Mazzola, Francesco

Mazzola, Francesco

Pintor. Coñecido como Il Parmigianino, formouse con Il Corregio e en 1524 trasladouse a Roma, onde recibiu influencias de Rafael. Destacou como debuxante e retratista e influíu na escola de Fontainebleau. Pintou os frescos da igrexa de San Giovanni en Parma (1522), Autoritratto allo specchio convesso (1523-1524), Sacra Famiglia (1524) e a Visione di San Girolamo (1526) en Roma, Madonna della rosa en Boloña, Madonna dal collo lungo (1534-1540) en Parma e La cortigiana Antea (1535).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Parma

  • Deceso

    Lugar : Casalmaggiore, Lombardia