"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construída no s XX, consagrouse en 1957. Ten cubertas de bóveda de canón de cemento, e retablos barrocos (s XVIII) nos laterais, mentres que o do altar maior data do s XX. A fachada remata cunha espadana de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador. Doutor en Historia (1920), en 1926 foi nomeado catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Universidad de Valladolid, da que foi reitor en 1939, e en 1952 catedrático de Historia da Arte na Universidad de Murcia. Dirixiu numerosas escavacións entre as que destacan as dos xacementos de Domaio (Cangas), Altamira en Taboexa (As Neves) e o castro Santa Tegra (1928-1933). Colaborador do Boletín del Seminario del Arte y Arqueología de Valladolid, das súas obras destacan Notas sobre arqueología gallega: Las mámoas de Chan da Pedra do Couto e San Colmado (1936) e El seudo asturiense en La Guardia-Pontevedra (1945). Foi membro da Real Academia de Historia, da Sociedad Española de Numismática, do Instituto Alemán, da Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla) e da Real Academia de Alfonso X de Murcia. Recibiu, entre outras condecoracións, a Gran Cruz con Plata de Alfonso X el Sabio

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intersección do plano meridiano cun horizontal, que sinala a dirección N-S. OBS: Tamén se denomina liña meridiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de depresións, instaladas sobre fosas tectónicas de dirección N-S, que se estende aproximadamente desde o concello de Carballo ata o de Tui ao longo de máis de 200 km. Ten a súa orixe na intensa fracturación que sufriu o relevo galego no Herciniano. Na parte máis setentrional, as redes fluviais seguen a dirección da fractura, mentres que os ríos Tambre e Umia a cortan perpendicularmente atravesando os seus diferentes chanzos. A importancia para o home radica na canalización natural das vías de comunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao mediodía.

      2. Que ten moita luminosidade.

      3. Que resulta moi claro ou evidente.

      1. Cada un dos círculos máximos da Terra que pasan polos polos.

      2. Calquera semicírculo da Terra que vai de polo a polo.

      3. meridiano de Greenwich

        Semicírculo imaxinario que une os polos e pasa polo antigo Real Observatorio de Greenwich (Reino Unido). É a liña base a partir da que se miden as lonxitudes e se establecen os fusos horarios mundiais. Correspóndese coa lonxitude 0°, polo que tamén é coñecido como meridiano cero ou meridiano de orixe.

      4. meridiano inicial

        Meridiano que toma arbitrariamente o home como o primeiro, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.

      5. meridiano magnético

        Cada unha das liñas isógonas comprendidas entre os dous polos magnéticos da Terra.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e científica alemá. Doutora en Física pola Universidade de Leipzig e investigadora na Academia de Ciencias da RDA, non entrou en política ata o derrube do Muro (1989), pero dende entón foi viceportavoz do goberno, ministra de Muller e Xuventude (ambos en 1990) e, posteriormente, de Medio Ambiente (1994). En 1998 nomeárona secretaria xeral da Christlich-Demockratische Union (CDU), que presidiu desde 2000. Despois dunha exitosa etapa como líder da oposición conservadora no Bundestag, o seu partido gaña as eleccións e Merkel é nomeada chanceleira de Alemania (2005). A revista Forbes a considerou a muller máis poderosa do mundo (2006). Tivo un papel decisivo na sinatura do Tratado de Lisboa, que substituíu á fracasada Constitución Europea, recibindo por iso o Premio Carlomagno ao europeísmo (2008).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos gádidos, ao que pertence a especie M. merlangus (bacalada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Influído primeiro por Rossellino e Benedetto da Maiano, decantouse despois cara á obra de Sansovino, como manifesta o sepulcro do vicerrei de Sicilia e de Nápoles, Ramon de Cardona-Anglesola i de Requesens, feito en Nápoles e instalado en 1531 en Bellpuig.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón creado en Vigo por Edicións Xerais de Galicia en 1986. O director editorial, Luís Mariño, foi o promotor deste premio, que se converteu en motor deste xénero e en canteira de novos creadores. Úrsula Heinze, con A casa abandonada, foi a primeira gañadora do premio. Outros escritores recoñecidos que tamén o gañaron foron Xosé A. Neira Cruz, en dúas ocasións (1988 e 2000), Agustín Fernández Paz (1989), Fina Casalderrey (1991), Marilar Aleixandre (1994), Manuel Lourenzo (2003) e Xesús Manuel Marcos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo entre 1896 e 1897. Editado nos obradoiros tipográficos de Varela e caracterizado polo seu humor disparatado, elaborárono varios escritores como homenaxe a Xosé Antonio Fernández, alcumado o Merlo Blanco, un popular limpabotas de Vigo a quen fixeron constar como director da publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Cléo de Mérode, foi alumna de Mile Theodore. En 1888 debutou na Opéra de París, para pasar anos máis tarde ao Folies-Bergère, onde creou o espectáculo Lorenza. Ao retirarse publicou as súas memorias Le ballet de ma vie (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e avogado. Foi alcalde de Ribadavia durante seis anos e estudou a historia da vila. Escribiu Apuntes históricos sobre la vida, trabajos y escritos del insigne teólogo Fr. Tomás de Lemos (1906), El fuero municipal de Ribadavia. Breve examen de sus disposiciones y contenido (1909), La Virgen del Portal de Ribadavia y su capilla (1904) e Los judíos en Ribadavia (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, discípulo de Juan Martínez Montañés. Desde 1613 instalouse nun taller propio como mestre independente. As súas obras amosaron un estilo atormentado, semellante ao de Montañés. As máis representativas foron os crucifixos do Cristo del Amor (1618) da igrexa do Divino Salvador e o Cristo del Gran Poder (1620) para a igrexa homónima, ambas as dúas en Sevilla. Tamén destacan a Virgen de las Cuevas, San Juan Bautista (1623) e o Cristo de la conversión del buen ladrón, en Sevilla, e a Virgen de las Angustias (1627) para a igrexa de San Pablo, en Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento e doutrina pietista cristiá. Difundiuse a mediados do s IV por Siria, Asia Menor e Exipto. Doutrinalmente ensinaba que polo pecado de Adán cada home ten un demo unido á alma que non se expulsa polo Bautismo, senón pola pregaria, motivo polo que os seus seguidores se coñeceron no mundo grego como euquitas (ύ ῐ ), alcume equivalente ao sirio mě Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ allīn. Condenado polo Concilio de Éfeso (431), subsistiu ata finais do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO