"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Museo de titularidade estatal inaugurado en 1932 en Madrid, a partir da doazón realizada por Clotilde García del Castillo de obxectos persoais e obras do seu marido, Joaquín Sorolla. O primeiro director do museo, fillo do pintor, incrementou os fondos cunha nova doazón (1941) e, desde 1982, o Estado foi o encargado de realizar novas adquisicións para completar a colección. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro califa abbásida (1242-1258). Foi derrotado e executado polo mongol Hülegü.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesca Romana Rivelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos poemas árabes (s VI) considerados o máximo expoñente da literatura preislámica. Destacan as sete casidas de Imru’al-Qays, Tarafa, ’Antara ibn Šaddād, Zuhayr, Labīd, ’Amr ibn Kultūm e Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ ārit ibn Hilli Palatino; Palatino;ẓ a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político afgán. Estudou medicina e ingresou na política a raíz da caída do Rei Zāhir Shāh (1973). Foi membro do partido comunista Partido Democrático Popular de Afganistán, ministro de Información (1979) e presidente en 1987. Negociou a retirada das tropas soviéticas do país (1989) e en 1992 dimitiu ante o estado de guerra civil do país. Foi capturado e executado polas milicias talibás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfredo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Naseby (Northampton, Inglaterra) o 14 de xuño de 1645, durante a Guerra Civil inglesa, en que os parlamentarios, dirixidos por Fairfax e Cromwell, venceron aos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compoñente graxo do leite.

    2. Preparación culinaria usada fundamentalmente en repostería, aínda que tamén nalgúns tipos de alimentos de sobremesa. En repostería emprégase a crema inglesa, especialidade de consistencia lixeira feita con leite, xemas, azucre e aromatizada con vainilla, que se utiliza para facer xeados e como salsa para acompañar tartas. Dela derívanse, entre outras, a crema pasteleira, máis espesa, con fariña e, polo xeral, perfumada con canela e limón, que constitúe o recheo propio das canas ou dos brazos de xitano; a crema muselina, máis doce e con adición de manteiga, que serve de recheo en pasteis e tartas; as distintas cremas de manteiga, emulsións de manteiga con xema ou merengue e a chantilly, nata montada azucrada. As cremas das sobremesas adoitan ser espesas e poden estar aromatizadas con café, chocolate ou outro ingrediente. Unha das máis representativas é a crema catalana, que se recobre con azucre e se queima superficialmente nunha prancha.

    3. Licor espeso que ten unha cantidade de azucre superior ao 30%. Algunhas cremas de licor como a de café, cacao ou whisky levan, ademais, crema de leite. É unha bebida, en xeral, alcohólica. A máis popular é a crema irlandesa, un licor pastoso de 20 graos de contido alcohólico, con sabor a crema de leite e chocolate, que a casa Bailey’s popularizou con grande éxito na década de 1980, aínda que tamén existen outras marcas representativas que elaboran o mesmo tipo de licor.

    4. Emulsión semisólida de aplicación farmacéutica e cosmética. Está constituída por unha fase lipoide, que pode conter triglicéridos, ceras, alcohois e ácidos graxos, e unha fase acuosa. Os principios activos poden estar contidos en calquera das dúas fases, segundo a solubilidade e a acción que se queira obter.

    5. Pasta composta de ceras naturais ou sintéticas, parafinas e ceras microcristalinas plásticas, con disoventes orgánicos e colorantes que se emprega para distintos fins, como lustrar os zapatos.

    6. Preparación culinaria de textura fina e continua coa que se preparan as sopas e purés e que se obtén machucando os alimentos que a elaboran.

    7. Conxunto do mellor e máis selecto dalgunha cousa.

    8. Cor branca amarelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coitelo en que a folla se pode dobrar para que o gume quede gardado nunha fendedura practicada no mango.

    2. Molusco lamelibranquio da superorde dos eulamelibranquios, coa cuncha alongada, curvada, de forma tubular e duns 10 a 15 cm de lonxitude, que cando está pechada se asemella a unha cana ou ao mango dunha navalla. Habita na area lamacenta, onde escava canles de ata 1 m de profundidade. É comestible e moi apreciada en gastronomía. Prepárase, normalmente, ao vapor cun pouco de limón ou á prancha, despois de deixala macerar en allo, pirixel, sal e aceite.

    3. Calquera molusco da familia dos solénidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá cunha navalla.

    2. Ferida producida cunha navalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao N do Guadiana, onde se forma o encoro de Orellana (4.829 h [2001]). A economía baséase nas actividades do sector primario, do que destaca a agricultura, co cultivo predominante de cereais. As devesas de pastos facilitaron o desenvolvemento do gando de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Esmeriz (Chantada). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multitude de negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do golfo de Bengala situado en India (1.725 km2; 14.600 h [1980]). Xunto coas illas Andaman, forman o territorio de Andaman e Nicobar, e son a continuación da cordilleira birmana. O clima é caloroso e están cubertas de bosque e de sabana. A poboación é moi variada pero quedan poucos aborixes de raza paleomongoloide, de lingua do grupo mon-khmer. Os habitantes concéntranse en Great Nicobar, a illa máis montañosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    illas Nicobar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou en Barcelona e París. Das súas obras para piano destacan Danse ibérienne (1926), Chaîne de valses (1927), Message à Debussy (1929) e Berceuse pour les orphelins d’Espagne (1939). Tamén compuxo música de cámara, obras para canto, o ballet L’écharpe bleue (1937) e escribiu os libros Pour l’art (1909) e Idées et commentaires (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prancha metálica en forma de cono truncado que envolve os nivómetros a curta distancia para evitar remuíños de vento no seu interior, especialmente nos lugares fríos onde a neve cae moi seca e é transportada facilmente polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO