Novás Calvo, Lino

Novás Calvo, Lino

Escritor. Emigrante en Cuba, foi colaborador na Revista de Occidente e nos xornais El Sol e La Voz. Redactor da revista Bohemia e tradutor de obras de Balzac, Faulkner e Huxley, nos seus libros recorreu a temas como a escravitude, o contrabando e a pirataría na costa cubana. Utilizou a técnica da ruptura cubista e procedementos máis propios do surrealismo para elaborar unha realidade fluída. Destacan as novelas Aquella noche salieron los muertos (1932), El negrero (1933), Experimento en el barrio chino (1936) e No sé quien soy (1945) e os libros de contos La luna nona y otros cuentos (1942), Un dedo encima (1943) e Cayo Canas (1946).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Parigueiro, Mañón

  • Deceso

    Lugar : Nova York