"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Emisión de radiacións luminosas baseada na excitación de átomos ou de moléculas por acción térmica. Ten lugar en corpos a alta temperatura e é característico de cada substancia, como as estrelas, o sol ou o filamento de wolframio atravesado por corrente eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de incidir.

    2. Feito ou suceso que ocorre no desenvolvemento dun asunto.

      1. Choque contra unha superficie de elementos como un proxectil ou unha radiación.

      2. ángulo de incidencia

        Ángulo formado pola súa dirección de propagación e a normal á superficie no punto mencionado cando incide un proxectil ou unha radiación sobre un punto dunha superficie.

      3. punto de incidencia

        értice do ángulo de incidencia.

    3. Medida en que un suxeito económico é afectado polas obrigas tributarias.

    4. Repercusión efectiva da imposición fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de clemencia.

    2. Rigorosidade do clima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de coherencia.

    2. Acto ou dito incoherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de incompetente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inconguente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou estado de inconsciente.

    2. Feito ou dito propio de quen é inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incoherencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inconsistente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inconstante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de incontinente.

    2. Emisión involuntaria, aínda que consciente, dunha materia biolóxica -como  ouriños, excrementos ou seme-, normalmente baixo a influencia da vontade. A incontinencia máis frecuente é a da urina, denominada enurese.

    3. Tendencia a falar de máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inconveniente.

    2. Acto ou dito inconveniente.

    3. Aspecto negativo ou desventaxoso que presenta algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción, función, interese ou obriga que é competencia dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de indecente.

    2. Dito ou feito indecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de independente.

      1. Situación ou condición de independente.

      2. Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.

    2. Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se dean A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente, é dicir, P(A3B) = P(A) · P(B). Cando iso se cumpre, os acontecementos A e B denomínanse independentes.

    3. Propiedade da que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).

    4. Relación entre un conxunto de vectores nun espazo vectorial E sobre un corpo C,  tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos. Os vectores son, daquela, linealmente independentes. Un conxunto de vectores linealmente independentes pódese ampliar para formar unha base dun espazo vectorial. A propiedade oposta á independencia lineal é a dependencia lineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (2.006 km2; 39.541 h [1993]). A súa capital é Jimaní (2.315 h [1975]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado sostido polos españois fronte á invasión napoleónica, entre 1808 e 1814. A entrada de tropas francesas en territorio español con destino á invasión de Portugal provocou o descontento popular, que se reflectiu no estoupido do Motín de Aranjuez (17-18 de marzo de 1808). A revolta converteuse en guerra tralas abdicacións en Baiona dos monarcas españois (2-6 de maio), que culminou co levantamento do pobo de Madrid o 2 de Maio. Durante o mes de xuño a insurrección estendeuse por todo o país. Xunto ás tropas españolas, que contaban co apoio británico, loitaba un movemento guerrilleiro coñecido en España como tal desde este conflito. A derrota do exército francés na Batalla de Bailén (19 de xullo) provocou o abandono do trono de Xosé I Bonaparte, proclamado rei por Napoleón, e a intervención directa deste no conflito. Coa derrota francesa na Batalla dos Arapiles (xullo de 1812) comezou a grande ofensiva hispano-inglesa, que culminou coas vitorias de Vitoria e San Marcial. Trala...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é sospeitoso de ter cometido un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar indicios dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO