"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento creado por J. Plateau en 1832 que está formado por dous discos, un con fendas equidistantes e o outro con fases sucesivas do movemento dun corpo representadas arredor dun centro. Ao xirar fai o efecto do movemento completo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de partículas idénticas e interaccionantes sometidas ao principio de exclusión de Pauli. O mesmo sistema, sen embargo, cando as partículas non interaccionan, denomínase gas de Fermi. A teoría do líquido de Fermi débese ao físico soviético L. Landau.
-
PERSOEIRO
Trobador, irmán de Pero Soarez. Pertence á liñaxe dos Alvar Pérez, de orixe leonesa. Desenvolveu a súa actividade literaria no terceiro cuarto do s XIII na corte de Afonso X. As súas cinco cantigas de escarnio transmitíronse só no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, marqués de Loureda. Adquiriu o pazo de Loureda e propiedades vinculadas a el e mantivo negocios na cidade da Coruña. Foi elixido deputado en 1871 polo distrito de Carballo, polo de Carral (1872) e polo distrito da Coruña (1881-1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diseñadora e empresaria. Coñecida como Kina Fernández, tras residir en París, onde traballou no mundo da moda, instalouse na Coruña, cidade na que abriu un pequeno taller e unha tenda; pouco despois creou a marca Kina Fernández. Posúe fábrica na Coruña e tendas en Europa, América, Asia e Oriente Próximo. Recibiu a Medalla Castelao (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e director de orquestra. Profesor do Royal College de Londres e director titular da Orquesta Sinfónica de Madrid, actuou por Europa e América. Da súa produción destaca Memorias (1863-1903) (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia da Arte, foi catedrático na Escola Universitaria de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2000 profesor de arte na facultade de Xeografía e Historia. As súas investigacións céntranse no estudo da pintura galega dos ss XVIII e XIX e da arquitectura galega contemporánea. Pertenceu ao equipo de investigación “A actividade artística dos mosteiros beneditinos galegos” (2000-2002) e dende 1977 ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi membro da comisión asesora do Parlamento de Galicia para a adquisición de obras de arte (1994-1996) e do consello de redación da revista Adaxe. Colaborou en Arte galega. Estado da cuestion (1990), Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (1995), Artistas galegos pintores (ata o romanticismo) (1999) e San Miguel dos Agros (2001). Escribiu Un Siglo de pintura gallega: 1750-1850 (1991) e, con X. M. López Vázquez, Gregorio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Encarcerado varias veces pola súa actividade política e literaria, asinou varias das súas obras co pseudónimo de El Pensador Mexicano. Da súa produción, destaca Noches tristes (1818), La Quijotita y su prima (1819) e Vida y hechos del famoso caballero Don Catrín de la Fachenda (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Militar e político, conde de Luchana, duque da Victoria, duque de Morella e príncipe de Vergara (1872). Deixou o seminario dos dominicanos de Almagro aos quince anos para loitar na Guerra de Independencia fronte a Napoleón. En 1815 marchou a América, onde combateu os independentistas e, ao morrer Fernando VII, púxose ao servizo de Isabel II para combater os carlistas. Ascendeu a xeneral, acadou a vitoria de Luchana (1836) e negociou co xeneral Maroto o Convenio de Vergara (1839), que remataba coa Primeira Guerra Carlista. Trala renuncia da raíña rexente María Cristina, foi nomeado rexente (1840-1843). O período do seu goberno caracterizouse pola inestabilidade política e as revoltas sociais; finalmente, unha coalición de progresistas e moderados expulsouno do poder e houbo de exiliarse en Inglaterra. Regresou a España co goberno de R. M. Narváez; e Isabel II confioulle a presidencia do consello de ministros, cargo que ocupou durante o Bienio Progresista (1854-1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesor titular de economía aplicada. As súas investigacións centráronse na demografía e no estudo do capitalismo transnacional, do desenvolvemento e das finanzas públicas. Foi director do IDEGA (1998-1999). Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), exerceu posteriormente o cargo de vicerrector económico na Universidade Compostelá (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando esta entrou a formar parte do BNG (1994). Coas eleccións locais (1999) en Santiago de Compostela ocupou o cargo de concelleiro de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e foi membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecto. Catedrático de Construcións Arquitectónicas na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Das súas obras destacan a ampliación das escolas Labaca (A Coruña), o complexo parroquial de Vite (Santiago de Compostela) e a sede da Policía Autonómica no polígono das Fontiñas (1993). Colaborador do Boletín Académico da ETSA e en Obradoiro, escribiu La galería en Galicia como elemento de arquitectura del agua (1989). Foi coautor, entre outros, de Xosé Bar Bóo arquitecto (1996), Galicia, caminos de piedra y agua (1998) e Rodolfo Ucha Piñeiro y la arquitectura de Ferrol (1909-1949) (2000).
