"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
-
Relativo ou pertencente aos batiláxidos.
-
Peixe da familia dos batiláxidos.
-
Familia de peixes mariños da suborde dos arxentinoides, de corpo comprimido, con ollos laterais moi grandes dirixidos cara a arriba, ao que pertence o esperlán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio e medida das profundidades do mar.
-
-
Relativo ou pertencente á batimetría.
-
Debuxo que representa o fondo submarino mediante curvas de nivel (isóbatas) que corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir a profundidade do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeomorfoloxía do relevo submarino.
-
-
Relativo ou pertencente á batimorfoloxía.
-
Forma de relevo submarino.
-
-
-
Bata curta que chega un pouco máis abaixo do van.
-
Bata curta que utilizan os homes para estar na casa.
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘garda e gato’.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Omán, situada ao N do estado, ao lado do golfo de Omán (12.500 km2; 564.677 h [1993]). É relativamente fértil e poboada. O principal recurso económico é o cultivo de palmeiras datileiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun accidente xeográfico submarino como pode ser unha cordilleira, un foxo, un banco de area, unha depresión, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á zona do dominio peláxico situada entre os 500-600 m e os 2.000-2.500 m de profundidade; non lle chega a luz e moitas características corresponden ás da rexión abisal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Respiración lenta e profunda que aparece principalmente na acidose respiratoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade da Psicoloxía que ten como método a psicanálise. Tamén se coñece co nome de psicoloxía profunda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que mide e rexistra o sentido e a velocidade das correntes submarinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artefacto submarino autónomo ou telecomandado capaz de somerxerse a grandes profundidades, destinado xeralmente á observación e ao estudo do fondo do mar. Componse dunha cabina esférica, na que viaxan os ocupantes, e dun flotador naviforme. O primeiro aparato deste tipo, o FNRS 2, foi construído en Bélxica por A. Picard. Outro modelo, o Trieste, construído polo mesmo A. Piccard xunto co seu fillo, conseguiría en 1959 descender ata os 5.486 m na Fosa das Marianas, a carón da illa de Guam.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esfera destinada a acadar grandes profundidades mariñas. A súa finalidade era investigar a fauna. A primeira foi construída en 1930 por William Beebe, coa colaboración de Otis Barton, e estaba sostida desde un barco por un cable de aceiro. En 1934 cerca das Bermudas conseguiu somerxerse a 906 m de profundidade. Incapaz de manobrar por ela mesma, a batisfera foi substituída polo batiscafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de liño ou de algodón, branco e moi fino, usado na confección de panos de man, camisas e lencería.
-
PERSOEIRO
Político e militar. Foi o home forte do país dende a década dos anos trinta ata o triunfo da Revolución Cubana. Alistouse no Exército en 1921 e no ano 1933 dirixiu o golpe de Estado que derrocaría o Presidente Carlos Manuel de Céspedes, fillo do primeiro Presidente da República. Convertido en xefe supremo do Exército, fíxose co control do goberno cubano a través dunha serie de gobernos títeres, nos que influíu tanto na súa elección como na súa destitución. En 1940 gañou as eleccións, grazas a ter todo o aparato do Estado ao seu favor, e pasou a ocupar a presidencia ata 1944, momento no que saíu derrotado fronte ao ex-presidente Ramón Grau San Martín. As medidas que levou a cabo tiveron un marcado carácter populista, buscando o apoio das masas mediante a promoción das obras públicas, a educación e a sanidade. En 1952 protagonizou un golpe militar, consentido polos EE UU, contra o entón Presidente Carlos Prío Socarrás, dando lugar a unha ditadura persoal caracterizada pola brutalidade e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Foi atopado na rúa Batitales (hoxe Doutor Castro) de Lugo en 1842 no transcurso dunhas escavacións dirixidas pola Sociedade Económica de Lugo. A súa fabricación é de época romana, concretamente debeu construírse entre o goberno de Augusto (27 a C-14 d C) e a fin do de Traxano (117). A través dos restos conservados, pódense diferenciar dous sectores: a dobre banda figurada, de 1,20 m de longo, e o sector xeométrico. A cabeza de Oceanus, no centro da composición, está flanqueada por dous golfiños en actitude de somerxerse e rodeado de especies mariñas (ameixas, ourizos de mar, etc) e fluviais (troita e lamprea). A significación dos motivos representados levou a Rodríguez Colmenero a considerar que se podía tratar da cubrición do piso do comedor ou triclinium dunha mansión nobre; trátase dunha interpretación oposta a outras anteriores que sinalaban unha funcionalidade ritual. Algúns fragmentos deste mosaico consérvanse no Museo Provincial de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato, tamén chamado BT, que rexistra as variacións da temperatura da auga en función da profundidade. Acada uns 300 m de profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantin Nikolajevic Bat’uškov.