"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 1083?) Nobre, filla do conde Balduíno V. Casou con Guillerme I ; de Inglaterra o Conquistador e atribuíuselle a autoría do Tapiz de Bayeux.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Helfta, Saxonia 1241 - 19.11.1298) Mística. Pertenceu ao mosteiro cisterciense de Helfta e recolleu as súas experiencias místicas e a súa devoción ao Sagrado Corazón de Xesús na obra Liber specialis gratriae. Non foi canonizada, pero é venerada como santa. A súa festividade celébrase o 19 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(1080 - Westminster 30.4.1118) Raíña de Inglaterra, muller de Enrique I de Inglaterra e filla de Margarida de Escocia. Tivo sona pola súa caridade e fundacións. A súa festividade celébrase o 30 de abril.
-
PERSOEIRO
Raíña de Xermania, esposa de Enrique I de Alemaña e nai de Odón I. Dedicouse a facer obras de caridade ata o seu retiro ao convento de Quedlimburg, que ela mesma fundara. Iconograficamente represéntase con vestidos de realeza e coroa imperial na cabeza. Como atributos leva unha maqueta dunha igrexa na man (por ser fundadora de igrexas, hospitais e mosteiros), unha bolsa con cartos para repartir cos pobres e vai cun neno ao lado, o seu fillo Odón. A súa festividade celébrase o 14 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Traballou como redactor curricular para a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Vía Láctea e Bahía Edicións. Foi un activo colaborador do colectivo De Amor e Desamor, co que entrou en contacto en 1984. Participou en antoloxías e libros de autoría colectiva como Alén (1977), con X. R. Pena e P. Salinas, De Amor e desamor 1 (1984), De Amor e desamor 2 (1985) e Homenaxe a González Garcés (1991). Como ensaísta publicou diversos traballos sobre autores galegos como Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Manuel María (Edipo, 2003), Ramón Cabanillas e Antón Avilés de Taramancos, e os ensaios A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (1991), estudo sobre a poesía galega contemporánea, e A escrita da terra (Premio Espiral Maior de Ensaio, 1998). Tamén participou na realización de guións para medios audiovisuais sobre Álvaro Cunqueiro (Don Cunqueiro ou O camiño da memória, 1991), Luís Pimentel e Eduardo Pondal, e escribiu o libro de poesías O whiskey na barrica (Premio Fiz Vergara...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi fundador e director do xornal El Eco Villalbés. Interesouse pola historia da súa terra natal e publicou en xornais rexionais. Das súas obras destacan El partido de Villalba en la guerra carlista (1904), Estudio histórico sobre algunos monasterios antiguos en el norte de Galicia. Sede britoniense y el origen de Mondoñedo (1905) e El asedio de Villalba (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Cultivou a escultura, o gravado, a cerámica e a pintura, caracterizada polo uso de imaxes fragmentadas nun ambiente predominantemente abstracto. Destaca o traballo Earth (1998) dentro da serie Patróns xenéricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa xaponesa creada en 1935 en Osaka. A súa actividade comprende o sector de equipamentos eléctricos e electrónicos, especialmente de bens de consumo. Na década de 1970 orientouse cara ao campo da informática (Quasar Electronic) e iniciou a captación do mercado europeo. Emprega os nomes comerciais de Technics, National e Panasonic. En España adquiriu a antiga firma Anglo (1973) e constituíu a National Panasonic, que se transformou posteriormente en Panasonic SA.
