"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Afección notable á música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é moi afeccionado á música, especialmente como oínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro cisterciense situado en Melón. O primitivo cenobio fundouse no s XII e a súa orixe confundiuse con frecuencia coa do mosteiro de Santa María de Bárcena. A súa construción foi similar á do mosteiro de Santa María de Oseira, aínda que con dimensións máis reducidas, e un ano despois que aquel, incorporouse (1142) á orde do Císter, baixo a dependencia de Clairvaux. A primeira referencia documental do templo data de 1158, cando se produciu unha doazón ao mosteiro da condesa Froila Fernández. Afonso VII dotou o mosteiro de numerosos bens como o couto de Melón e o monte Verdugo; as posteriores doazóns dos monarcas Fernando II e Afonso VIII, así como a concesión do reguengo de Vigo en 1176, convertérono nun dos cenobios máis destacados de Galicia, do que dependeron os mosteiros de Santa María de San Clodio e Santa María da Franqueira. En 1506 incorporouse á Congregación de Castela e estivo habitado ata a expulsión dos monxes pola Lei de Desamortización de Mendizábal, en 1835. Despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en San Martín de Montalbán (Toledo). Datada en época mozárabe (ss VII-VIII), pertenceu a un antigo mosteiro situado sobre unha vila romana. Está construída en cantaría e presenta planta cruciforme con ábsida de ferradura. A nave cubriuse cunha bóveda de canón e o cruceiro cubriuse cunha cúpula dun castelo árabe que se edificou enriba da igrexa. Case non presenta decoración exterior. En 2003 inaugurouse nas súas proximidades o Centro de Interpretación de Santa María de Melque. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado unha das figuras do romanticismo estadounidense, escribiu numerosas novelas de aventuras baseadas nas súas experiencias no mar, e contos e poemas, onde explorou temas psicolóxicos e metafísicos. Das súas obras destacan Typee (1846), Redburn (1849), Moby Dick (1851), a súa obra máis coñecida, Pierre (1852), Israel Potter (1855), The Confidence-Man (1857) e a póstuma Billy Budd, Foretopman (1924). Tamén escribiu obras simbolistas, como Mardi (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Jean-Pierre Grumbach, foi unha das referencias dos autores do movemento cinematográfico francés de finais da década de 1950. Destacan os seus filmes Le Silence de la Mer (1945), Les Enfants Terribles (1950), Bob le flambeur (1955) e Un flic (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Describiu a vida e o ambiente dos sectarios do rito antigo Raskol na ribeira do Volga, e tamén o medio despótico e cobizoso dos comerciantes. Compuxo os tres volumes Sbornik postanovlenij otnosjaščikhsja k raskolu (Compilación de todas as disposicións referentes ao cisma, 1860-1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible, que ten unha función fundamentalmente protectora ou de unión.

    2. membrana abdominal

      peritoneo.

    3. membrana adventicia

      Capa externa das arterias.

    4. membrana anal

      Membrana que pecha o extremo anal do intestino embrionario.

    5. membrana bacteriana

      Membrana que recobre o citoplasma bacteriano.

    6. membrana basal/hialina

      Capa delgada e transparente, rica en glicoproteínas, que está situado baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.

    7. membrana basilar

      Porción membranosa do tabique dos condutos do oído interno.

    8. membrana caduca

      decidua.

    9. membrana celular/citoplasmática/plasmática

      Membrana que rodea a célula, delimitando o seu contorno e controlando o seu contido. A membrana plasmática está en contacto co citoplasma (medio interno), e por outro lado, co medio extracelular (medio externo). Os seus compoñentes principais son os lípidos (fosfolípidos, colesterol e glicolípidos), que son os maioritarios, as proteínas (integrais e  periféricas) e os glícidos. A membrana plasmática é unha estrutura semipermeable, asimétrica e dinámica, onde os seus compoñentes teñen posibilidades de movemento proporcionándolle unha certa fluidez. As súas funcións fundamentais son regular o paso de substancias cara ao interior da célula e viceversa, permitindo o paso de nutrientes cara ao interior e a saída de refugallos ao exterior, e illar e protexer a célula e permitir a agregación e a cohesión de células veciñas formando tecidos e órganos. A primeira mención da existencia dunha membrana celular atribúese xeralmente a Theodor  Schwann (1839), nas décadas seguintes...

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao instrumento en que o son é producido mediante a vibración dunha membrana tensa sobre ou dentro dunha cavidade ou orificio, na moderna clasificación organolóxica. O son prodúcese por percusión (tambor), por rozamento (zambomba) ou por sopro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á membrana.

