"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Tecnocomplexo lítico do Paleolítico superior localizado en Europa e Asia. A definición deste termo é a historia dun complicado debate entre prehistoriadores. Foi identificado por Breuil en 1906 como cultura situada entre o Musteriense e o Solutrense, desenvolvida en tres fases (inferior, media e superior). En 1933 Peyrony identificou dúas diferentes tradicións para o Paleolítico superior inicial, reservando o termo Auriñacense para a fase media de Breuil, denominando Perigordense á inferior e superior. Este Auriñacense, que pasa a denominarse Auriñacense típico, espállase dende Próximo Oriente a Europa e foi dividido en seis fases. A súa orixe situouse tanto en Próximo Oriente como en Europa, convivindo en tempo e espazo coa tradición perigordense. Os partidarios do polixenismo cren que se orixina en diferentes sitios, simultaneamente, dende tradicións musterenses anteriores. Outros consideran que as diferentes industrias do Paleolítico superior inicial non responden a diferencias culturais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aurinos.

    2. Individuo dunha tribo prerromana dos cántabros, establecida ao L do río Nansa, Castela. Parece que foi un grupo celta infiltrado nesta comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento isotérmico do aceiro no que a austenita se transforma en bainita; tamén se chama temperanza bainítica. Non produce tensións internas nin externas, polo que non require recocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de cuarzo ou feldespato con finas láminas de hematita ou doutros minerais que lle dan reflexos avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico antifúnxico producido pola bacteria Streptomyces fragilis ou por síntese artificial. Utilízase tamén como axente antineoplástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia derivada da 6-mercaptopurina que se descompón a 243°C e é inestable en solucións alcalinas. Emprégase en Medicina como inmunodepresor no transplante de órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Martínez Ruiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardogótica de finais do s XIV, erixida sobre unha construción anterior do s XII, da que se conserva a portada de acceso. Mandouna construír Fernán Pérez de Andrade no mesmo lugar no que se celebraba o mercado de Azougue (Betanzos), que se facía no adro do recinto eclesiástico anterior. Trátase dun edificio de planta basilical de tres naves con armazón de madeira, transepto do mesmo ancho e tres ábsidas semipoligonais cubertas con bóveda de crucería. No tímpano da portada occidental existe unha representación da Epifanía e da Anunciación. No interior conserva un retablo do s XVIII, obra do escultor local Ignacio Francisco Gómez Soneira. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio establecido por Jacques Babinet no 1873, segundo o que os patróns de difracción producidos por dúas redes de difracción complementarias, en que as partes opacas dunha coinciden coas aberturas da outra, son idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio establecido por Jacques Babinet no 1873, segundo o que os patróns de difracción producidos por dúas redes de difracción complementarias, en que as partes opacas dunha coinciden coas aberturas da outra, son idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a un froito que madura antes que os da súa especie.

    2. Cría de porco que aínda mama ou que non hai moito tempo que o facía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto constituído por bacterias mortas xunto co medio no que se desenvolveron e que se emprega con finalidade profiláctica ou curativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento de cor vermella lilosa que se encontra en certas bacterias e que está constituído pola unión dunha fracción do tipo carotinoide con outra proteica (globulínica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei bioxenética formulada por Karl Ernst von Baer. Segundo esta lei, no desenvolvemento dun organismo, os caracteres xerais e non especializados aparecen antes ca os particulares e especializados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta bailar.

    2. Bailador profesional ou afeccionado.

    3. Compás que serve para trazar circunferencias de diámetro moi pequeno no que un dos brazos xira ao redor do outro, que fai de eixe e permanece inmóbil; a separación dos brazos está regulada por medio dun sistema de caracol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, na rexión de Alsacia (4.755 km2; 994.324 h [1995]). A capital é Estrasburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, teólogo, canonista e editor italiano. Ensinou en Verona e publicou Il metodo di S. Agostino negli studi (O método de santo Agostiño nos estudios, 1724), onde sostiña a doutrina do probabilismo. Loitou contra o préstamo con xuros e contra a usura, o que o levou a publicar a Summa Theologica de Antonio de Florencia (1741), a Summa de Ramón de Penyafort (1745) e o tratado De iure divino et naturali circa usuram (Sobre o dereito divino e natural en relación coa usura, 1744-1774), sendo aceptados algúns dos seus puntos por Benedicto XIV, quen tamén lle encargou a edición crítica das obras de León I (1753-1757). Así mesmo, é autor de diversas obras en defensa da autoridade pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nó mariñeiro feito con dúas voltas de cabo que fai cruzar os chicotes ou extremos. De uso moi estendido, está especialmente indicado para asegurar unha amarra ou calquera outro cabo a unha bita ou a un pao. Tamén se chama nó de pardal.

    2. Ballestrinque cunha pasada de máis ao redor do lugar no que se asegura.

    VER O DETALLE DO TERMO