"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de síntese de aldehidos aromáticos que consiste na formilación de compostos aromáticos policíclicos mediante HCl e CO en presenza de ALCl3 e Cu2Cl2: ArH+CO... ArCHO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción baseada nun texto latino do s XIII, de orixe goliardesca, considerada o himno universitario internacional.
-
-
Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.
-
-
Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.
-
Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.
-
-
-
Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.
-
Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.
-
-
Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.
-
Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.
-
-
-
Subir por un muro, unha árbore ou outra superficie valéndose das mans e os pés ou as patas.
-
Medrar unha planta cara arriba suxeita nun pao ou nunha armazón, ou ben por unha árbore, parede ou outro lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación da Terra, concibida como un elemento primordial do que xurdiron as razas divinas. Segundo Hesíodo, naceu por ela mesma, despois do caos e en oposición a el. Sen intervención masculina enxendrou a Urano (o ceo), as montañas e o Ponto (o mar). Xuntouse a Urano e enxendrou os titáns, os xigantes e os cíclopes.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Ordeado sacerdote en 1953, doutorouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1957. En 1971 recibiu a orde episcopal e foi nomeado bispo auxiliar da diocese de València. Entre 1976 e 1987 foi titular da sé de Eivissa. Neste último ano foi designado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Tanto na súa bibliografía (máis de 28 títulos de temática fundamentalmente pastoral e catequética), como noutros documentos e intervencións públicas nos medios de comunicación social, distinguiuse por soster unha liña de pensamento coherente coa doutrina da Igrexa, e manifestar a súa opinión en asuntos da actualidade política e social, feito que o converteu nun dos membros máis populares do episcopado español.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo británico. Profesor na University of Leeds, centrou os seus estudios no eido da lóxica, desde a que atacou o abstraccionismo e defendeu a teodicea. Entre as súas obras destacan Mental Acts (1958), Reference and Generality (1962) e Providence and evil (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña dos Alpes, ao NL do macizo do Mont Blanc (3.369 m). Comunica o val de Arve (Chamonix) co de Doire (Courmayeur). O túnel do Montblanc atravesa esta montaña e comunica Savoia co val de Aosta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Rómulo de Carvalho, poeta, profesor de química e investigador de historia das ciencias. Entre o rigor científico e un certo gusto polo popular, a súa poesía tende ao compromiso social. Das súas obras cabe destacar: Movimento perpétuo (1956), Teatro do mundo (1958), Máquina de fogo (1961), Poema para Galileu (1964), Linhas de Força (1967), Poesias Completas (1969) e A Poltrona e Outras Novelas (1973). En 1983 publicáronse os seus Poemas póstumos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Aos dezaseis anos entrou na Lexión Francesa, da que desertou, polo que pasou diversas tempadas en reformatorios e cárceres. A súa obra literaria está moi influenciada pola súa vida persoal. Tentou reflectir a vida dos sectores máis marxinais da sociedade, desde as criadas ata a xente de cor, sen esquecer as prostitutas e os homosexuais. Entre as súas obras hai que destacar Les Bonnes (1947), Les Négres (1956), Le balcon (O balcón, 1960) ou Les paravents (1961). En 1966 presentou o volume Lettres à Roger Blim, un conxunto de textos nos que analiza a función social e política do teatro como instrumento de acción e liberación. Situada a medio camiño entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro do absurdo, a súa obra foi obxecto de varias escenificacións en Galicia, entre as que destaca As criadas, realizada pola Compañía Luís Seoane en 1980 con dirección de Manuel Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador e debuxante francés. Coñecido como Grandville, os surrealistas considerárono o seu precursor. Dos seus debuxos satíricos destacan Les plaisirs de tout âge (1827), Métamorphoses du jour (1829), Un autre monde (1844) e Les fleurs animées (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Magnate do petróleo e coleccionista de arte estadounidense. Dirixiu diversas compañías petrolíferas ata que se converteu no presidente e director xeral da Minnehoma Financial Corpo (1942-1961). Dende 1948 foi presidente e principal propietario da Getty Oil Company e dende 1956 presidente do Mission Corp. Reuniu unha importante colección de arte coa que formou o J. Paul Getty Museum, inaugurado na súa residencia de Malibu en 1954. En 1974 foi trasladado a un edificio e en 1997 ao Getty Center de Los Angeles. En 1953 creou a J. Paul Getty Foundation para a difusión das artes e do saber.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de variación na norma do galego, xerado no propio idioma, probablemente nos Séculos Escuros dado que non existe en portugués moderno. Produciuse ao ampliar o fonema oclusivo velar sonoro /g/ ao campo de dispersión dentro do proceso xeral de simplificación das xeminadas latinas, sonorización das oclusivas xordas intervocálicas e fricativización e relaxación das oclusivas sonoras. Represéntase con <gh> (ghorxa, amigho, un ghalo, algho). Nos anos 70 do s XX era xeral no galego atlántico e en falas do central, mentres que no oriental só de xeito asistemático se oía por Cervantes, Pedrafita, As Nogais e os Ancares de León. A realización maioritaria era aspirada faringal xorda [Ó], agás en vilas, especialmente da costa, onde a realización era fricativa velar xorda [x], mesmo en xente maior. No grupo -ng- medial de palabra o /g/ podía conservarse (domingo, ninguén) ou enxordecer [k] (dominco, ninquén) e nalgúns puntos rexistrábase gheada (domin-gho, ninghén). Gravacións dos anos...
-
PERSOEIRO
Escritor francés. A súa obra mostra unha orientación clasicista que se reflicte nunha construción dramática perfecta, nunha linguaxe poética moi escollida e na recreación dos vellos mitos clásicos. Destacan Siegfried (1928), Intermezzo (1933), L’Apollon de Bellac (1942), La Folle de Chaillot (1945) ou La Guerre de Troie N’Aura Pas Lieu (1935), traducida para o galego por X. L. Franco Grande e Xosé Manuel Beiras (Non haberá guerra de Troia, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dar brillo á superficie de algo como unha tea ou un papel.
-
Recubrir un doce de azucre glacé ou doutro produto semellante.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés. Publicou traballos de erudición e narracións de carácter stendhaliano. Da súa produción destaca Essai sur l’inégalité des races humaines (1853-1855), en que introduce unha interpretación das civilizacións fundamentada nas razas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Elemento destacado da nouvelle vague, incisivo, irritante e ambiguo, tratou as cuestións sobre a concepción da vida cun ton pesimista e un tratamento experimental e vangardista. Dirixiu, entre outros filmes, A bout de souffle (1959), Une femme est une femme (1961), Vivre sa vie (1962), Alphaville (1965), Pierrot le fou (1965), Week-end (1968), Je vous salue, Marie (1984), Détective (1985), Hélas pour moi (1993) ou Forever Mozart (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Goián (Tomiño). Ten planta rectangular. Rehabilitouse para converterse nun establecemento hoteleiro. Na porta principal destaca un escudo do s XVIII. Ás beiras da porta consérvanse dous balcóns erixidos sobre ménsulas e cara á zona posterior unha solaina cuberta. Está rodeada cun muro de pedra no que se insire unha pequena capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de anotar un equipo moitos goles.