"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Doutor en medicina, investigou sobre a estrutura e a natureza coloidal do protoplasma, sobre os equilibrios físico-químicos nas células vivas, sobre a regulación térmica nos organismos e sobre os efectos fisiolóxicos dos gases de combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte alemán. Centrou os seus estudios na arte hispánica e publicou El Greco (1911) e Geschichte der Spanischen Malerei (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Membro destacado da segunda xeración da escola marxinalista austríaca, foi autor de estudios sobre teoría dos precios. A súa obra principal foi Der Erkenntniswert der funktionellen Preistheorie (Valor científico da teoría funcional do precio, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Foi director do observatorio de Göttingen. Entre 1753 e 1761 fixo numerosas observacións dos movementos da Lúa, que foron publicadas en 1770, e elaborou un catálogo estelar, que contiña un millar de estrelas zodiacais. En 1761 estableceu unha fórmula para calcular e corrixir as desviacións instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi mestre de Donizetti, e compuxo oratorios, La Passione (1794) e Samuele (1821); e óperas, L’ amore coniugale (1805) e Medea in Corinto (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Iraq (16.072 km2; 524.200 h [estim 1991]). A capital é Al-’Amāra (208.797 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (23.833 km2; 2.718.129 h [estim 2001]). A súa capital é Sārī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce que se elabora cunha masa feita con améndoas crúas, peladas e moídas e azucre, que se coce no forno xeralmente en moldes de figuriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mazaricos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mazaricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo neoclásico, data de finais do s XVIII e principios do s XIX e ten planta de cruz latina cunha soa nave. A capela maior presenta planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón apuntada reforzada cun grande arco triunfal. A ábsida complétase cun retablo barroco que tapa o fondo e as capelas laterais comunícanse coa nave central por medio de arcos apuntados. No exterior destaca a torre de planta cadrada dividida en tres corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Sinaloa, situada en México (380.509 h [2000]). É o principal porto mexicano da costa pacífica, e un importante núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia   no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Vinculada ao grupo Atlántica nos seus comezos, empregou unha estética neoexpresionista cun tratamento primario da cor e unha exaltación cromática para manifestar a brutalidade do ser humano animalizado. Indagou na condición bestial do home a través do retrato e evolucionou cara a composicións simbólicas cun atenuamento da cor. Nas súas obras destacan os motivos animais, sobre todo os cans, aínda que a partir da década de 1990 se interesou polas impresións dixitais. Da súa obra destacan Mans ávidas (1986) e O comedor de terra (1987-1988), e o libro Repertorio (no clasificado) de amores que dejan huella (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta croata. Desde 1848 ocupou altos cargos políticos. Foi considerado como o primeiro poeta épico croata, e da súa produción destaca Osman (1842), aínda que se deu a coñecer pola epopea Smrt Smail-aga Čengijića (A morte de Smail-aga Čengijića, 1846), libro inspirado na poesía popular e escrito en versos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Parmigianino, formouse con Il Corregio e en 1524 trasladouse a Roma, onde recibiu influencias de Rafael. Destacou como debuxante e retratista e influíu na escola de Fontainebleau. Pintou os frescos da igrexa de San Giovanni en Parma (1522), Autoritratto allo specchio convesso (1523-1524), Sacra Famiglia (1524) e a Visione di San Girolamo (1526) en Roma, Madonna della rosa en Boloña, Madonna dal collo lungo (1534-1540) en Parma e La cortigiana Antea (1535).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liwās de Xordania (36.141 km2; 95.550 h [1999]). A súa capital é Ma’ān (24.500 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Anhui, China, situada á beira S do río Iang-Tsé, a uns 35 km augas abaixo de Wuhu (350.421 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Swazilandia e do distrito de Hhohho, situada ao O do país (60.000 h [1998]). Destaca a industria de elaboración de papel e da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO