"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que se asemella a un opérculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • amiotonía conxénita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización político-militar de europeos residentes en Alxeria, fundada para opoñerse á independencia da colonia. Cando o goberno francés e o Front de Libération Nationale asinaron o armisticio de marzo de 1962, intentou frear o éxodo de pieds-noir cara a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que ten como finalidade ditar as normas pertinentes para facilitar o intercambio de bens e servizos, e de desenvolver o traballo conxunto no campo intelectual, científico, técnico e económico. Creada en 1946, substituíu a International Standard Associaton (ISA), que fora fundada en 1926. Das súas propostas de normalización internacional destacan o sistema de transliteración de alfabetos non latinos (como o árabe, o grego, o cirílico ou o hebreo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Orixe, destaca a obra poética, iniciada na preguerra cos poemas de Barne muinetan (No interior da medula, 1934) e continuada despois na mesma liña de poesía mística, de gran rigor formal. É autor do poema épico “Euskaldunak” (Os vascos, 1950), influído por F. Mistral, ao que traduciu ao éuscaro. Fixo tamén versións dos Salmos (1967) e das Confesións de Santo Agostiño (1956), e escribiu Jainko billa (Na procura de Deus, 1971), un ensaio de apoloxética relixiosa publicado postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Establecido en EE UU desde 1920, iniciouse como director en 1924, e dirixiu a orquestra de Nova York e a Minneapolis Symphony Orchestra. En 1938 sucedeu a L. Stokowski á fronte da Philadelphia Orchestra, que dirixiu ata 1980 e na que desenvolveu un son cálido moi característico, coñecido como son de Philadelphia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ahura Mazdā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano sasánida de Persia. Sucedeu a Cosroes I de Persia e foi mal visto polos nobres pola súa tolerancia cos cristiáns e as clases populares. Durante a guerra contra Bizancio (581-590) o xeneral rebelde Bahrām Čobēn traizoouno e foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Agregado de filosofía, durante moitos anos compaxinou o seu traballo na UNESCO cun posto en diversos ministerios. Director do xornal Le Figaro (1972-1976), na súa obra alternou lembranzas poetizadas da súa vida, como en Du côté de chez Jean (1959), Au revoir et merci (1966), Le vagabond qui passe sous une ombrelle trouée (1978), con novelas como L’amour est un plaisir (1956), La gloire de l’Empire (1971, Prix de l’Académie Française), Au plaisir de Dieu (1974, Prix Balzac), Dieu, sa vie, son oeuvre (1981) ou Le vent du soir (1985). Galardoado co Premio Chateaubriand (1984) polo conxunto da súa obra, foi elixido membro da Académie Française (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia e illa de Leyte, Filipinas, que está situada na parte occidental da illa (129.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título da familia angloirlandesa dos Butler. Foi condado desde 1328, marquesado a partir de 1642 e ducado desde 1682. James Butler (1305-1338) recibiu o título de conde de Ormonde de mans de Eduardo III de Inglaterra. Desde entón a liñaxe ocupou cargos de importancia no goberno inglés de Irlanda e xeralmente foron leais á coroa inglesa. Destacou James Butler (1610-1688), XII conde e I duque de Ormonde, que foi membro do futuro Carlos II. Foi gobernador xeral de Irlanda e esforzouse por desenvolver o comercio e a industria irlandesa. O seu neto James Butler (1665-1745), II duque de Ormonde, foi un dos homes máis poderosos da administración tory de Inglaterra; foi gobernador xeral de Irlanda (1703-1707 e 1710-1713) e xefe das forzas británicas que loitaron na Guerra de Sucesión Española (1711).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ahura Mazdā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar situado entre Irán, ao N, e a península de Omán, ao S, que une o Golfo Pérsico co mar de Arabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Éster de fórmula xeral HC(OR) 3 que deriva do hipotético ácido ortofórmico.

    2. Líquido que ferve a 143°C e se emprega na preparación de acetais e na síntese de aldehidos por reacción de Grignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido hipotético do que derivan formalmente os ortoformiatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao subconxunto ortogonal de vectores nun espazo vectorial que ten como norma a unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ortonormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ortogonalización que determina unha base ortogonal e normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Pequena Armenia (1308-1320), irmán e sucesor de León IV. Intentou obter alianzas en Occidente, pero tivo que loitar só contra os mongois e os mamelucos. Sucedeuno León V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, político e historiador da arte, duque de Osma. Formado na Sorbonne e en Oxford, foi diplomático (1877-1891), deputado en Cortes polo distrito de Monforte de Lemos co Partido Conservador (1891-1919) e senador vitalicio (1919). Foi ministro de Facenda (1903-1904 e 1907-1908) con Antonio Maura e presidente do Consello de Estado. En 1916 fundou en Madrid o Instituto de Valencia de Don Juan que contén cerámica hispano-arábiga, armas, numismática e unha importante biblioteca especializada.

    VER O DETALLE DO TERMO