"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • Modalidade específica de pesca que consiste na actividade extractiva dirixida á captura de mariscos. Galicia posúe unhas condicións naturais excepcionais que propician un hábitat axeitado para o desenvolvemento das diferentes especies de marisco, moi abundantes na comunidade galega, tanto en variedade como en cantidade. Malia esta riqueza, a actividade marisqueira non adquiriu un cariz económico propiamente dito ata ben entrada a década de 1970, e non foi racionalizada a extracción ata datas moi recentes. Pola sobreextracción que existía, co tempo converteuse nunha actividade controlada, que necesita un permiso de explotación (permex) regulado pola lei 425/1993 do 11 de maio de Pesca de Galicia. Estes permisos de explotación son diferentes en función do tipo de recurso a extraer e do sistema utilizado para a extracción. No caso do permex para embarcación, o permiso habilita o patrón e non os tripulantes, e as embarcacións deben contar cun número máximo e mínimo de tripulantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento en que se venden mariscos.

    2. Restaurante que está especializado en servir mariscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos maristas.

      1. Membro do Instituto de Irmáns Maristas da Ensinanza, congregación fundada en 1817 polo sacerdote francés Marcelin Champagnat. O instituto, aprobado por Pío IX en 1863, ten como finalidade a educación cristiá da xuventude.

      2. Membro do instituto de votos simples Sociedade de María, fundado en 1824 polo sacerdote francés Jean-Claude Colin e aprobado por Pío IX en 1873, cunha finalidade basicamente misioneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Da súa produción destaca La resistencia gallega. Discurso acerca del movimiento de protesta a que dio origen el proyecto de supresión de la Capitanía General de Galicia (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultivou a poesía lírica, en galego e en castelán. Obtivo premios en diferentes certames, dos que destaca o premio de honra pola composición “A Mondoñedo” (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado indíxena de África do norte que pertencía ás tropas coloniais montadas en dromedarios, gornecidos con cadeiras e aptos para a carreira e para a guerra, denominados mehari. Formaron parte do exército de Napoleón I Bonaparte e, posteriormente, de todos os exércitos coloniais franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mekhitharistas.

    2. Membro dunha formación relixiosa armenia fundada en Constantinopla en 1701 polo vardapet Pedro Manuk, cunha regra inspirada, en parte, na de san Bieito, polo que estiveron considerados ás veces como unha congregación bieita. En 1703, os monxes establecéronse en Peloponeso, mais en 1715 tiveron que fuxir e establecéronse na illa de San Lazzaro, en Venecia. En 1773 xurdiu outra rama, que se estableceu en Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que se difundiu entre os cristiáns dos primeiros séculos, que cría nun reino de paz de mil anos de duración e anterior ao Xuízo Final, instaurado e gobernado por Xesús Cristo.

    2. Doutrina dos que crían que a fin do mundo ía acontecer no ano mil da era cristiá.

    3. Calquera movemento relixioso ou político que cre na chegada, ao final da historia, dunha época de xustiza e paz plenas, ou sexa, dun reino novo semellante ao que existía na orixe dos tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao milenarismo.

    2. Seguidor do milenarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dunha nación ou dun estado a outorgar un control sempre crecente sobre a cultura, a educación, os medios de comunicación, a relixión, a política e a economía nacional aos estamentos militares a custa da institución civil.

    2. Poder ou influencia excesiva dos militares, da política militar ou do espírito militar nunha nación ou estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao militarismo.

    2. Partidario do militarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente do pensamento económico que outorga unha importancia fundamental ao diñeiro nas flutuacións económicas. Fronte á interpretación do keynesianismo da determinación do nivel de utilización dos recursos, que puña a énfase principal nos aspectos reais da economía e que preconizaba a unificación do gasto público fiscal, produciuse unha reactivación do papel da oferta monetaria na determinación do nivel de actividade. O principal abandeirado desta corrente, Friedman Milton, recomendou unha política monetaria “neutra” por parte do estado, co fin de impedir que os termos entre medidas de política monetaria e a súa integración nas expectativas dos axentes económicos provoquen efectos contraproducentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monetarismo.

    2. Partidario do monetarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864),   Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. Considerado como un dos máis importantes museos de arte sacra de España, conta cun importante fondo composto por vestimentas litúrxicas e pezas de ourivaría relixiosa do Renacemento. Sobresaen especialmente o Cristo yacente e a Inmaculada, de Gregorio Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de folerpas miúdas de neve que caen mesturadas con choiva e vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en folerpas miúdas que xeralmente van acompañadas de chuvia e vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada ao estudo da nobiliaria.

    VER O DETALLE DO TERMO