"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Budapest 1905 - Londres 1983) Escritor húngaro. Pertenceu durante corenta anos ao Partido Comunista, e nas súas novelas e reportaxes realiza análises críticas. Escribiu, entre outros traballos, Spanish Testament (1937), Arrival and Departure (1943) e The Lotus and the Robot (1960). Publicou tamén Life after Death (1976), Bricks to Babel (1980) e Kaleidoscope (1981).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa a illa de Sakhalin (Rusia) e Hokkaidō (Xapón). Ten unha lonxitude de 46 km, e une o mar de Xapón, no O, co de Okhotsk, ao L.
-
VER O DETALLE DO TERMO
saramago.
-
PERSOEIRO
Historiador francés. A súa contribución, próxima ao marxismo, é unha das máis influíntes na historiografía francesa do s XX. Centrouse nos aspectos económicos xerais do período revolucionario. Das súas publicacións destacan Esquisse du mouvemennt des prix et des revenus en France au XVIIIe siècle (1953) e La crise de l’economie française a la fin de l’Ancien Régime e au début de la Révolution (1944). Xunto con F. Braudel codirixiu a Histoire économique et sociale de la France (1970-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. A súa obra máis importante é a Historia General de España (1850-1859), en trinta volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Foi o construtor do primeiro automóbil feito en Reino Unido, impulsor da investigación aeronáutica inglesa e creador dunha importante empresa automobilística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e presidente do FC Barcelona. Licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona, é membro ilustre do Colegio de Abogados de Barcelona e socio fundador e titular do bufete Laporta & Arbós, Advocats Associats. Tamén é profesor colaborador da Facultade de Arquitectos Técnicos da Universidade de Barcelona. Un dos principais opositores a Núñez e Gaspart, anteriores presidentes, é elixido presidente do FC Barcelona en xuño do 2003, renovando no cargo no verán de 2006. Ten especial interese na imaxe que transmite o equipo, mediante política “Tolerancia cero” inténtase erradicar a violencia asociada ao fútbol. Durante a súa presidencia, o club ten obtido numerosos títulos entre os que figuran o da Liga, Copa de Campións e Copa do Rei na temporada 2008/9.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Distinguiuse polos seus coñecementos de física nuclear, física biolóxica e física médica. Tivo un papel importante na fabricación da bomba atómica. Foi un dos inventores do ciclotrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar e mariscal francés, marqués de Vauban. En 1678 foi nomeado por Luís XIV comisario xeral de fortificacións e encargado da defensa das fronteiras. Construíu fortalezas, perfeccionou o armamento e dirixiu diversos sitios. Publicou Projet d’une dime royale, onde defendía a igualdade fiscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi animador do movemento da filosofía do espírito e un dos introdutores da caracteroloxía en Francia. Escribiu Obstacle et valeur (1934), Traité de morale générale (1942) e Traité de caractérologie (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, tradutor e animador teatral. Estivo vinculado aos grupos afeccionados Círculo de Perlío, Escola Municipal de Teatro de Narón e Tagallo, cos que presentou diversos espectáculos entre 1975 e 1985. En 1980 creou, con Francisco Pillado, o boletín de información teatral Don Saturio, a primeira revista de teatro que se publicou en Galicia e en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Adscribiuse en 1861 ao movemento dos macchiaioli. Nas súas paisaxes domina a masa de cor sobre a precisión dos contornos. Destaca Imboscata di bersaglieri italiani in Lombardia (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei fundamental con categoría constitucional, promulgada o 10 de xaneiro de 1967, na que se configuraba o Estado español como un reino. O sistema institucional respondía aos principios de unidade de poder e de coordinación de funcións. A lei definía as funcións do xefe do Estado, do presidente do goberno, do Consello de Rexencia, do Consello do Reino, do Consello do Estado, do Consejo Nacional del Movimiento, de xustiza, das Forzas Armadas, da administración local, da economía estatal e do Tribunal de Cuentas.
-
CAPITAIS
Capital do condado de Leicestershire, Inglaterra, situada ao S de Nottin-gham (289.700 h [estim 2000]). Atópase na rexión de Midlands, á beira do río Soar e do canal Grand Union. É un núcleo industrial téxtil e metalúrxico. Antiga cidade romana, acadou importancia baixo a Heptarquía anglosaxona. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de Saint Nicholas, de estilo románico e gótico primitivo, e os restos da abadía e do castelo que construíu Simón de Monfort.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra (2.553 km2; 611.200 h [estim 2000]). A capital é Leicester. Corresponde aproximadamente ao antigo condado do mesmo nome, que foi un dos grandes feudos ingleses medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ento medio entre o L e o NO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento medio entre o L e o SL.
-
-
Planta herbácea, perenne, moi olorosa, que ten unha soa cana, follas sen pelos, e unha espiga pequena e estreita, máis ou menos cilíndrica, da que sae unha flor amarela. Atópase en estado salvaxe e tamén cultivada para forraxe.
-
Folla seca do piñeiro que cae de seu e cobre o chan dos piñeirais.
-
-