    2. Que ten membrana.

    3. Que é semellante a unha membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Discípulo de Rogier van der Weyde, en Bruxas a súa pintura humanizou, mediante a maneira italiana, o sentido tráxico flamengo. Destacou como retratista e na produción relixiosa. Pintou Die mystische Vermählung der hl. Katharina (As vodas místicas de santa Catarina, 1479), Triptychon des Willem Moreel (Tríptico de Guillerme Moreel, 1484) e Reliquienschrein der hl. Ursula (O relicario de santa Úrsula, 1489).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nota que lembra algunha cousa.

      2. Caderno en que se apunta aquilo que hai que lembrar.

    1. Informe ou nota en que se expoñen datos que hai que ter en conta para un asunto.

    2. Comunicación diplomática, xeralmente sen asinar, mediante a que un goberno lle expón a outro, o estado dun asunto pendente entre eles, co fin de facilitar unha negociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, fillo e discípulo de Alonso de Mena. Artista barroco, tratou a escultura relixiosa, con intenso misticismo e linguaxe naturalista. Baixo a influencia de Alonso Cano, realizou a Inmaculada de Alherdín (Granada) e rematou o cadeirado do coro da catedral de Málaga (1658). Para a catedral de Toledo, realizou un San Francisco e unha Magdalena penitente (1664). Destaca a Dolorosa e o Ecce Homo, para o mosteiro de Las Descalzas Reales de Madrid (1673).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Cortesán, fixo unha versión en castelán da Ilias latina, que titulou Esta es la Ilíada de Homero en romance traducida (1442), tamén coñecida como Homero romanceado, e introduciu locucións e léxico latinos coa súa linguaxe culta, xa que coñecía o grego e o latín. Pódense distinguir unha serie de obras que seguen a corrente trobadoresca e outros poemas alegóricos. Esforzouse por buscar a unidade de España nalgunha das súas composicións onde mostra un fondo sentimento patriótico. Da súa produción destacan Lo claro-oscuro, Laberinto de Fortuna o las trescientas e La coronación del Marqués de Santillana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Centrouse na produción de obras relixiosas, cun estilo que evolucionou desde o barroco ao neoclasicismo. Destacan o Cristo de la Buena Muerte, para a igrexa de los Jerónimos, un busto de Carlos III, e a Fuente de Neptuno, en Madrid. Foi director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. Foi discípulo do poeta Alexis e do filósofo Teofrasto. A súa obra, incluída na denominada comedia nova, está claramente vinculada á crise posdemocrática da polis. A súa temática xira ao redor do amor e do romanticismo, acompañada sempre dun ineludible final feliz. Escribiu máis de cen comedias, aínda que só se conserva enteira unha, O misántropo ou O díscolo, preservada nun papiro exipcio e que foi publicada en 1958; o resto, como A arbitraxe, A muller de Samos ou O home de Sición, coñécese a través dos títulos ou de fragmentos citados por outros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae en campo de ouro, seis roeis de goles, colocados en dous paus de tres. Outra variante leva, en campo de azul, seis besantes de ouro, colocados en dous paus de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Trasladouse a Perú, onde lle confiaron o mando dunha expedición que buscaba as terras austrais e que descubriu as illas Salomón (1568). O 27 de abril de 1574, Filipe II asinoulle unha licenza de adiantamento para conquistar, pacificar e colonizar o arquipélago. Na súa segunda expedición (1595) levou a súa muller e corenta familias (unhas cincocentas persoas en total), co obxectivo de poboar as illas que descubrira e gobernalas. Descubriu as illas Marquesas, pero morreu a consecuencia dunhas febres e os títulos de adiantado e almirante dos Arquipélagos Oceánicos pasaron á súa muller Isabel Barreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Foi ordenado sacerdote no convento agostiño de San Tomé, en Brno, onde adoptou o nome de Gregor. Ensinou ciencias naturais na escola primaria de Brno, e dedicou boa parte do seu tempo á experimentación con diversas clases de chícharos e outras plantas. Publicou os seus resultados en Versuche über Pflanzenhybriden (Investigación sobre os híbridos das plantas, 1865), onde estableceu as leis xerais da hibridación, que non foron recoñecidas polos seus coetáneos e que máis tarde tomarían o seu nome. En 1868 nomeárono abade do seu mosteiro, polo que abandonou as súas investigacións. Foi un dos primeiros científicos que utilizou procedementos estatísticos na súa experimentación. Non foi considerado o verdadeiro fundador da xenética ata que, dezaseis anos despois da súa morte, varios científicos, entre eles Hugo de Vries, deron a coñecer ao mundo científico a súa obra. Anos máis tarde, T. H. Morgan explicou as leis de Mendel como un mecanismo da herdanza, e a súa implicación...

    VER O DETALLE DO TERMO