"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
GALICIA
Xornalista. Realizou estudos de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Director do programa cultural Galicia Enteira, emitido na TVG desde xullo de 1995, foi xefe do gabinete de prensa da CRTVG, onde promoveu e dirixiu a revista da compañía, CRTVG. Tamén ocupou os cargos de xefe de prensa do Mundobasket 86 e da Cámara de Comercio de Ferrol. Recibiu o 3º Premio de Xornalismo Gastronómico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Profesor titular na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en botánica, escribiu as obras A Alameda: Xardín pacego de Santiago (1986), Estudio fitosociológico de los jarales de Cistus ladanifer L. de las cuencas de los ríos Bibei y Casaio (1982) e Catálogo da flora vascular do Concello de Carnota (A Coruña) (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliotecaria e investigadora. Traballou na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela durante 25 anos catalogando e clasificando o seu fondo bibliográfico e ademais reorganizou e ordenou os fondos da Biblioteca América. Publicou varias catalogacións dos fondos da biblioteca universitaria compostelá, entre as que destacan Catálogos de la Biblioteca Universitaria (1944-1967) e Más libros y folletos de la Universidad Compostelana, publicada a título póstumo (1982-1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Foi decano das facultades de Filosofía e Letras (1967-1974) e Xeografía e Historia (1975-1980) da Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Historia da Arte desde 1963 ata a súa xubilación. Colaborador en diversas publicacións, das súas obras destacan El escultor Ferreiro: [(1738-1830)] (1957), El escultor Francisco Asorey (1959), Arte barroco italiano (1964), Felipe Criado (1969), La catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea (1977) e El Coro del Maestro Mateo (1990). Pertence á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, á Real Academia San Fernando de Madrid e á Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla. Recibiu a medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Naturalizado estadounidense, estudou historia da música en Toquio e Alemaña, onde se estableceu. Realizou accións ao redor da música, interesouse pola electrónica (Iluxus) e a televisión, e cultivou a videoarte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1786-1811). Foi cóengo da catedral de Oviedo (1772) e vigairo da súa diócese. Reformou o seminario de Lugo a partir de 1792 coa fundación de dúas cátedras de Teoloxía. Para impartir esta disciplina, concordou cos conventos de San Francisco e San Domingos da mesma cidade que os profesores que alí traballaban tamén o fixeran no seminario. En 1803 conseguiu que os estudos se incorporaran á Universidade de Santiago de Compostela
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarcosindicalista. Chegou a Barcelona en agosto de 1914, aliñouse cos anarquistas puros e participou no Congreso Internacional de la Paz, en Ferrol (1915), de onde xurdiron os primeiros intentos reorganizadores da CNT en España. Desde 1915 colaborou en Solidaridad Obrera, xornal que administrou (1916) e dirixiu (1918-1919). No segundo congreso da CNT celebrado en Moscova (1920) acusou os bolxeviques de exercer unha ditadura e reafirmouse na defensa anarquista da necesidade de facer desaparecer o estado. A súa inclinación cara a principios anarcosindicalistas máis moderados produciuse entre 1922 e 1923. Baixo a Ditadura de Primo de Rivera, e ata 1927, defendeu a legalización dos sindicatos confederados. Despois substituíu a J. Peiró i Belis na secretaría do comité nacional da CNT (xuño-decembro de 1929), ata que foi obrigado a dimitir. Despois da ofensiva triunfal dos anarquistas e en especial da FAI contra o trentismo, foi expulsado da CNT en decembro de 1932. En 1934...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
avaro.
-
-
Relativo ou pertencente aos prunélidos.
-
Ave paseriforme da familia dos prunélidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, que miden entre 15 e 17 cm, coas ás arredondadas, dez rémixes principais, e o peteiro recto, co extremo lixeiramente ganchudo. Viven en Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da orde dos paserifomes, ao que pertence a azulenta, tamén coñecida como paxara parda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das lamiáceas, coas follas simples, xeralmente ovais e festonadas, e as flores violetas en espigas terminais densas. En Galicia a especie máis común é a herba do ferro ou das feridas (P. vulgaris).
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Poona Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada no límite oriental do Deccan e ao SL de Bombai (2.540.069 h [2001]). É un centro industrial de fabricacións metálicas, téxtiles, papeleiras e de gomas. Despois da conquista inglesa, foi capital da presidencia de Bombai.
-
PERSOEIRO
Violinista. Foi membro fundadora e concertina da Orquesta de Santiago de Compostela, membro do grupo Milladoiro e primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Siegerland e da Orquestra de Cámara Ars Musicae Ensemble.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do mu ḥ āfa ẓ a de Quneitra, Siria (29.376 h [1967]). Sitúase a 65 km ao S de Damasco, no cruce de camiños de Safed e Haifa. Estivo dúas veces ocupada (1967 e 1973) e finalmente destruírona os exércitos israelís, polo que foi abandonada. No acordo de cesamento do fogo de 1973 foi devolta a Siria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Siria (1.861 km2; 66.000 h [estim 2002]). A súa capital é Quneitra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
raspiñeiro.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e traballou en diversos medios de comunicación, especialmente na Televisión de Galicia, como redactor e guionista. Ensaísta, poeta e narrador, colaborou en diversas revistas poéticas, como Dorna, Grial e Nordés. Na súa obra poética hai unha alusión constante á paisaxe galega e unha reflexión sobre o tempo, que plasmou en Trobas donceis (1980), Para matar o tempo (1982), A rolda invisible (2000), en que se recollen algúns traballos anteriores como Arca dos faiados (1982-1985) (1985), A ronda invisible (1988) e A casa na brétema (1994); e Alma mareira (2003). No eido do ensaio, Oficio de escribir (1990) e Poetas andantes navegantes (1995), ademais das biografías sobre Rafael Dieste, como A travesía dun século (1987) ou Rafael Dieste (1995). No terreo dos libros de viaxes publicou Imán...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
remunerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ou debe ser remunerado.