"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Relativo ou pertencente aos buriatos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mongol dos buriatos.

    3. Rama setentrional dos mongois que habita cerca do lago Baikal, na RA dos Buriatos, nos okrugi autónomos de Ust’-Ordynskij e Aga (Rusia) ao N da República de Mongolia (Selenge) e no extremo N da rexión autónoma da Mongolia Interior (O de Khajlar). Orixinariamente eran cazadores e pescadores nómades de crenzas xamanistas que se converteron en gandeiros e agricultores sedentarios, adoptando o lamaísmo. Tradicionalmente habitaban en iurtas e estaban organizados en familias patrilineais, clans e confederacións de clans. No s XIII ocuparon a rexión na que habitan, expulsando os tunguses e yakutos. Sometidos polos cosacos no s XVII, mantiveron a súa organización interna. Expulsados dos seus territorios cara a Mongolia, volveron para instalarse nas proximidades do lago Baikal, formando unha república autónoma dentro da URSS no 1923.

    4. Lingua mongólica, dividida en diversos dialectos. Fálase en Rusia e o seu alfabeto é cirílico.

    5. Literatura en lingua buriata, cultivada polo pobo buriato. Apareceu como literatura oral no s XVIII, durante o período de paz da dominación manxú sobre Mongolia. Produciu unha forte tradición folclórica e diversas epopeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Entidade político-administrativa, situada en Siberia, Rusia, entre o lago Baikal e Mongolia (351.300 km2; 1.038.000 h [estim 1999]). A capital é Ulan-Ude. Os ríos pertencen esencialmente á conca do Selenge e á do Vitim. O clima é continental extremo. O territorio abrangue as mesetas e montañas situadas ao N e ao L do lago Baikal, constituído principalmente por bosques e pastos. A poboación está formada por buriatos (38%), rusos (60%) e evenkis. Os recursos principais son a minería, os metais preciosos (ouro e prata) e as industrias metalúrxicas. Os centros urbanos concéntranse nos vales dos ríos. Esta república creouse en 1923 co nome de República Socialista Soviética Autónoma dos Buriatos-Mongois e no ano 1958 cambiou o nome polo de RSSA dos Buriatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico francés. De orientación occamista, está considerado como un dos representantes principais da Escola de París e un precursor da nova ciencia da natureza. Na cuestión do movemento dos corpos defendeu a doutrina do ímpeto. En moral foi un dos primeiros defensores do determinismo psicolóxico. Escribiu unhas Summulae logicae e unha serie de comentarios ou quaestiones a algúns libros de Aristóteles, especialmente á Metafísica. Pero coñéceselle sobre todo pola fábula filosófica do asno de Buridan, que se lle atribuíu falsamente; esta obra pretende ilustrar o paradoxo no que desemboca o problema do libre albedrío cando se reduce a unha liberdade de indiferencias e mostrar, por redución ao absurdo, a existencia da liberdade do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cicel, delgado, en forma de bisel por un extremo e provisto dun mango polo outro que, ao ser percutido, permite que coa punta se fagan incisións máis ou menos profundas sobre unha superficie de metal, pedra ou madeira. É a ferramenta que utilizan os gravadores para trazar sobre as pranchas os debuxos, os gráficos ou as inscricións que despois serán reproducidos sobre o papel.

      1. golpe de buril

        Na análise tecnolóxica designa unha das técnicas especiais de retoque. Consiste na acción de fabricar superficies biseladas, obtidas grazas á extracción producida por unha única percusión ou presión.

      2. Útil fabricado mediante a técnica do golpe de buril, que produce unha aresta cortante, característico do Paleolítico superior. As diferencias morfolóxicas ou importancia porcentual con respecto a outros útiles tómanse como base para definir conxuntos industriais.

    2. Ferramenta punzante de aceiro empregada para facer manualmente o gravado sobre metal que logo pasará a ilustrar definitivamente o selo.

    3. Gravado que se realiza nunha prancha de cobre ou de aceiro con este utensilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral, situada ao S do Eridano, ao L do Reloxo e ao O da Pomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo do buril.

    2. Peza feita a buril.

    3. Porción de prata que os ensaiadores sacan cun buril do parragón da peza que proban para ver se é de lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos burínidos.

    2. Ave da familia dos burínidos.

    3. Familia de aves da orde dos caradriformes que ten como único representante o xénero Burhinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burundi, na marxe L do lago Tangañika (2.465 km2; 385.490 h [1990]). A capital é Bururi (15.816 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, estendido á esquerda da ría de Gernika (1.640 h [1996]). A capital é Axpe de Busturia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de sales de calcio nos ouriños. Normalmente se eliminan 200 mg de calcio ao día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caldeira volcánica da illa de La Palma, Santa Cruz de Tenerife, Canarias, cunha extensión de 35 km2, declarada parque nacional en 1954. Situada dentro do municipio de El Paso. O relevo combina os picos do bordo da caldeira cos vales abarrancados polos que circulan cursos torrenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Xeografía e Historia coa tese A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. É profesor de ensino medio en Pontevedra. A súa actividade investigadora céntrase na antropoloxía mariñeira e na arqueoloxía castrexa, sobre todo no aspecto artístico, amais do seu interese pola etnografía. Participou en diferentes escavacións no Neixón, na Lanzada, Meirás, Castromao, etc, e dirixiu as que se realizaron no castro de Baroña entre 1980 e 1984. É autor de La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son (1978), As artes de pesca (1980), A cultura castrexa (1993), Xentes do mar: traballos, tradicións e costumes (1996), Castro de Baroña (1997) e Galicia. Antropoloxía (1997). Colaborou na publicación Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, da Sociedade Portuguesa de Antropologia...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camarasáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos camarasáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de pescozo e cola medianamente longos e con dentes grandes e saíntes, á que pertencen os xéneros Camarasaurus, Euhelopus e Opisthocoelicaudia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como segundo fundador de Roma, loitou contra os etruscos, ecuos, hérnicos e volscos (389 a C) e foi en varias ocasións ditador de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, filólogo e político. Iniciou a súa carreira no exército e participou na guerra contra Portugal (1762). En 1775 fixou a súa residencia en Madrid e ocupou diversos cargos públicos. Foi deputado en Madrid e, por encargo da Junta de Comerç de Barcelona, escribiu a súa obra fundamental: Memorias históricas sobre la marina, comercio y artes de la antigua ciudad de Barcelona (1779-1792). Coa invasión napoleónica refuxiouse en Sevilla e colaborou na tarefa de convocar as Cortes Xerais de Cádiz (1810). A súa obra trata temas filolóxicos e gramaticais, políticos e históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai caricaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar algo ou a alguén por medio dunha caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO