"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lousada (Guntín). Destaca a antiga torre, modificada en altura. O conxunto é moi austero e puideron habitalo os Seijas e os Ulloa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto megalítico situado en Terra Chá. Están contabilizadas vinte mámoas, con cámaras de tamaño reducido. Dous dos dolmens construíronse con cachotería seca nunha parte do corredor. Nas escavacións atopáronse obxectos como machadas, micrólitos trapezoidais e cerámica lisa, incisa e campaniforme.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, ten planta e ábsida rectangulares e posúe un arco triunfal de medio punto con capiteis historiados con homes e animais. Destaca o retablo do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado ao L da parroquia de Lardeira (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.694 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de lousar.
-
Conxunto de lousas que forman a cuberta dunha casa.
-
Pavimento feito de lousas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Lousame, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Noia, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia da Coruña, a 42° 47’ de latitude N e 8° 51’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Noia (Noia), e Brión (Santiago), ao L cos de Rois, (O Sar), e Rianxo (Barbanza), ao S cos de Rianxo e Boiro (Barbanza) e ao O cos de Porto do Son e Noia (Noia). Localízase a 98 km da Coruña e a 40 km de Santiago de Compostela. Abrangue unha superficie de 93,6 km 2 cunha poboación de 3.756 h (2007), distribuída nas parroquias de Camboño, Fruíme, Lesende, Lousame,Tállara, Toxos Outos e Vilacova. A súa capital é a aldea de Portobravo, na parroquia de Lousame. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Noia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Localízase no interior da península do Barbanza. No seu relevo distínguense dúas unidades ben diferenciadas, a montaña e a ribeira. As terras altas ocupan gran parte da superficie do concello. O O está formado polo extremo oriental... -
-
Cubrir con lousa un tellado.
-
Pavimentar algo con lousas.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Vián (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilapedre (Vilalba). O seu cumio acada os 884 m de latitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Siracusa 283? - 304?) Virxe e mártir. De culto moi antigo, o relato da súa paixón di que foi martirizada (304) durante a persecución do Emperador Diocleciano. As súas reliquias, veneradas primeiro en Siracusa, foron trasladadas a Constantinopla e Venecia. Avogosa da vista, ela mesma arrincara os ollos por amor a Cristo ou para mandarllos ao seu prometido, era venerada polas costureiras e aprendizas. Na iconografía represéntase como unha bela moza que viste elegantes roupas e que leva como atributos a palma do martirio nunha man e na outra un prato con dous ollos. Santa Lucía é patroa dos concellos de Cenlle, Larouco, Meaño, Moraña, Pontedeva e é titular de catro parroquias: A Alence (As Nogais), Guntín (Monforte de Lemos), Rairo (Ourense), Rairos (Ribas de Sil) e Vilaboa (A Veiga). A súa festividade celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘leito’.
-
REXIÓNS
Rexión de Alemaña que se estende sobre o NL de Saxonia, o S de Brandenburgo e unha parte de Baixa Silesia. No s IX estaba habitada por tribos eslavas sorabas, que foron sometidas e cristianizadas a partir de 963. Inicialmente dominada polos polacos (1002-1031), diferentes margraves xermánicos someteron posteriormente á escravitude a maior parte da poboación. Incorporada a Bohemia en 1368, pola Paz de Praga (1635) pasou ao electorado de Saxonia, e en 1815 foi dividida entre Saxonia e Prusia. Durante o s XIX os sorabos conservaron a súa lingua e os seus costumes, a pesar da política de xermanización imperante. A República Democrática Alemana tomou medidas para favorecer o desenvolvemento da cultura soraba.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Zambia e da provincia homónima (982.362 h [1990]), situada na parte oriental das montañas Kafue Flats, no val do río Kafue, afluente do Zambeze. A súa situación xeográfica proporcionoulle un importante crecemento económico e demográfico. É núcleo de industrias fariñeiras e de algodón.
VER O DETALLE DO TERMO