Otero Tuñez, Ramón

Otero Tuñez, Ramón

Historiador da arte. Foi decano das facultades de Filosofía e Letras (1967-1974) e Xeografía e Historia (1975-1980) da Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Historia da Arte desde 1963 ata a súa xubilación. Colaborador en diversas publicacións, das súas obras destacan El escultor Ferreiro: [(1738-1830)] (1957), El escultor Francisco Asorey (1959), Arte barroco italiano (1964), Felipe Criado (1969), La catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea (1977) e El Coro del Maestro Mateo (1990). Pertence á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, á Real Academia San Fernando de Madrid e á Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla. Recibiu a medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela (1974).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela