bailarín -na

bailarín -na

(< bailar)

  1. adx

    Que lle gusta bailar.

    Ex: Éche unha persoa moi bailarina.

  2. s

    Bailador profesional ou afeccionado.

    Ex: Traballa nunha compañía de bailarinas.

  3. s m

    Compás que serve para trazar circunferencias de diámetro moi pequeno no que un dos brazos xira ao redor do outro, que fai de eixe e permanece inmóbil; a separación dos brazos está regulada por medio dun sistema de caracol.

Palabras veciñas

bailante | bailar | bailarete | bailarín -na | 1 baile | 2 baile | Baile Átha Cliath