-
PERSOEIRO
Pintor chileno. Formouse como arquitecto (1931) e marchou a Europa en 1933, onde traballou con Le Corbusier e Gropius en París e, xunto con Josep Lluís Sert, no Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. A través de S. Dalí e F. García Lorca entrou en contacto co movemento surrelista. A súa obra pictórica evocaba espacios oníricos poboados por seres fantásticos, cun tón de denuncia moi acusado. Da súa obra destaca Nacimiento de América e La Ajenidad. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e mosaicista italiano. O seu estilo, dun movemento parecido ao de A. Pollaiolo, caracterizouse por unha intensidade dramática de gusto xermánico. Traballou en Siena, onde realizou o retablo de Santa Bárbara (1479) para a igrexa de San Domenico e dúas versións de La Strage Degli Innocenti, unha para a igrexa de Sant Agostino (1482) e outra para a de Santa Maria dei Servi (1491). Como mosaicista traballou no pavimento da catedral de Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Considerado un dos mellores extremos dereitos do mundo e coñecido como “o mago do regate”, debutou na Premier League inglesa en 1932. Xogou 54 partidos internacionais coa selección inglesa, entre eles os dos mundiais de 1950 e 1954. Elixido en 1956 como o mellor futbolista de Europa, foi o primeiro xogador en recibir o Balón de Ouro e o primeiro deportista británico en recibir o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático italiano. Secretario e embaixador do duque de Mantua, foi capturado polos franceses e enviado a prisión en Pinerolo (1679) e despois á Bastilla. Identificouse como o prisioneiro coñecido como a Máscara de Ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Da súa produción destacan Los Abel (1948), Pequeño teatro (1954, Premio de la Crítica Española e Premio Planeta), Los hijos muertos (1958, Premio Nacional de Literatura), Primera memoria (1958, Premio Nadal 1959), Los soldados lloran de noche (1967, Premio Fastenrath de la Real Academia Española), La torre vigía (1971), Olvidado rey Gudú (1996) e Aranmanoth (2000). Tamén destacan o conto Los niños tontos (1956) e a narración infantil Solo un pie descalzo (1983, Premio Nacional de Literatura Infantil 1984). Ingresou na Real Academia Española en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi senador (1977-1982) e deputado (1982-1985) por Alianza Popular. Militante do PP, foi elixido eurodeputado, portavoz no Parlamento Europeo (1994-1996) e ministro de Asuntos Exteriores (1996-2000). Como empresario promoveu empresas de turismo, aviación, banca e biotecnoloxía. Pertence o comité de honor do Real Instituto de Estudios Europeos e foi nomeado membro honorífico da Academia Filipina de la Lengua Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Christian-Jacque, a maioría da súa obra vincúlase co xénero historicista. Dos seus filmes destacan Le bidón d’or (1932), La Chartreuse de Parme (1948), Barbe-Bleue (1951), La seconde vérité (1966), La vie parisienne (1977) e Carné, l’homme à la caméra (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor austríaco. Formouse na academia de Viena, onde posteriormente foi profesor. Influído por Giambattista Pittoni, pintou nun estilo rococó caracterizado por un sfumato vibrante e unha gran liberdade de concepto. Traballou en grandes decoracións en Austria, Bohemia, Moravia e Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Flaubert dirixiu a súa vocación literaria e Turgenev orientouno na técnica novelística. A primeira obra destacada, Boule de Suif (1880), levouno a dedicarse de cheo á literatura. Practicou un tipo de novela naturalista, onde destacan os relatos curtos La maison Tellier (1881), Contes de la bécasse (1883), Contes du jour et de la nuit (1885) e Le Horla (1887). Tamén publicou as novelas Una vie (1883), Bel-ami (1885), Mont Oriol (1887) e Pierre et Jean (1888), así como a peza teatral La paix du ménage (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir, irmá xemelga de santa Bríxida de Irlanda. Viaxou a Roma coa súa irmá na procura do seu irmán e seguiron a peregrinación a Xerusalén. Á volta desembarcaron en Marsella e foron asasinadas por uns salteadores de camiños. As súas reliquias quedaron no actual Nogent porque as vacas que as transportaban pararon no lugar de forma súbita. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francesa. Célebre pola súa caridade, segundo a lenda a auga que serviu para lavar o seu cadáver transformouse en leite. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado liberal por Mallorca en 1881, co apoio do goberno liberal e dos sectores conservador e católico da illa. Como ministro de Ultramar (1892-1894) proxectou unha serie de reformas administrativas para Cuba e Filipinas nas que concedía unha certa autonomía para contrarrestar a insurrección, pero a protesta das Cortes obrigouno a dimitir. Ministro de Gracia e Xusticia (1894-1895) e da Gobernación (1902-1903), desde este cargo permitiu o triunfo electoral dos republicanos nas grandes cidades, asinou a constitución do Instituto de Reformas Sociais e lanzou o proxecto de reforma da administración local. Líder do Partido Conservador desde novembro de 1903, presidiu o goberno entre decembro de 1903 e decembro de 1904. No período 1907-1909 volveu á presidencia e conseguiu a aprobación do proxecto de reconstrución naval (1908), ao tempo que apoiou o caciquismo electoral e tentou impoñer unha lei especial contra o terrorismo. A extensión da oposición republicana despois dos feitos...
VER O DETALLE DO TERMO