"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido celeste, xeralmente pequeno, que non ten o tamaño suficiente para ser considerado un asteroide. O termo engloba os micrometeoritos (cando a masa do sólido é inferior aos 10-6 g) e os meteoritos (termo que, modernamente, designa os de masa grande, superior a uns 100 kg).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da informática relacionada co deseño, a produción, a utilización e as consecuencias dos microordenadores. A microinformática, que naceu coa aparición dos primeiros microordenadores, sufríu unha evolución extraordinaria en poucos anos. De feito, o microordenador foi ideado como unha versión simplificada e para o uso persoal dun usuario, en contraposición aos grandes ordenadores, propios das grandes instalacións informáticas e centros de cálculos e de xestión de gran capacidade. A constante evolución dos microprocesadores aumentou a capacidade de memoria, a aparición de programas cada vez máis potentes e o uso de redes locais, o que constitúe o futuro a curto prazo da informática.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na costa (6.753 h [2001]). Cultívanse oliveiras, cereais, patacas, froitas e viño e ten importancia a avicultura e a cría de gando porcino. A construción é a actividade industrial máis sobresaínte.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Pedro de Viana e Santa Cruz de Viana (Chantada). O seu cumio acada os 615 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de mercurio, de fórmula HgO. Cristaliza no sistema rómbico e ten unha cor que vai do vermello escuro ao pardo. Ten dureza 2,5 e peso específico 11,23.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde ás voces ‘testa’ ou ‘cabeza’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso presente nas graxas do leite ata un 2%, soluble en alcol e en éter, lixeiramente soluble en auga. Funde a -3,4°C e ferve a 205°C. Obtense como subproduto na fermentación butírica e na destilación fraccionada de ácidos graxos naturais. Emprégase na fabricación de perfumes, caucho sintético, vernices, resinas e produtos farmacéuticos.
-
-
Que ten forma de ril.
-
Epicicloide con r = 2a. Está xerada por un círculo de raio a que roda sen escorrer polo exterior dun círculo de raio 2a.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presenta caracteres propios do grupo melanodermo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de poetas novos romanos da primeira metade do s I a C, que imitaban os modelos alexandrinos para introducir certas innovacións na poesía latina. Considerados os creadores da lírica romana, as súas composicións son breves, de gran perfección técnica e beleza formal e estilística. A partir deles, denomínase neoteroi aos poetas novos que, formando grupo ou escola, pretenden introducir innovacións na linguaxe, na forma ou no fondo da expresión poética. Os seus principais representantes son Valerio Catón e Caio Valerio Catulo do que se conserva a súa obra Catulli Veronensis Liber (Libro do veronense Catulo).
-
PERSOEIRO
Matemático. Catedrático de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesor científico da National Science Foundation da OTAN. Ten publicado numerosos artigos dos que destacan “Ecuaciones diferenciales difusas” (1997) e “Basic theory for nonresonance impulsive periodic problems of first order” (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Rio de Janeiro, Brasil, situada na baía de Guanabara, fronte á cidade de Rio de Janeiro (450.364 h [2000]). Considérase un suburbio da gran cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ofiuroideos.
-
Equinodermo da clase dos ofiuroideos.
-
Clase de equinodermos que está formada por animais de corpo estrelado, cun disco claramente diferenciado dos brazos, carácter que os distingue dos asteroideos. Os brazos, grazas aos que ten lugar a locomoción, son longos, serpentiformes e subcilíndricos, e xeralmente cinco, provistos de placas articuladas e, ás veces, tamén de pinchos. Os ofiuroideos son todos bentónicos, xeralmente litorais e comúns en todos os mares. Habitan agachados entre as rochas, algas e outros obxectos, ou ben enterrados na lama. Aliméntanse de invertebrados do fondo e de detritos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á raza paleonegroide ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza paleonegroide.
-
Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son mesocéfalos, de tamaño un pouco inferior á media, pel escura, cara ampla e baixa, corpo repoludo, nariz amplo e chato, e boca grosa con labios sobresaíntes, que ocupa basicamente as áreas de pluvisilva de África e toda a conca do Congo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
paporrubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás glándulas paratiroides.
-
-
Que está situado xunto á tiroide.
-
glándula paratiroide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación dunha glándula paratiroide.
-
PERSOEIRO
Nobre galego, conde de Traba. Aliouse con Diego Xelmírez para defender os dereitos de Afonso Reimúndez, de quen era titor xunto coa súa muller, como rei de Galicia, fronte ás aspiracións de Afonso I de Aragón. Coa proclamación de Afonso Reimúndez como rei (Afonso VII, 1111), a liñaxe dos Traba converteuse nunha das máis destacadas e influentes na corte ata a primeira metade do s XIII. Foi encarcerado pola Raíña Urraca en 1123.
VER O DETALLE DO TERMO