. Despois da súa etapa no cine, a partir de 1972 desenvolveu o seu labor profesional en TVE. Entre as decoracións máis destacadas pódense sinalar os filmes: Calabuch (1956), Bajo el cielo andaluz (1959), España insólita (1964), Las últimas horas (1965) e El Amor Brujo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director de teatro. Dirixiu o grupo de teatro Máscara-17, co que realizou espectáculos desde principios dos setenta. Entre as súas montaxes destacan Por Dios Eros (1984), Ahl Kharallo Light (1986), Fajanjastoafjanistanirán (1987), Ñeñeñé-Ukaká (1989), Labio leporino (1990), É perigoso asomarse ao interior (1996) ou Máis se perdeu en Cuba (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe unha cor bela e fermosa.
-
REXIÓNS
Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos nervios foliares do limbo que se encurvan cara ao exterior e corren cara ao ápice gardando certo paralelismo coa marxe da folla; os nervios secundarios apenas se ven neste tipo de nervadura.