"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • Ramón Vasco Pardavilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal fundado en 1912 como Museo Nacional de Artes Industriales. A súa colección está composta por pezas españolas e estranxeiras, das que destacan a porcelana chinesa, os vidros romanos e visigodos, os téxtiles coptos, as alfombras españolas e o mobiliario e as xoias. Adquirido polo Estado en 1941, foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Freán (O Saviñao). O seu cumio acada os 664 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en Sierra Morena e regado polo río Retortillo (1.874 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandaría, e compleméntase coas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao N do Guadalimar, afluente do Guadalquivir, en Sierra Morena (5.097 h [2001]). A súa economía é básicamente agrícola e destaca a elaboración de aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na ribeira do Tajo, preto do encoro de Alcántara (1.555 h [2001]). É un termo gandeiro e agrícola, onde se cultivan cereais, legumes e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao pé da serra de Malagón, delimitado ao L por Madrid (4.381 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e diversas industrias alimentarias, serradoiros e de elaboración de resinas. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral N da illa de Arousa, na parroquia da Illa de Arousa, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Traballou sobre todo a madeira, cunha serie de pezas feitas a base de formas arredondadas encaixadas entre elas, esculturas con formas humanas e composicións onde xogou cos efectos visuais que proporcionan as vetas da madeira. Da súa produción destaca a serie Pilotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Gravobo, Penza 1894 - Moscova 1964) Economista ruso. Utilizou o método matemático na súa análise económica. É autor de numerosas obras, das que destacan O uso das matemáticas na investigación económica (1959) e O valor e o prezo na economía socialista (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ucraíno. Destacou pola espectacularidade das súas obras, incluídos os seus saltos e a sensibilidade artística que demostrou. Formou parte do ballet de Diaghilev e despois foi o seu coreógrafo. Destaca a súa interpretación en Sheherazade, en Les Sylphides (1909) e en Le Spectre de la Rose (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Nicolao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Emigrante en Cuba, foi colaborador na Revista de Occidente e nos xornais El Sol e La Voz. Redactor da revista Bohemia e tradutor de obras de Balzac, Faulkner e Huxley, nos seus libros recorreu a temas como a escravitude, o contrabando e a pirataría na costa cubana. Utilizou a técnica da ruptura cubista e procedementos máis propios do surrealismo para elaborar unha realidade fluída. Destacan as novelas Aquella noche salieron los muertos (1932), El negrero (1933), Experimento en el barrio chino (1936) e No sé quien soy (1945) e os libros de contos La luna nona y otros cuentos (1942), Un dedo encima (1943) e Cayo Canas (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Iruña e promovida polo colectivo galego Lar Galego desa cidade, presidido por Roxelio Díaz Fernández. Saía unha vez ao ano, en xullo, para informar aos asociados dos actos programados polo colectivo con motivo da festividade do 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre canteiro. Das súas obras destacan a igrexa de San Fins de Celeiros (Ponteareas), a capela do Santísimo da catedral de Tui (1788) e Santo Estevo de Beade (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi inspector de ensino primario e tamén se dedicou ao estudo da historia e da arte. Dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936) e publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que foi coñecido ata 1980 o estado de Vanuatu.

    VER O DETALLE DO TERMO