"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Alzamento que tivo lugar en diversos lugares de España (Comunitat Valenciana, Andalucía, Murcia e Galicia) en xullo de 1873, co obxecto de instaurar un réxime federal nos antigos estados históricos, provincias e municipios (os cantóns). O goberno republicano de Pi i Margall adiou a instauración da república federal, a pesar dos votos favorables nas Cortes, e impulsou os sectores federais intransixentes a lanzarse á proclamación dos cantóns federais, que obrigaría ao poder a aceptar os feitos consumados. O punto de partida da revolución cantonal foi a retirada das Cortes, o 1 de xullo, da minoría intransixente, que comezou a revolución política e colaborou na formación dos cantóns. A insurrección iniciouse o 12 de xullo en Cartagena e estendeuse pola costa meridional mediterránea, onde predominaba o federalismo, e chegou ata Granada, Ávila, Salamanca, Andújar e Bailén. Pi i Margall dimitiu o 18 de xullo sendo substituído por Salmerón na presidencia do executivo republicano, feito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Utrecht (1340) e de Urgell (1348-1351). Ordenado cardeal en 1350 por Clemente VI, en 1356 tentou establecer a paz entre os reis Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, e en 1367 impediulle a Urbano V restablecer a sé pontificia en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia fidalga do Reino de Nápoles e unha das máis importantes de Italia. A liñaxe documentada desta familia comezou con Landulfo Caracciolo (1110). Giovanni Caracciolo formou parte da familia Carafa. Os Caracciolo d’Avellino (1589) derivan dunha rama da familia Caracciolo, os Caracciolo Rosso, duques de Atripalda (1572), grandes de España, príncipes do Sacro Imperio e grandes chanceleres herdeiros do Reino de Nápoles, e dos Caracciolo di Torchiarolo (1726), tesoureiros xerais herdeiros do Reino de Nápoles, marqueses de Montenegro, grandes de España e príncipes de Ripa Francone (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da orde dos cregos regulares menores fundada en 1588 por Francesco e Fabrizio Caracciolo e Giovanni Agostino Adorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi embaixador de Nápoles en Turín (1754-1764), Londres (1764-1771) e París (1771-1781), onde estivo en contacto cos enciclopedistas. En 1781 converteuse en vicerrei de Sicilia e no ano 1786, en primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como il Battistello, as súas primeiras obras seguen o estilo de Caravaggio no tratamento da luz e da sombra e na interpretación realista dos temas, como acontece en A liberación de san Pedro (1610?). Cara ao 1620 achegouse a un clasicismo motivado pola influencia da escola boloñesa dos Carracci; entre estas obras destaca O adeus de Cristo á súa Nai (1620?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e reformador. Desenvolveu unha notable carreira eclesiástica ao servizo de Clemente VII. No 1540 comezou a frecuentar os círculos reformadores de Xoán de Valdés en Nápoles e aceptou a doutrina luterana da xustificación pola fe, pero repudiou o cisma. Exiliado en París, volveu a Roma no 1559, durante o papado de Pío IV. Perseguido pola Inquisición en 1566, foi apresado e decapitado en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación culinaria elaborada con rebandas moi finas de carne de vacún cru e servidas frías cunha salsa feita con aceite de oliva, zume de limón, sal, pementa e, en orixe, trufas brancas do Piemonte, habitualmente substituídas por champiñóns fileteados, acompañada de láminas moi delgadas de queixo parmesano. Ideada por Giuseppe Cipriani, propietario do Harry´s Bar de Venecia, foi bautizada co nome do pintor renacentista veneciano. Este termo aplícase tamén a este tipo de preparación efectuada sobre outras materias primas como diversas carnes, peixes (salmón e atún) e mesmo cogomelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. A súa pintura caracterízase por un espírito narrativo panorámico, influencia de Gentile Bellini, e un sentido da cor tomado de Antonello da Messina. Achegou un novo concepto da composición que subordina a ambientación arquitectónica, tratada de acordo coas leis da perspectiva e coa cor adecuada, á unidade do conxunto. Entre 1490 e 1495 realizou unha serie de dez pinturas sobre a historia de santa Úrsula. Entre 1501 e 1502 decorou a sala dos Pregadi e en 1507 as dos Maggiore Consiglio do Palazzo Ducale, desaparecidas no incendio de 1577. Entre 1502 e 1507 pintou as nove teas sobre as vidas de san Xurxo, san Xerome e san Trifón, e a serie sobre a vida de María para a Scuola degli Albanesi. En 1510 realizou o retablo A Presentación no Templo da Accademia de Venecia e en 1511 comezou a serie de cinco historias para a Scuola di San Stefano, das que só se conservan catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores boloñeses. A súa pintura caracterízase por un forte contido poético, que atopou a súa base na natureza e o seu instrumento no debuxo. Na súa obra son fundamentais a herdanza de Il Correggio, a contribución veneciana e a análise da arte de Raffaello Sanzio. Substituíron o simbolismo dos manieristas por unha alegoría de doada comprensión e fixaron e esquematizaron a iconografía da arte católica. Entre 1585 e 1588 fundaron a Accademia dei Desiderosi, chamada despois degli Incamminati. Ludovico Carracci (Boloña 1555 - 1619), pintor e gravador, foi discípulo de Próspero Fontana. Entre as súas obras destacan Martirio de santo Anxo (1598) e Predicación do Bautista (1592). O seu curmán, Agostino Carracci (Boloña 1557 - Parma 1602) foi gravador, pintor e poeta. Cultivou a pintura relixiosa plasmada en A derradeira comuñón de san Xerome (1592). O seu irmán, Annibale Carracci (Boloña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor paraguaio. Cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan as obras: La babosa (1952), onde mestura o castelán e o guaraní,   La llaga (1964) e   Los exiliados (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intradermorreacción que utiliza líquido estéril de quiste hidatídico, realizada para determinar a diagnose da hidatidose. Estableceuna o médico italiano Tommaso Casoni (1880-1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Copia en papel carbón ou copia dobre, empregada en aplicacións de correo electrónico para indicar que se enviou unha copia dunha mensaxe a cada un dos enderezos que aparecen detrás destas letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisiones Obreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo encaixado en carga. Consiste nun transistor MOS de canle moi longa, con moitas portas próximas entre si, que constitúen co substrato un condensador MOS capaz de almacenar carga. A carga almacenada nun destes condensadores pode transferirse ao seguinte, por iso tamén recibe o nome de dispositivo de transferencia de carga (CTD). Estes dispositivos empréganse como rexistros de desprazamento ou como memorias en serie de alta densidade de integración, pero as súas principais aplicacións danse no campo da reprodución da imaxe porque permiten obter unha réplica eléctrica dunha escena visible sen ruído temporal. Os sensores, os detectores e os analizadores de imaxe das cámaras de TV levan dispositivos CCD, constituídos por unha matriz de condensadores MOS na que se almacena a carga orixinada polos fotóns incidentes coa que se constitúe unha imaxe dixitalizada. Tamén se utilizan nos filtros, nos convertedores de imaxe infravermella-visible, nos radares, etc. Orixinalmente, o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comité Consultivo Internacional de Telegrafía e Telefonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Exerceu a docencia na escola de danza imperial de San Petersburgo (1892-1902), despois de obter grandes éxitos en Europa e América. En 1905 abriu unha escola na que se formaron figuras do ballet ruso como Tamara Karsavina ou Anna Pavlova. A partir de 1910, Sergei Diaghilev encargoulle a formación dos bailaríns da compañía dos Ballets Rusos e posteriormente foi mestre da Scala de Milán (1925-1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista de cine, filla de Emilio Cecchi. Traballou para Luigi Zampa en Vivere in Pace (Vivir en paz), Vittorio de Sica en Ladri di biciclette (Ladrón de bicicletas) e para Luchino Visconti en Bellissima (Belísima), Senso (Sentido), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns), Il Gattopardo, Ludwig e L’innocente (O inocente). Escribiu o guión I picari (Os pícaros, 1987) e Il male oscuro (O mal escuro, 1990), de M. Monicelli e de Occi ciorni (1987), de N. Mikhalkov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e de arte. Realizou estudios de literatura inglesa. No campo cinematográfico, ademais de crítico e guionista, foi director da produtora CINES (1932-1944). Publicou, entre outras obras, Pesci rossi (Peixes rosas, 1920), Qualche cosa (Algunha cousa, 1931), Et in Arcadia ego (E eu en Arcadia, 1936) e America amara (América amarga, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Stabili.

    VER O DETALLE DO TERMO