"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Humanista francés. Profesor de latín e grego. Chegou a converterse en Bispo de Auxerre. Traduciu ao francés a Historia etiópica do Heliodoro (1548), Dafne e Cloe de Longus (1559), as Vidas Paralelas (1559) e as Obras Morais (1572) de Plutarco, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación médica que aparece no ano 1933 en Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria aparecida en Vilalba nos anos oitenta do século XX, onde figuraban creacións poéticas e narrativas de escritores locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo que pertence ao pobo anaquita.

    2. Pobo que habitaba na parte montañosa de Xudea, cando Israel comezou a conquista de Canaán. Foron exterminados por Xosué e Caleb.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade ideal organizada sen goberno.

      1. Desorde por ausencia ou debilidade da autoridade pública, por falta dun xefe ou dunha autoridade.

      2. Desorde, confusión que se crea nun acontecemento público, por falta de orde, espacio, etc.

    2. Fase previa á codificación dunha lingua na que conviven multitude de normas que dificultan o proceso de normalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anarquía.

    2. Que implica anarquía.

    3. Que tende a producir a anarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina político-social que preconiza a liberdade total da persoa humana, o pacto ou libre acordo deste cos seus semellantes e a desaparición do estado e da propiedade privada para crear unha sociedade na que non deben existir clases nin intereses privados. O seu ideal é unha sociedade sen goberno. Considéranse como precursores: a Campanella, autor da Cidade do Sol; Thomas More, de Utopía; Mably e outros. Non obstante , William Godwin (1756-1836), foi o primeiro pensador propiamente anarquista: na súa obra Investigacións sobre a xustiza política rexeitaba o estado e a propiedade privada, e propugnaba unha sociedade economicamente igualitaria. Pierre Joseph Proudhon e Mikhail Aleksandrovič Bakunin son os dous teóricos do anarquismo máis importantes do s XIX que atoparon nos escritos de Coeurderoy, Rousseau, La Boetie, Bellegarrigue e Dejacques, principios e críticas que ampliaron e profundizaron. Así mesmo, as bases científicas do anarquismo están definidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarquismo.

    2. Partidario do anarquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anarquizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anarquiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir a anarquía.

    2. Propagar o anarquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anasarca.

    2. Que padece anasarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Antioquía. Opúxose a Xoán Filopon, quen afirmaba que as tres persoas de Trindade eran tres deuses. A súa festividade celébrase o 21 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. É autor dunha notable Historia de la literatura hispanoamericana (1954) e de estudos literarios como Ensayos (1946), La crítica literaria contemporánea (1957) e Teoría y técnica del cuento (1979), entre outros. Dedicouse tamén á narrativa, con obras como Fuga (1953), La sandía y otros cuentos (1969), El leve Pedro (1976) e El milagro y otros cuentos (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso da Orde dos franciscanos. Ingresou no colexio de pasantes de Alba de Tormes en novembro de 1770 e concluíu o seu trienio no ano 1773. Xa no 1786 exerceu como discreto no convento de San Francisco de Santiago e o 10 de xuño de 1790, desempeñando o cargo de gardián do convento de Lugo, fixo o acostumado xuramento de examinador sinodal. No ano 1804, data da súa morte, ocupaba o cargo de gardián do convento de Ferrol. A súa obra está en relación coa situación que ocupaba de predicador xeral. Así, publicou as obras: Sermón que en acción de grazas por el feliz nacimiento de los señores infantes gemelos Carlos y Felipe... dijo en Betanzos, el 26 de diciembre de 1783, el P. ____ (1784) e Elogio fúnebre que en honor del católico rey d. Carlos III dijo, en el día 23 de enero del año de 1789, en la iglesia de N. P. San Francisco de la villa de Ferrol, el P. ___(1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anfíbraco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo do pobo anfiloquio.

    2.   Pobo (populi) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, mencionado por Estrabón e Xustino. A súa localización non é segura; sen embargo, é probable que ocupasen un territorio situado no val do Ambía ou do Limia. A historiografía decimonónica referiuse a eles como un pobo helenizado debido a que os consideraban descendentes dos compañeiros de Anfíloco, que dende a costa galega se espallaran cara ao interior logo da morte do heroe, e vinculado á lagoa de Antela, onde situaban unha cidade asolagada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de sons anfóricos ao falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Picinni. Actuou nos teatros máis importantes de Europa e en Roma exerceu de mestre de capela en San Xoán de Letrán (1792-1797). Escribiu máis de setenta óperas entre as que destacan La finta giardianera e Didone abbandonata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador. Participou activamente no movemento da Renaicença catalá como impulsor dos Jocs Florals de 1862, 1872 e 1882. Escribiu La Verge de les Mercès (A Virxe das Mercedes, 1856), primeiro drama romántico en lingua catalana. En lingua española publicou novelas históricas ou sociais que tiveron grande aceptación, dramas e libretos de zarzuelas e textos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO