"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Ceramista. Foi autor do salottino della regina do palacio di Portici. Trasladouse a España con Carlos III e dirixiu a fábrica de porcelana do Buen Retiro, onde o sucederon os seus fillos. Entre outras obras realizou a sala de China do palacio de Aranjuez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor noruegués. Estudiou en Leipzig e Copenhaguen con Niels Gade. Foi director da Harmoniske Selskab e un dos fundadores da Christiana Musikforening. Escribiu música escénica para diversos dramas de Björnson, como Sigurd Jorsalfar (1872), e para o drama de Ibsen Peer Gynt (1875). Así mesmo, escribiu Danzas norueguesas (1881), Holberg Suite (1884), Pezas líricas para piano e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta noruegués. Da súa produción destaca Norge i våre hjerter (1929), Nederlaget (1937) e Men Ung må verden ennu vaere (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hans Baldung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo irlandés. Publicou varios traballos sobre a literatura do norte de India. Realizou a primeira bio-bibliografía da literatura das linguas indoiranias, cun traballo xeral da súa distribución e afinidades lingüísticas. A partir de 1898 residiu e traballou en Camberley, onde traballou no Linguistic Survey of India (1898-1928), que ofrece información sobre unhas 350 linguas e dialectos de India. Tamén destacan as súas obras Bihar Peasant Life (1885), Seven Grammars of the Dialects and the Subdialects of the Bihárí Language (1883-1887) e A Ditionary of the Kāsmīrī Language [...] (1916-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e realizador cinematográfico británico. A súa única realización Drifters (1929) deu pé á creación da escola documental británica. Produciu as obras realistas de autores como Paul Rotha, Robert Flaherthy e Alberto Cavalcanti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo cargado de grifóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Director do semanario nacionalista The United Irishman (1901), fundou o movemento Sinn Féin (1902) de loita pola independencia. Elixido vicepresidente da República de Irlanda (1918), accedeu á presidencia trala dimisión de E. De Valera (1921) e asinou o Tratado de Londres, que establecía a división de Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou como actor de teatro, guionista e dirixiu algunhas curtametraxes. Foi un dos maiores impulsores das técnicas cinematográficas, xa que inventou o primeiro plano, a montaxe paralela, o travelling e o flash-back. A principios da segunda década do s XX instalouse, xunto cun grupo de actores e técnicos, no lugar deshabitado de Holly-wood, preto de Los Angeles. Alí dedicouse a rodar películas, entre as que destacan Judith of Bethulia (1914), The Birth of a Nation (1915), America (1924), Isn’t Life Wonderful (1924), The Battle of the Sexes (1928) ou Abraham Lincoln (1930). En 1919 creou, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, a produtora independente United Artists.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla da actriz Tippi Hedren. Estudiou no Hollywood Profesional School e debutou como actriz secundaria en varias películas como Night Moves (1975) e The Drowning Pool (1975). Despois dunha etapa irregular, a partir da década de 1980 protagonizou distintos filmes, entre os que destacan Body Double (1984), The Milagro Beanfield War (1988), The Bonfire of the Vanities (1990), Born Yesterday (1993), Two Much (1995), Shadow of Doubt (1998), Crazy in Alabama (1999), Forever Lulu (2000) e The Night We Called It a Day (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa galesa. Compuxo himnos relixiosos de expresión espontánea e intensidade melancólica, e tivo unha grande influencia na lírica galesa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento ou chave que impide o paso dun líquido por un conduto calquera.

      1. Cano de madeira, xeralmente torneado e provisto dunha chave, que vai colocado nun burato feito na parte inferior do pipote para que poida saír o viño.

      2. Pao delgado e cuberto de estopa que serve para extraer viño do barril ou pipote e ir probándoo.

    2. Táboa levadiza e de pequeno tamaño que vai colocada no extremo inferior do cubo do muíño para regular o paso da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal mitolóxico de cabeza, peteiro e ás de ave rapaz e corpo de león, ocasionalmente con cola de serpe. Parece ter a súa orixe en Oriente Próximo, pois aparece en pinturas e esculturas mesopotámicas dos antigos babilonios, asirios e persas. Os romanos usárono simplemente con propósitos decorativos en frisos e en patas de mesas, altares e candelabros. Este motivo apareceu tamén nos primeros tempos do cristianismo nos bestiarios de san Basilio e santo Ambrosio. Posteriormente foi tema frecuente na escultura románica, e réplicas de pedra serven con frecuencia como gárgolas na arquitectura gótica da Baixa Idade Media. Tense empregado tamén como emblema heráldico e semella que orixinariamente era un símbolo de forza, vixilancia e protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cometa que leva o nome dos seus dous descubridores, J. Grigg, que o observou por primeira vez no ano 1909, e J. F. Skjellerup, que o redescubriu en 1922. Estudiouno de preto a sonda Giotto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de adición nucleofílica do carbanión R- sobre un átomo positivo ou un enlace polar. Prodúcese mediante a acción do reactivo de Grignard, e pódense obter ácidos carboxílicos, alcois, aldehidos e outros compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos organomagnésicos do tipo R-Mg-X, onde R pode ser un radical alquílico ou arílico, Mg un átomo de magnesio, e X un átomo dun halóxeno (cloro, bromo ou iodo, principalmente), que se obtén mediante a reacción R-X + Mg D R-Mg-X. Non se poden illar en estado puro porque se descompoñen con facilidade. Prepáranse mediante a mestura de limaduras de magnesio cun haluro orgánico en éter seco e atmosfera de nitróxeno. Empréganse en sínteses orgánicas, xa que reaccionan con case todas as substancias orgánicas agás os hidrocarburos, éteres e certas aminas. Dous reactivos que se usan moito son o ioduro de metil-magnesio (CH3-MGI) e bromuro de etil-magnesio (CH3-CH2-MgBr).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial con sede en Barcelona desde 1962. Formaron parte do grupo Ediciones Grijalbo SA (México), a primeira en establecerse e fundada en 1939 por Joan Grijalbo i Serres (Gandesa 1911 - Barcelona 2002), Editorial Crítica SA, aparecida en 1976, Ediciones Junior SA (1974) e Grijalbo-Dargaud SA (1979). Especializada en best-sellers, libros de autoaxuda e ensaios, en 1989 integrouse en Mondadori e, posteriormente, no grupo Random House Mondadori, xunto con outras editoras como Plaza & Janés, Lumen e Debate.

    VER O DETALLE DO TERMO