"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Xurista. A súa obra, que revela unha cultura literaria e filosófica extraordinaria, comprende os sete libros das Institutiones, os tratados De appellationibus, De publicis iudiciis e De delatoribus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Tracia, preto da actual Provadija (Bulgaria), que fundou Traxano en honor da súa irmá Marciana. Estivo poboada por gregos, romanos e tracios, e formou parte da Mesia Inferior. Foi asediada polos godos en 248, e caeu fronte aos búlgaros, que a arruinaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado na Ribera e drenado polo río Aragón (2.548 h [2001]). Posúe agricultura e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Mestre en San Martiño Pinario, ocupou a cátedra de Sagrada Escritura na Universidade de Santiago de Compostela (1601-1617). Provocou unha polémica teolóxica ao defender a comuñón diaria. Escribiu Paraphrasis inter Texta Editioni Vulgatae in Pentateuchum (1610) e Index consanguinitatum et affinitatum (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido de orixe galega Marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador cristián, fillo do bispo de Sinop. Despois de ser excomungado (144) estableceuse en Roma, onde fundou a Igrexa Marcionita e predicou que os cristiáns adulteraran os Evanxeos e os escritos de san Paulo con ensinanzas xudaicas. Combatido pola ortodoxia eclesiástica, os seus escritos coñécense a través das refutacións doutros escritores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Marción ou aos marcionitas.

    2. Membro da Igrexa fundada por Marción (s II), que se estendeu polo Imperio Romano, Arabia e Persia. Persistiron ata o s V, cando foron absorbidos polo maniqueísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra chantada na terra que sinala os lindes entre propiedades, os límites dun territorio ou as distancias nunha vía de comunicación. Na tradición oral recóllense ditos como: “De marco a marco non hai arco”.

      1. Armadura fixa en que se encaixa unha porta ou ventá.

      2. Armazón que rodea un cadro, espello ou obxecto similar, e que serve para reforzalo ou adornalo.

    2. Espacio ou ambiente en que se desenvolve ou integra algo.

      1. Unidade ponderal, cun peso real variable segundo o lugar, que se estableceu na Idade Media para substituír a libra como base para a talla das moedas. Equivalía a media libra, 230 g aproximadamente.

      2. marco alemán

        Unidade monetaria do Imperio Alemán que se constituíu en 1871 como principal unidade (Mark). Dependeu do patrón ouro ata a Primeira Guerra Mundial e en 1924 foi substituído polo Reichsmark (RM), e en 1948 polo Deutsche Mark (DM) como principal unidade monetaria da República Federal de Alemaña cunha equivalencia igual a 0,222168 g de ouro fino. Dividíase en 100 pfennige e en 1973 incorporouse ao sistema de flotación concertada de diversas moedas europeas respecto do dólar de EE UU. O proceso de unificación monetaria europea provocou a súa desaparición o 31 de decembro de 2001. O tipo de cambio oficial co euro estableceuse en 1,95583 marcos alemáns.

      3. marco finlandés

        Unidade monetaria finlandesa (Fmk) que se dividía en 100 penniä. O proceso de unificación monetaria europea provocou a súa desaparición o 31 de decembro de 2001 e o tipo de cambio oficial co euro estableceuse en 5,94573 marcos finlandeses.

    3. Principio artístico polo que, na escultura e a pintura, a estrutura do contorno se impón e englóbao todo desde o espazo que delimita, subordinando formas, canons, proporcións ou escenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo masculino Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Meavía (Forcarei) e Ribela (A Estrada). O seu cumio acada os 633 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Loitou en Galia (54-50 a C) baixo o mando de Caio Xulio César, con quen comandou as tropas na Batalla de Farsalia (48 a C). Desde o 44 a C compartiu consulado con César e tralo asasinato deste, formou parte con Augusto e Marco Emilio Lépido do Segundo Triunvirato (43 a C), co que concluíu a República Romana. Protagonizou unha violenta represión en que morreu Marco Tulio Cicerón e derrotou os asasinos de César, preto de Filipos (42 a C). Despois de renovar o triunvirato quinquenal (38 a C), do que se excluíu a Lépido en 36 a C, repartiu con Augusto o control do Imperio Romano mentres Antonio quedou coa parte oriental. Casou coa irmá deste, Octavia, pero ao seu regreso a Exipto, renunciou a ela por Cleopatra VII. Baixo a influencia de Cleopatra VII transformouse nun príncipe cada vez máis asiático. Desde Roma iniciouse entón unha campaña encabezada por Augusto para desprestixialo e tivo lugar unha guerra cando en 34 a C proclamou a Cesarión (fillo de Cleopatra VII) como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e crítico musical. Estudiou violín e composición en España e Alemaña. En 1967 foi axudante de Stockhausen na composición colectiva Ensemble. Dirixiu o Organismo Autónomo Orquesta y Coro Nacionales de España (1981-1985), a Orquesta Nacional (1991-1995) e o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM). Autor de máis de 120 obras, recibiu o Premio Nacional de Música (1969 e 2002) e foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador (161-180) e filósofo. Membro dunha familia orixinaria de Hispania, foi cuestor (138-139) e cónsul (140). Casou con Faustina, filla de Antonino Pío ao que sucedeu, xunto con Lucio Aurelio Vero, trala súa morte (161). Interesado polos traballos intelectuais e filosóficos, durante o seu goberno reforzou a centralización administrativa e o poder imperial, reformou as leis penais e reduciu os impostos. Defendeu as fronteiras do Imperio Romano fronte a diversos ataques de marcomanos, vándalos e sármatas e conquistou Mesopotamia (165). En 177 asociou o trono ao seu fillo Lucio Aurelio Cómodo. Seguidor da doutrina estoica, adquiriu o hábito de interrogarse respecto aos seus actos, orixe dos libros Tἀεις εαυτὁν (Meditacións) onde, baixo a máxima de vivir segundo a natureza, examina as cuestións referentes ao natural e ao sobrenatural, á vida, á morte, á virtude e ao vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Barcia do Seixo (A Lama) e Couso (Avión). O seu cumio acada os 920 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que separa as parroquias de Pousada (Baleira) e Furís (Castroverde). O seu cumio acada os 942 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sendelle (Boimorto). Ten planta en escuadra e o acceso faise mediante unha porta baixo arco, que contén un pequeno escudo e unha inscrición coa data de construción de 1614. Pertenceu á liñaxe dos Codesido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cercio (Lalín). O seu cumio acada os 530 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e armador. Estableceuse en Vigo en 1750 e dedicouse á compra e venda dos botíns acadados polos buques corsarios que abordaban aos británicos. Constituíu unha empresa navieira (1760) e construíu a primeira fábrica de salgadura de Galicia (1767?). En 1773 obtivo de Carlos III as primeiras concesións para comerciar coas Antillas. As súas boas relacións permitiron que en 1783 o porto de Vigo se abrise ao comercio con Montevideo e Bos Aires e, desde 1794, ao libre comercio con toda América. Rexedor de Vigo, promoveu a construción da igrexa parroquial de Santa María de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Oirós (Vila de Cruces). Presenta unha cámara poligonal de reducidas dimensións que está constituída a partir de nove lousas chantadas, na superficie dunha das que se localizou uns gravados de liñas ondulantes e a representación dun motivo solar. O achado máis relevante do xacemento foi un enxoval que está formado por restos de cerámica lisa e de tipo campaniforme, e un disco perforado. No contorno foron identificadas un total de quince mámoas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO