"Trat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua que, nun territorio determinado, se introduciu amplamente dentro da área doutra e aínda que non conseguiu asentarse definitivamente deixou nesta algúns trazos. É o caso das linguas xermánicas nos territorios de fala latina, que influíron nalgunhas solucións da evolución do latín nas linguas románicas, como por exemplo o sufixo -engo que se uniu a lexemas latinos para formar palabras como abadengo ou camarlengo.
-
-
Sal ou éster do ácido tartárico.
-
tártaro emético.
-
cremor tártaro.
-
Sal do ácido tartárico dextroxiro, que se presenta en forma de cristais incoloros, eflorescentes no aire, de gusto salino, solubles en auga e insolubles en alcohol. Obtense por precipitación con carbonato sódico dunha solución de tartarato de hidróxeno e potasio. OBS: Tamén se denomina sal de Seignette ou sal de la Rochelle.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que está formado por oito unidades de isopreno.
-
-
Aplícase ao conxunto de moléculas con catro átomos.
-
Aplícase ao composto cíclico que se orixina polo peche dunha cadea de catro átomos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en xullo de 1807 na cidade homónima (actual Sovetsk, na oblast’ de Kaliningrad), entre Napoleón I Bonaparte e Alexandre I de Rusia, para poñer fin á coalición antinapoleónica. Europa foi dividida en dúas zonas de influencia: occidente baixo a influencia francesa e oriente baixo a rusa. A expensas de Prusia formouse o Reino de Westfalia e o Gran Ducado de Varsovia, e Gdańsk foi declarada cidade libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto entre Enrique IV de Castela e a súa irmá, a futura Isabel I (1468), que puxo fin á guerra civil, e na que Isabel foi recoñecida como herdeira de Castela. Con isto foi declarado de forma implícita a ilexitimidade de Xoana a Beltranexa, filla do monarca. Acordouse tamén que Isabel casaría co consentimento do seu irmán, cláusula que incumpliu ao casar con Fernando II de Aragón, o que provocou a anulación do acordo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (2.819 km2; 217.777 h [2000]). A súa capital é Trat (14.766 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
tratable.
-
-
Que se pode tratar.
-
Aplícase á persoa que ten un trato agradable ou é accesible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa autora dun tratado ou de tratados.
-
-
Obra que trata sistematicamente unha materia.
-
-
Acordo internacional establecido por escrito entre estados e rexido polo dereito internacional, tanto se está articulado nun instrumento único como se o está en dous ou máis. En función da súa materia, distínguese entre tratados de paz, que poñen fin a un conflito como os de Westfalia ou Utrecht; tratados económicos e comerciais como o acordo entre EE UU, Francia e Reino Unido en 1936; tratados relixiosos, como os establecidos entre Vaticano e outros estados, denominados concordatos; tratados políticos, como o de París, coñecido como Santa Alianza; tratados de extradición de delincuentes e criminais comúns; e tratados técnicos. Entre os colectivos figuran os tratados constituíntes das organizacións internacionais, como o de Versailles.
-
Documento en que consta o tratado.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de veterinaria onde se ofrecen descricións e curas para as enfermidades do cabalo. Consérvase nun manuscrito galego datado entre 1409-1420, pertencente ao notario Álvaro Eanes da Seira, de Baiona. Inclúe unha tradución do tratado latino De medicaminibus equorum, de gran divulgación nos ss XIII-XIV, escrito por Jordanus Ruffus. Divídese en seis partes, as catro primeiras sobre o nacemento e cría do cabalo, e as dúas últimas sobre as súas enfermidades. Destaca por ser unha das poucas obras científicas escritas en galego no s XV, onde se documentan por primeira vez numerosos termos especializados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministos de Exteriores dos estados membros da UE e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999 despois de ser ratificado polos respectivos estados. Modificou nalgúns aspectos o Tratado de Maastricht, os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e diversos actos afíns. Tratou temas de emprego, libre circulación de ciudadáns, xustiza, política exterior e seguridade común e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros.
-
-
-
Maneira de comportarse ou de proceder con respecto a alguén.
-
Modo de tratar unha cousa.
-
-
Título honorífico ou de cortesía que se lles dá ás persoas pola súa autoridade, dignidade, cargo ou categoría social.
-
-
Conxunto de medios hixiénicos, farmacolóxicos e cirúrxicos que se poñen en práctica para curar ou aliviar unha enfermidade.
-
tratamento activo
Tratamento que está dirixido directamente á curación da enfermidade.
-
tratamento causal
Tratamento que actúa directamente contra a causa da enfermidade.
-
tratamento empírico
Tratamento das enfermidades por medios da eficacia demostrada pola experiencia.
-
tratamento médico
Tratamento que se practica especialmente por medios non cirúrxicos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que trata ou comercia cunha cousa, especialmente co gando.
-
-
Ter como asunto ou tema.
-
Someter unha substancia á acción dalgún axente.
-
Aplicar a un enfermo ou a unha enfermidade un determinado remedio ou tratamento.
-
Ter amizade ou trato con alguén.
-
Dar a alguén algún tratamento ou título de cortesía.
-
Proceder dunha maneira determinada en relación a algo ou a alguén.
-
Tentar conseguir ou realizar algo. OBS: Emprégase seguido da preposición de.
-
Ter trato.
-
Comerciar con algunha mercadoría.
-
Relacionarse con alguén.
-
...
-
-
-
-
Maneira de comportarse ou de proceder con respecto a alguén.
-
malos tratos
Comportamento violento entre persoas que pode chegar a rescindir contratos ou anular dereitos e deberes. Os malos tratos de palabra ou de obra entre cónxuxes son causa de separación, e o trato inxusto dun fillo cara aos seus pais pode producir o seu desherdamento
-
-
Relación que se ten con alguén.
-
Convenio ou contrato establecido entre dúas partes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en Le Grand Trianon, o 4 de xuño de 1920, entre Hungría e os aliados ao final da Primeira Guerra Mundial. Hungría tivo que aceptar reducións no exército e foi obrigada a ceder Eslovaquia e Rutenia a Checoslovaquia, Transilvania e parte do Banato a Romanía, e Croacia, Eslavonia e o resto do Banato a Iugoslavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado entre Carlos VI de Francia e Enrique V de Inglaterra, o 21 de maio de 1420. Nel, Carlos VI, influído por Filipe III de Borgoña, recoñecía a Enrique V como herdeiro do reino francés, coa condición de que este casase coa súa filla, Catarina de Francia. O tratado, que representaba a liberación de Francia dos ingleses e desposuía dos seus dereitos ao delfín, futuro Carlos VII de Francia, non foi aceptado por este que, coa morte do seu pai (1422), foi recoñecido finalmente como rei.