"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición que ten lugar cando se trata o éster dun fenol con cloruro de aluminio e se converte nunha orto- ou nunha para- hidroxicetona ou nunha mestura destas. A importancia desta reacción en síntese débese ao feito de que os fenois son difíciles de acetilar coa reacción de Friedel e Crafts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os insectos da orde dos tricópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e poeta francés. Secretario da Raíña Filipa de Inglaterra, viaxou con ela por Escocia, Flandres e Francia e, trala súa morte (1368), trasladouse a Hainaut, onde se dedicou ao comercio. Das súas obras destacan as Chroniques (1371-1400), nas que explicou todas as guerras europeas do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Coñecido como o Vello, traballou en Salzburgo (1478-1497) e en Passau, onde pintou os retablos sobre a Vida de María (1490) e a Paixón (1492). O seu fillo Rueland Fruesauf (1470?-1545?), coñecido como o Novo, traballou en Passau, lugar onde realizou pintura relixiosa caracterizada polo detalle preciosista da paisaxe dos fondos. Entre outras obras destaca o retablo de san Leopoldo na abadía de Klosterneuburg (1507).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado a poñente de Casas-Ibañez e drenado por diversos afluentes do Júcar, que pasa ao S do termo municipal (1.842 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a cisterna romana de Fuente Grande e a casa do concello (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Tasmania, situado no extremo oriental do esteiro de Bass (2.072 km2). Está formado por tres illas grandes (Flinders, Cape Barren e Clarke) e numerosas illas pequenas. Foi descuberta polo navegante británico T. Furneaux en 1773.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘estudiante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fusilineados.

    2. Protozoo fósil da familia dos fusilineados.

    3. Familia de protozoos fósiles da orde dos foraminíferos que acadan uns poucos milímetros (algúns exemplares chegan aos 4 cm) e teñen unha cuncha calcaria e multilocular con forma de fuso ou de disco e moi complexa no seu interior. Comprende uns 80 xéneros e unhas 1.000 especies, que viviron durante o Carbonífero e o Pérnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.

      1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.

      2. Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.

      1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.

      2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.

    2. Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

    3. Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que gabea.

    2. Ave da orde dos paseriformes que se alimenta principalmente de invertebrados que busca en superficies verticais como árbores ou paredes rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subir por un muro, unha árbore ou outra superficie valéndose das mans e os pés ou as patas.

    2. Medrar unha planta cara arriba suxeita nun pao ou nunha armazón, ou ben por unha árbore, parede ou outro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Alexis Moncorgé Gabin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir o seu canto algúns paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saída espontánea do leite pola mamila.

    2. Secreción abundante ou excesiva de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de teatro cun aforo aproximado de cen localidades que foi creada en 1993 pola compañía Matarile Teatro. Realiza unha actividade moi diversa que vai desde a organización de cursos de formación ata a presentación das máis diversas experiencias e propostas escénicas, normalmente relacionadas coas novas tendencias e a procura de novas linguaxes artísticas e escénicas. Na súa programación teñen especial relevancia os espectáculos de teatro alternativo, de teatro e danza, e de vídeo e teatro, amais da exhibición das producións da compañía titular e doutras compañías galegas e peninsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen galantea.

    VER O DETALLE DO TERMO