Mazaricos, San Xoán de

Mazaricos, San Xoán de

Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo neoclásico, data de finais do s XVIII e principios do s XIX e ten planta de cruz latina cunha soa nave. A capela maior presenta planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón apuntada reforzada cun grande arco triunfal. A ábsida complétase cun retablo barroco que tapa o fondo e as capelas laterais comunícanse coa nave central por medio de arcos apuntados. No exterior destaca a torre de planta cadrada dividida en tres corpos.