"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Sebastião José de Carvalho e Melo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escola Nacional de Belas-Artes de Lisboa. Conservador dos palacios e monumentos nacionais, foi elixido presidente da Academia Nacional de Belas-Artes en 1980. Entre as súas obras destacan Serra da Estrela (1938) e Gente do Mar (1940). Publicou, entre outros libros: A escultura em Mafra (1950), Novas revelações para a história do Barroco em Portugal (1965) e A basílica da Estrela (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e escultor. Formouse en Europa onde entrou en contacto coas vangardas artísticas do período de entreguerras. Da súa obra arquitectónica sobresae o pazo de goberno de São Paulo (1927). Entre a súa obra teórica destaca Os ossos do mundo e L’aspect psychologique et morbide de l’art moderne (O aspecto psicolóxico e mórbido da arte moderna, 1937). Recibiu o Premio Nacional de Escultura e Arquitectura en 1932 e o Premio da IX Bienal de São Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo portugués. Profesor na Universidade de Coimbra e estudoso da filosofía e da cultura portuguesas, publicou a obra Estudos sobre a cultura portuguesa (1947-1958), recollida en catro volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Organizador da Revolución do 25 de abril de 1974, foi xefe do Comando Operacional do Continente (COPCON), da rexión militar de Lisboa e membro do Conselho da Revolução. Participou en novembro de 1975 nun intento de golpe militar de esquerda e foi arrestado e apartado do exército. Candidato á presidencia da República (1976 e 1980), en 1984 foi acusado de ser o inspirador do grupo revolucionario Forças Populares-25 de Abril, polo que o condenaron a quince anos de cárcere en 1987. Conseguiu a liberdade en 1989 e indultárono en 1995. Publicou as obras: Cinco meses mudaram Portugal (1975), Alvorada em Abril (1977), O povo é quem mais ordena (1977), Projecto de unidade popular: a organização da força de unidade popular (1980) e Acusação e defesa em Monsanto (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o pintor dos frades, realizou obras de temática relixiosa. Participou na decoración da catedral de Lisboa e das igrexas de São Domingos e da Encarnação.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario creado polo escritor Manuel Vázquez Montalbán e protagonista das súas novelas policiais. A serie iniciouse coa obra titulada Yo maté a Kennedy (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor portugués. Diplomouse na Escola de Belas-Artes do Porto no ano 1968, onde despois exerceu como profesor. Recibiu unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian e ampliou estudios na Saint Martin’s School of Fine Arts de Londres entre 1971 e 1973. A súa obra, de tendencia abstracta, céntrase na experimentación sobre os metais e a pedra, e no tratamento dos volumes. Entre os seus galardóns sobresaen o Gran Premio de Escultura de Vila Nova de Cerveira (1982) e o Premio de Escultura da Fundação Calouste Gulbenkian (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea do xénero Carum, da familia das apiáceas, de follas pinnadas, raiceira de forma fusiforme, flores pentámeras e froito lateralmente comprimido e liso con costelas lonxitudinais. En Galicia están presentes as especies C. verticillatum, de ata 100 cm de altura, con numerosas bractéolas e pétalos brancos, común en ambientes húmidos; e C. carvi, de ata 130 cm de altura, de bractéolas ausentes e pétalos rosáceos, que constitúe unha especie propia de prados e bosque de montaña. Emprégase na elaboración de embutidos e como condimento de sopas, salsas, carnes e outros alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. En 1976 publicou Will You Please Be Quiet, Please, (Podería calar, por favor), colección de contos que o fixo famoso. Considerado como o pai do denominado Dirty Realism, a súa obra describe o reverso do soño americano. Como poeta publicou catro libros entre 1968 e 1986, o último deles titulado Where Water Comes Together With Other Water (Cando a auga vén xunto con outra auga). Postumamente se publicou Elephant and Other Stories (O elefante e outras historias). O director cinematográfico Robert Altman adaptou algunhas das súas narracións no filme Short Cuts (Vidas cruzadas, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Carbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Pas-de-Calais, Francia (17.059 h [1990]). A súa economía baséase principalmente na explotación das minas de hulla, ademais de ser un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Foi funcionario británico en Nixeria ata 1920, ano en que se estableceu en Oxford. Influído por Dickens, Fielding e Defoe, publicou as novelas Aissa Saved (Aissa salvada, 1932), Mister Johnson (Señor Johnson, 1939) e dúas triloxías (1941-1944 e 1952-1955). Como poeta escribiu The Drunken Sailor (O mariñeiro borracho, 1947). Postumamente se editou The Captive and the Free (O preso e a liberdade, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores caducifolias da familia das xuglandáceas, de cortiza gris e lisa, follas imparipinnadas e flores masculinas en candeas e femininas terminais. O seu froito é lobulado, semellante a unha noz pero coa cuberta carnosa e gris que se abre en catro valvas. Orixinarias de América do Norte e México, destacan pola súa madeira. Os froitos dalgunhas especies son comestibles e proporcionan aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de caracois de cuncha de ata 2 mm de lonxitude, de cor abrancazada, alongada, lisa, co labio interno con dous dentes e o externo cun pequeno nódulo. En Galicia están presentes nas fragas as especies C. tridentatum e C. ibazoricum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cualedro baixo a advocación de san Roque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada polo Concello de Vigo o 26 de novembro de 1983 co obxectivo   de acoller e educar a nenos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO