Baile de las ánimas, El
Baile de las ánimas, El
Filme producido en España en 1993 e dirixido por Pedro Carvajal. Conta coa interpretación de actores como Ángela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Ana Álvarez e Joaquim de Almeida, entre outros. Foi rodada en Galicia, concretamente na Coruña, Oleiros e Sobrado dos Monxes. A acción transcorre en outono do ano 1948 cando Mónica, a protagonista, interna nun colexio de monxas polo seu pai dende nena, observa como a ánima da súa tía falecida quince anos atrás, tenta levala cara á morte. A súa nai, entrementres, tenta planificar a morte do pai, por mor da chantaxe que este lle facía coa nena. Unha meiga, amiga da criada Dorotea, tentará solucionar o problema convocando un baile de defuntos no que morre Agustín, o pai da pequena.