Boaventura, san

Boaventura, san

Teólogo. Entrou na   orde franciscana no 1238, e está considerado como o seu segundo fundador. A lenda conta que o seu nome orixinario foi Xoán, pero déuselle en chamar Boaventura logo de que súa nai exclamase “O buona ventura!” ao ver o cativo sandar dunha grave doenza, tras invocar a san Francisco de Asís. Foi profesor de Teoloxía na Universidade da Sorbonne (1248-1255) ata que en 1256 foi nomeado superior dos franciscanos, recibindo o capelo de cardeal. Foi amigo de san Tomé de Aquino e na iconografía aparece con vestiduras de franciscano con capelo de cardeal e leva como atributos: mitra episcopal, báculo, libro, pluma e maqueta de igrexa (na súa calidade de doutor); ás veces, leva tamén   un crucifixo nunha man ou sobre un escritorio, o capelo cardenalicio pendurado nunha árbore, etc. Morreu preparando un concilio que tentaría aproximar as Igrexas latina e grega. A súa festa celébrase o 15 de xullo. A tradición oral recolle a devoción por este santo: “Por san Boaventura dánanse os cans coa calura. Por san Boaventura oubeos e calura. Alude a que os cans rabian coa calor. Por san Boaventura sol pide a videira, que non chuvia”.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Toscana

  • Deceso

    Lugar : Lyon