"Set" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 192.
-
-
Relativo ou pertencente a Setúbal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Setúbal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extremo N da gran chaira eurasiática de Tajmyr, comprendida entre os ríos Ienisei e Lena. Cunha lonxitude de 1.400 km por uns 600 de anchura, está formada por amplas depresións moi pantanosas. O clima é continental subártico e a vexetación de tundra ou bosque-tundra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (27.574 km2; 252.200 h [1996]). A súa capital é Al-Ariš (67.386 h [1996]).
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.452 km2; 498.093 h [2001). A súa capital é Taunton (102.299 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título inglés concedido en 1443 a John Beaufort (?-1444), IV conde de Somerset. En 1448 foi concedido de novo ao seu irmán Edmund Beaufort (?-1455), conde de Dorset e V conde de Somerset, xefe da facción dos Lancaster. Reverteu á coroa á morte (1471) do seu fillo Edmund Beaufort. Enrique VIII concedeuno de novo en 1525 ao seu fillo ilexítimo Henry Fitzroy (morto sen fillos en 1536). Finalmente foi outorgado en 1547 a Edwuard Seymour, irmán da Raíña Xoana. Continúa nos seus descendentes. O condado de Somerset foi concedido por primeira vez en 1141 pola Raíña Matilda I ao normando William de Mohun (?-1155?). O segundo titular foi John Beaufort (?-1410), fillo do duque de Lancaster, a quen foi doado en 1397 e que foi o pai do primeiro e segundo duque. Por última vez o condado foi outorgado por Xaime I ao seu favorito e amigo íntimo Robert Kar (ou Carr), viceconde de Rochester, morto sen fillos en 1645.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (70.787 km2; 11.649.655 h [2000]). A capital é Medan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamenghest.
-
PERSOEIRO
Empresario e enxeñeiro. Foi presidente de Unión Fenosa en Madrid, xefe de explotación e director de Saltos do Sil, director da empresa construtora do Sil, director e presidente de Eléctricas Leonesas, director da división inmobiliaria de Huarte y Cía, director xeral de Fuerzas Eléctricas do Noroeste, presidente da Sociedad Autopistas del Atlántico e conselleiro da Compañía Insular de Nitrógeno. Promotor das actividades culturais de Unión Fenosa, entre elas a Mostra Unión Fenosa que entrega un premio que leva o seu nome, foi presidente do padroado do CGAC. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora danesa. A súa primeira obra significativa foi a novela Jenny (1911), á que seguiron De kloge jomfruer (As virxes sensatas, 1918) ou a triloxía Kristin Lavransdatter (1920-1922), Olav Adunssøn i Hestviken (1925-1927) e Madame Dorothea (1939). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1928.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cinta de vídeo.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (211-212), fillo de Setimio Severo. Participou nunha expedición militar a Britania (208). Foi nomeado César (198) e Augusto (209), e despois dun ano de goberno compartido co seu irmán Caracalla, foi asasinado pola súa orde. Os seus partidarios sufriron unha persecución.
VER O DETALLE DO TERMO