2 baile

2 baile

(

  1. s m [DER]

    En Andorra, xuíz de categoría inferior ao veguer e que falla en primeira instancia.

  2. s m [HIST]

    En Catalunya, durante a Alta Idade Media, oficial que representaba ao señor perante os seus vasalos e que estaba encargado do goberno dunha determinada zona. Este cargo estendeuse logo a València e a algunhas zonas de Aragón. Subsistiu á reforma administrativa que promoveu o Decreto de Nova Planta.

  3. s m [HIST]

    En Aragón, xuíz de certa poboación de señorío.

  4. s m [HIST]

    Título que levaban os gobernadores das colonias venecianas no Mediterráneo oriental.

  5. baile xeral [HIST]

    Encargado do patrimonio do Rei. OBS: Tamén pode aparecer coa antiga grafía bayle.