Mont-roig del Camp
Mont-roig del Camp
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na costa (6.753 h [2001]). Cultívanse oliveiras, cereais, patacas, froitas e viño e ten importancia a avicultura e a cría de gando porcino. A construción é a actividade industrial máis sobresaínte.