Merlín de Literatura Infantil, Premios
Merlín de Literatura Infantil, Premios
[LIT]
Galardón creado en Vigo por Edicións Xerais de Galicia en 1986. O director editorial, Luís Mariño, foi o promotor deste premio, que se converteu en motor deste xénero e en canteira de novos creadores. Úrsula Heinze, con A casa abandonada, foi a primeira gañadora do premio. Outros escritores recoñecidos que tamén o gañaron foron Xosé A. Neira Cruz, en dúas ocasións (1988 e 2000), Agustín Fernández Paz (1989), Fina Casalderrey (1991), Marilar Aleixandre (1994), Manuel Lourenzo (2003) e Xesús Manuel Marcos (2004).