"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Ourense desde 1876, condenou a obra Aires da miña terra de M. Curros Enríquez, por atacar e ridiculizar algúns dos dogmas da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe patronímica, moi frecuente en toda a Península e o máis estendido en Galicia. Procede do nome persoal de orixe xermánica Rodrigo + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de Rodrigo’).

    2. Liñaxe que en Galicia tivo a súa orixe nos concellos de Bóveda, Castro Caldelas, Maceda, Monterrei, Ribadeo e Xinzo de Limia. Trae como armas, en campo de goles, catro paus de ouro; bordo cosido de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro trae, en campo de goles, unha aspa de ouro, cantonada de catro flores de lis de prata, unha en cada oco. Outro trae, escudo cuarteado en cruz: 1 e 4, de goles, con catro paus de prata; 2 e 3, a xadrezado de ouro e azul, de doce pezas (3x4). Outro, de goles, tres cunchas de vieira, de prata, colocadas en faixa. Outro, de ouro, con cinco barras de goles; brochante en punta unha cuncha de vieira de prata. Outro, de ouro, con catro paus de goles; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Outro, de azul, cunha torre de prata; bordo de sinople cargado de oito panelas de ouro. Outro, de prata, con tres bandas de goles; bordo de sinople cargado de oito panelas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pa-drón 16.1.1935) Músico e profesor. Dedicado ao ensino da lingua inglesa, promoveu a creación da Federación Coral Galega (1983). Director da Coral Helios de Bembrive e do coro do Campus Universitario de Vigo, foi o fundador da revista musical Galicia Cantat. Publicou, con J. Alves, o Cancioneiro Coral Galego (1995). É membro do Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Isidoro Acevedo, foi impresor de oficio e ingresou no Partido Socialista Obrero Español (1886) do que chegou a ser secretario. Foi un dos principais promotores da escisión que en 1921 deu lugar ao Partido Comunista Obrero Español (PCOE), motivada pola negativa do PSOE a afiliarse á III Internacional. Exiliouse á Unión Soviética ao finalizar a Guerra Civil Española (1939). Dirixiu El Socialista (1898), La Lucha de Clases (1905-1910) e La Aurora Social (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista. Catedrático emérito de Filoloxía Grega da Universidad Complutense de Madrid, especializouse en lingüística e cultura clásica. Presidiu a Sociedad Española de Estudios Clásicos e a Sociedad Española de Lingüística e dirixiu as revistas Emérita e Revista Española de Lingüística y Estudios Clásicos. Fundou e codirixiu o Dicionario griego-español do CSIC, con cinco volumes publicados, e dirixe a Colección Alma Mater de Autores Griegos y Latinos. Publicou obras sobre literatura e filoloxía grega antiga, lingüística indoeuropea e lingüística. Entre elas destacan Ilustración y política en la Grecia clásica (1965), Estudios de lingüística general (1969), Lingüística estrutural (1969), Fiesta, comedia y tragedia. Sobre los orígenes griegos del teatro (1972), Lingüística indoeuropea (1975), El mundo de la lírica griega antigua (1981), El concepto del hombre en la antigua Grecia (1986), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e empresario. Coñecido como Manolo e O Gran Capitán, foi o xogador que máis veces vestiu a camiseta do Real Club Celta de Vigo (1965-1981). Internacional coa Selección Española Sub 21, Sub 23 e Olímpica, foi subcampión de España de Fútbol (1964-1965) e subcampión coa Selección Galega (1965-1966). Tras a súa retirada como xogador, foi secretario técnico do Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Alejandro Casona, foi o máximo representante dun teatro poético e de evasión, antihistórico e fantástico. Escribiu La sirena varada (1934, Premio Lope de Vega) e Nuestra Natacha (1935). En México estreou Prohibido suicidarse en primavera (1937) e en Arxentina La dama del alba (1944), considerada unha das súas obras máis destacadas; La barca sin pescador (1945) e Los árboles mueren de pie (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi xuíz de paz (1975-1979) e alcalde (desde 1979) en Sada, deputado na Deputación Provincial da Coruña (1987-1995) e senador pola Coruña na VII lexislatura polo PP (2000-2004). Escribiu Historias de Sada (1998). Recibiu a Cruz al Mérito Naval de Primera Clase e a Encomienda Diego de Osorio de Venezuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Coñecido como Pepito Arriola e dotado dun gran talento e precocidade, ofreceu concertos de piano con apenas catro anos en Ferrol, Madrid -invitado pola Raíña María Cristina ao palacio real-, e París. Alumno de Arthur Nickish, Recktengord e Jonas, finalizou os seus estudos musicais aos sete anos e consolidouse como concertista en Alemaña, onde actuou ante o Emperador Guillerme. En 1902 ofreceu un concerto en Xenebra que lle mereceu a felicitación do pianista Acheberg e do compositor Eckert. Despois dunha xira por toda Europa, marchou a EE UU para ofrecer diversos concertos, entre eles, no Metropolitan e no Carnegie Hall. Retirouse en 1930. Compuxo 43 obras entre pasodobres, sonatas, marchas e unha sinfonía. