Merlín

Merlín
[LIT]

Personaxe lendario, mago e profeta. Correspóndese co Myrddhin galés, bardo do s V, que se identifica co poeta Taliesin. Nas lendas antigas aparece como un guerreiro que loitou nas batallas contra os saxóns. Geoffrey de Montmouth introduciuno no ciclo artúrico na súa Historia regum Britanniae (s XII), onde aparece relacionado coa lenda do Graal como mestre do Rei Artur e coa Dona do Lago, para quen prepara un sepulcro encantado para gardar o corpo. Vítima dun engano, foi enterrado aí e continúa desde a tumba lanzando as súas famosas profecías. Nun poema francés do s XIII, obra de Robert de Boron, aparece como un fillo do demo.