"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema sánscrito de 18.000 versos (shloka), dedicado á glorificación de Vishnu. Escrito probablemente ao sur da India despois dos ss IX-X d C, contén disquisicións sobre os sistemas filosóficos Vedānta e Sāmkhya, unha inspirada exposición do Bhakti-mārga (vía devocional) e as historias de todos os avatāra de Vishnu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia no ano 1995. Consta dunha serie de títulos onde se recollen aspectos da xeografía, de historia, de arte, de etnografía e de pensamento de Galicia, xunto a unha escolma das obras máis representativas da literatura galega. Foi distribuída por Ir Indo Edicións e patrocinada pola CRTVG.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter relixioso difundida por Cáritas diocesana de Tui-Vigo. Recollía información sobre o bispado, cartas e colaboracións.
-
-
Que ten dúas orellas.
-
Que require do uso das dúas orellas.
-
Audición dos sons mediante as dúas orellas e referido tanto á excitación como á sensación. Este tipo concreto de audición é imprescindible para que a sensación sexa estereofónica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado nalgunhas clasificacións climáticas, como a de Holdridge, definido como a suma das temperaturas medias diarias que superan os 0°C dividida por 365.
-
-
Volta dada por un cabo ou unha cadea arredor dunha bita.
-
Parte da cadea da áncora, comprendida entre o arganeo e o burato aberto a un a outro lado da roda, que vai estendida sobre a cuberta para podela soltar libremente no momento de ancorar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos anátidos ao que pertence a malvasía papuda.
-
-
Boa sorte, en xeral acompañada de felicidade.
-
Adiviñación supersticiosa da sorte ou do futuro das persoas, que fan as xitanas lendo as raias das mans.
-
-
-
Nome medieval de bo agoiro como Benvido e outros, composto polo adxectivo feminino boa
-
Liñaxe asentada en Tui. As súas armas levan, en campo de ouro, a imaxe de san Boaventura.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Entrou na orde franciscana no 1238, e está considerado como o seu segundo fundador. A lenda conta que o seu nome orixinario foi Xoán, pero déuselle en chamar Boaventura logo de que súa nai exclamase “O buona ventura!” ao ver o cativo sandar dunha grave doenza, tras invocar a san Francisco de Asís. Foi profesor de Teoloxía na Universidade da Sorbonne (1248-1255) ata que en 1256 foi nomeado superior dos franciscanos, recibindo o capelo de cardeal. Foi amigo de san Tomé de Aquino e na iconografía aparece con vestiduras de franciscano con capelo de cardeal e leva como atributos: mitra episcopal, báculo, libro, pluma e maqueta de igrexa (na súa calidade de doutor); ás veces, leva tamén un crucifixo nunha man ou sobre un escritorio, o capelo cardenalicio pendurado nunha árbore, etc. Morreu preparando un concilio que tentaría aproximar as Igrexas latina e grega. A súa festa celébrase o 15 de xullo. A tradición oral recolle a devoción por este santo: “Por san Boaventura dánanse os...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral editada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Ten formato de libro (24x15 cm) e cubertas Guarro de acuarela-medio, cor branca e 240 gramos, ilustradas cada unha por un artista gráfico diferente. O primeiro número apareceu con data de maio de 1989 e dende o segundo quedou estruturada nos seguintes apartados: “Estudios”, “Notas”, “Documentos”, “Encontros”, “Libros” e “Creación”. A partir do número 5, apareceu unha subsección fixa titulada “Dos arquivos de Dieste” que se inclúe no apartado “Documentos” e da que se encarga Xosé Luís Axeitos, publicando, fundamentalmente, o epistolario do escritor de Rianxo. A publicación, que dirixe dende o inicio Anxo Tarrío Varela, asistido por unha Secretaría, un Consello de Redacción e un Consello Científico formado por profesores de varias universidades españolas e estranxeiras, serve de canle a estudios de teoría e crítica literarias, e informa sobre moitas literaturas do mundo: galega, portuguesa,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Fidanza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é bonito. Na tradición rexístranse ditos como: “A bonitura acábase na sepultura. A bonitura cómea a terra na sepultura”.
-
-
Acción de bordar.
-
bordado.
-
-
-
Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de sinople, un bordo entre leiras.
-
Extremo onde remata un obxecto.
-
Costado dun barco, dende a auga ata a borda.
-
-
Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).
-
bordo abatido
Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).
-
-
-
Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.
-
bordo suave
Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.
-
-
-
...
-
-