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso XII (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ribadeo 5.10.1950) Escritor e historiador. Licenciado en Historia Moderna e Contemporánea, colaborou en Cuadernos de Educación. Foi autor de Ingenieros militares en el siglo XVIII (1985), en colaboración; O rei dos ameneiros (1987), en que narra a situación social da Galicia rural de principios do s XX; Tierra de oro: la América española en la edad moderna (1989), Dous fados (1995) e Días de pedra (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias da Información e en Imaxe en Madrid, os seus primeiros contactos co cine producíronse a través do Club Amateur da Coruña. En 1971 dirixiu as curtametraxes Antón 70, A costa de Lugo e O encontro, en formato súper 8. En 1972 creou, xunto con Xavier Iglesias e Miguel Gato, o Grupo Enroba, co que realizou as curtametraxes, tamén en súper 8, Foi Grass (1972) e A morte do Mariscal (1973). Tamén dirixiu as curtametraxes O documento (1974), en 16 mm, e O cadaleito (1976), en 35 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, crítico da arte e deseñador industrial. A súa actividade artística vinculouse ao grupo Atlántica na década de 1980, en cadros en que os signos vexetais ou marítimos están presentes, nunha submisión total ao proceso pictórico en obras de claro carácter atlantista en canto ao cromático e o xestual. Esta xestualidade de carácter expresionista fíxoo herdeiro do Action Paintig americano. Desde o expresionismo da década de 1980 evolucionou cara a unha pintura máis reflexiva, persoal e informalista, liberada de esquemas preconcibidos e canons impostos. Participou en diversas exposicións en Galicia. Destaca a súa obra Nidos de espuma (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Formado en filosofía e letras, colaborou en diversas publicacións, como as revistas Nordés e A Trabe de Ouro. A súa obra poética caracterízase por unha gran riqueza léxica e preocupación formal, e por unha voz poética reflexiva e nostálxica ao mesmo tempo. O seu primeiro libro de poemas foi Fentos no mar (1981), inspirado nos máis destacados poetas portugueses. Posteriormente publicou Lembranza do areal (1985), en que evoca algunhas lembranzas de tempos pasados. No seu libro recompilatorio Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987) incluíu, ademais dos libros de poemas xa publicados, outros dous titulados Celestes faiados, escrito en 1985 e daquela inédito, e A gándara da noite (1987, Premio da Crítica española). Neste último, onde aparecen trazos da súa infancia en forma de percorrido vital, expresa a fugacidade do tempo e a irremediable chegada da morte. Continuou a súa produción con Visitantes (1991,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e cofundou El Ciclón e El Tricornio. Director de El Correo Gallego en Ferrol, colaborou en diversos medios xornalísticos. É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923), con influencias de Curros Enríquez, E. Pondal e os membros da Cova Céltica; e dunha autobiografía, titulada Evocaciones. Foi membro da Real Academia Galega (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Trini Barreiro, realizou bodegóns, paisaxes e motivos florais nos que explorou todas as posibilidades do impresionismo. As súas obras destacan polas cores brillantes que se reflicten nos xogos de luz das mariñas e bodegóns e nas sombras e luces das paisaxes. Ten obra en diversas coleccións privadas e públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Dotado dunha coidada formación musical, en 1900 fundou a Banda Popular de Música de Baiona e en 1905 o orfeón Os Baioneses. Durante esa etapa coñeceu a Rafael Dieste e Castelao en Santiago de Compostela. Fundador dos semanarios El Valle Miñor, agrarista, e Pueblo de Bayona, anticaciquil, en 1911 estreou en Vigo a zarzuela A Virxen da Roca. En 1916 estableceuse en Montevideo, onde fundou e dirixiu os semanarios Tierra Gallega e Galicia Nueva, e promoveu a creación da Casa de Galicia (1917), de carácter mutualista, e o orfeón Pascual Veiga. Alí realizou un labor cultural moi diversificado como poeta, director de orquestra e autor teatral, coa estrea do drama Gente de mar (1917), o sainete La Romería de San Roque de Vigo (1918) e a comedia de costumes Pan quente (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Inicialmente formou parte do colectivo dos Novísimos e, co tempo, integrouse en Cravo Fondo, tal e como amosan os seus traballos, dotados ao principio dunha estética socialrealista que evolucionou cara a un mundo poético de ton épico e versos longos. Da súa obra destacan os libros de poemas Pranto irmán (1973), Apalpando o esilio da Raza (1974), Verbas violentas na dor de concencia (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975), que pertencen á súa primeira época. Con Antífona da redención (1977) e Herdo e alucinación en Fisterra (1981) inaugurou unha segunda etapa. A publicación de Os laberintos da xerfa (1985, Premio Celso Emilio Ferreiro 1984) supuxo un novo camiño na súa poesía, que confirmou en Os aposentos silenciados (1987, Premio Esquío 1986), Celebración do gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Premio Nacional de Poesía), Alba no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1990)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ciclista. Comezou a competir como profesional en 1927. Campión galego de ciclismo (1934 e 1935), foi o primeiro ciclista galego en participar na Vuelta Ciclista a España (1936), proba que gañou en 1945 e na que quedou terceiro en 1947. Ten a mellor marca en canto a etapas gañadas na rolda española (40). Tamén destacaron como ciclistas os seus irmáns Emilio Rodríguez Barros (Ponteareas 1923-Pontedeume 1984), que gañou o campionato de España en 1950 e 1954, e a Vuelta Ciclista a España (1950); Manuel Rodríguez Barros (Ponteareas 8.10.1926-? 22.10.1997), segundo na Vuelta Ciclista a España (1950), e Pastor Rodríguez Barros (Ponteareas 23.12.1922-?).

    VER O DETALLE DO TERMO