-
PERSOEIRO
Sindicalista. De oficio mecánico fresador, organizou o Sindicato Metalúrgico adscrito á CNT, no que incorporou boa parte da anterior afiliación uxetista. En 1935, cando era responsable do taller mecánico das Minas de San Finx en Lousame, axudou a pór en funcionamento un Sindicato Minero xunto a Claro José Sendón e o futuro guerrilleiro R. Rodríguez Varela Curuxás. Co golpe militar (1936), refuxiouse nos montes do Confurco ata 1940. En 1942 colaborou cunha rede de espionaxe a prol dos aliados constituída coa colaboración do consulado británico en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor, actor e director teatral. Coñecido como Maximino Keyzán, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade teatral, que comezou en Santiago, continuou en Vigo, ao abeiro dun importante movemento de teatro afeccionado. En 1967 creou o Teatro Keyzán co que realizou espectáculos como Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán, La excepción y la regla (1967), sobre o texto de Brecht, ou El Diploma (1967), segundo a obra de Luigi Pirandello. Este labor de presentación de autores contemporáneos foi acompañado coa realización de novos espectáculos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou Blanco Amor. Outros traballos importantes foron A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo, Despois de Magruitte (1992), no que partiu da obra de Tom Stoppard, ou La puerta del paraíso (1993), segundo o texto de Miguel Cobaleda. En 1991 dirixiu Así é, se vos parece, espectáculo creado co texto homónimo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, político e pintor. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con R. Dieste, Manuel Antonio, Xosé Otero Espasandín e outros. En 1928 trasladouse a Madrid, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Pertenceu a Izquierda Comunista de España (ICE) e converteuse, co pseudónimo de L. Fersen, no principal teórico do seu voceiro, Comunismo. Colaborou na fundación da revista PAN (1935), onde facía referencias ás artes plásticas, á pedagoxía e á política. Tralo estalido da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín. Colaborou en revistas e periódicos, entre outros, Nueva España, El Soviet, Leviatán e Renovación, encargándose da economía e de política internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Organizou o PCE na súa vila natal a comezos da Segunda República. Rematada a guerra, foi internado en Auschwitz pola Gestapo. En 1948 instalouse en Venezuela e, descontento coa política do PCE contraria á loita armada, foi un dos creadores do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), composto por exiliados españois e portugueses. En 1961 liderou, xunto co capitán Galvão o secuestro durante dez días do transatlántico portugués Santa María, en augas do Caribe, baixo o alcume de Comandante Sotomayor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou ensaios sobre a literatura italiana e as súas novelas tratan o tema da homosexualidade. Da súa produción destaca Le roman italien et la crise de la conscience moderne (1958), L’échec de Pavese (1967) e Dans la main de l’ange (Premio Goncourt 1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da Arte. Director do CGAC, foi profesor nas facultades de Belas Artes de Salamanca (1988-1992) e Pontevedra (1993-1995). Fundador de Arte y parte, foi o seu director, editor e membro do consello de redacción (1996-1998). Colaborou como crítico de arte, entre outras publicacións, en ABC, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e foi xefe de redacción de Buades, periódico de arte (1984-1989). Foi membro do consello reitor (1996-1998) e do comité de compras (1997-1998) do IVAM e responsable de compras da Fundación Coca-Cola España (1995-1998). Foi comisario de numerosas exposicións, responsable da delegación española na Bienal de São Paulo de 1989 e membro do xurado de diversos premios artísticos.
VER O DETALLE DO TERMO