"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (75.025 km2; 641.186 h [1992]). A capital é Hwange (42.581 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma que podía estar composta por pedras saíntes, situada sobre os muros ou as portas das fortificacións e sostida por ménsulas, que permitía observar e cubrir as portas de entrada ao recinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
avelaíña.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao N da capital provincial e drenado polo río Torío (1.624 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandería e nos xacementos de hulla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Din Matamoro, formouse en Madrid, Nova York e Roma, e desde 1985 vinculouse a Atlántica. Especializado en pintura e gravado, evolucionou desde o neoexpresionismo e incorporou distintos materiais nas súas obras. Na súa produción destaca a compoñente autobiográfica e a súa estética cambiou coas súas vivencias, que incorporou ás súas obras. Empregou o gran formato cunha figuración distorsionada e cunha importante presenza da materia pictórica con cores fortes e brillantes. Trala súa estancia en Nova York, incorporou elementos do neopop e experimentou con materiais diversos como o látex. Explorou coa luz, a cor e a materia, mesturadas coas alusións ao cine como metáfora da lembranza (Pantallas, 1993). Da súa produción destacan Depuradora (1987), Eigthies (1988-1989), Coiro (1989), El agua se agitó y se puso blanca (1996), Bar (1996-1997) e Un par de versos I (1997). Recibiu a segunda medalla da Bienal de Pontevedra en 1990 e a súa obra está presente, entre outros, no...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de matar.
-
Operación de matar o porco, despezalo e preparar a carne para a súa conservación, salgándoa ou elaborando embutidos.
-
Época do ano en que se mata o porco.
-
Produtos que se obteñen da carne do porco despois de realizar a mata.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada na costa N da illa de Tenerife (7.053 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de vide, plátanos, tomates e con algunhas industrias vinícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias da Esperela e A Fontaneira (Baleira). O seu cumio acada os 915 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Cuba, situada ao N da illa, fronte o estreito de Florida (124.754 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (11.978 km2; 654.516 h [estim 1998]). A capital é Matanzas.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Instalouse en Galicia, onde cultivou unha pintura realista. Destacan os seus retratos Antonio Rosón (1993), Castelao, S.M. El Rey Don Juan Carlos I (1993), Manuel Fraga Iribarne e Ramón Piñeiro (1995), ademais das súas visións urbanas recollidas na mostra Retratos e Perspectivas Urbanas, das que sobresae Vista de Bilbao. Recibiu o Premio Nacional de Pintura de Venezuela (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Médico malo.
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente, fillo de Xoán VI Cantacuceno. Foi asociado ao trono en 1353 e trala abdicación do seu pai (1355) mantívose no poder ata a loita cos serbios, na súa tentativa de apoderarse de Macedonia (1357). Foi feito prisioneiro e aceptou o despotado de Mistra, xunto co seu irmán Manuel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Apóstolo e evanxelista. De nome orixinario Leví, a súa profesión foi a de recadador de impostos en Cafarnaum ata que decidiu seguir a Xesús Cristo, quen lle adxudicou o nome de Mateo. Escribiu o primeiro dos Evanxeos e trala dispersión apostólica evanxelizou Etiopia. É o patrón do banqueiros. Na súa iconografía represéntase con túnica talar e palio, un libro aberto ou unha pluma na man, un home (atributo persoal, símbolo do seu Evanxeo, que comenza coa xenealoxía humana de Xesús Cristo) e unha macheta, un coitelo, unha lanza ou unha fouce, supostos instrumentos do seu martirio. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á nai e ao fillo.
-
Hospital especializado na atención ás mulleres embarazadas e aos nenos pequenos.
-
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Francesc Uetam, debutou en 1869 como virtuoso do baixo. En 1877 actuou no Teatro Imperial de Peterburgo e iniciou a súa brillante carreira internacional. O seu repertorio incluía óperas de Gounod, Meyerbeer, Rossini e Bellini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista. Estivo activo no segundo cuarto do s XV na corte de Don Duarte, en calidade de preceptor do futuro rei Afonso V. A súa única obra coñecida é De bello Septensi (1460).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Apóstolo. Proposto como un dos candidatos para substituír a Xudas Iscariote, foi designado por sorteo polos apóstolos. Evanxelizou Xudea e morreu lapidado diante do templo de Xerusalén. Na súa iconografía viste túnica e palio e leva unha machada, unha corda ao pescozo ou nas mans, pedras e dous cravos, supostos instrumentos do seu martirio. A súa festividade celébrase o 14 de maio.