"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Construción situada en San Cibrao das Viñas. Trátase dun edificio en forma de L, cunha planta na zona norte, e dúas na sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Barbaña en Noalla (San Cibrao das Viñas). Datada nos ss XIII-XIV, trátase dunha ponte de cantaría e cachotaría, con arco de medio punto, dous vans e rasante alombada. Atópase no antigo camiño de Castela a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Consta dunha soa nave dividida en tres tramos, os dous máis occidentais cubertos con bóveda de cruzaría e o terceiro xunto á capela con bóveda de canón. A fachada presenta dúas arquivoltas apuntadas. No tímpano atópase un calvario do s XVIII. Conta cunha torre-campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea, perenne, de 60 cm a 1,5 m de altura, que presenta rizoma fibroso, follas amplamente lineares con lígulas obtusas e ciliadas e inflorescencia en panícula longa. Florece entre maio e agosto en prados de sega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amt de Dinamarca (6.173 km2; 494.833 h [estim 2001]). A súa capital é Ålborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illas Anglonormandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa menor das dúas grandes illas de Nova Zelanda (115.777 km2; 2.829.798 h [2001]). Está separada da illa do Sur polo estreito de Oook. As cidades máis importantes son Auckland, ao N, e Wellington, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Lima a partir de 1995. Publicada pola Sociedad Gallega del Perú, tratouse dun boletín de periodicidade anual dirixido por A. Mosquera. Incluíu información sobre as actividades da asociación e artigos sobre a realidade galega, co obxectivo de deixar testemuño da existencia da galeguidade en Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi inspector de ensino primario e tamén se dedicou ao estudo da historia e da arte. Dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936) e publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Docente da Universidade de Santiago de Compostela, da súa produción destacan Vicente Aleixandre, poeta surrealista (1980) e Las rimas sacras de Lope de Vega: disposición y sentido (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Exerceu cargos en conventos en Filipinas e foi arcebispo de Manila (1890-1902), onde tomou parte na rendición do arquipélago ante os estadounidenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco gasterópodo, da familia dos taídidos, ao que pertence o cornetín (Nucella lapillus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de vontade para realizar unha determinada actividade que requira un esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Nullán (As Nogais). O seu cumio acada os 909 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de san Cósmede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Divulgador científico. Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e Didáctica das Ciencias na Universidade de Nova York. Elaborou o proxecto e dirixiu o Museo Casa das Ciencias, o Domus-Casa do Home e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes). Foi director, guionista e coordinador dos programas Introdución a la astronomía e El sistema solar, para o Museo da Casa das Ciencias, ademais doutros proxectos museísticos para centros como o Museo de las Ciencias Príncipe Felipe de València. Recibiu o Premio CSIC de periodismo científico (1992), a medalla de prata do CSIC e a insignia de ouro da Universidade de A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourense. As obras da construción orixinal deberon comenzar durante a metade do s XV, por orde de Sueiro de Oca. No s XVI, Álvaro de Oca Sarmiento ordenou a súa reconstrución ao canteiro Antonio Díaz, en estilo plateresco, aínda que o pazo foi reformado e ampliado en posteriores ocasións. A fachada presenta características góticas, como a verticalidade, a tipoloxía dos escudos ou as columnas balaustradas. A portada é rectangular e arquitrabada, enmarcada por baquetas. No segundo andar abríronse catro balcóns voados sobre ménsulas, con balaustradas de pedra tallada. Rodeando ao que está sobre a portada principal, colocáronse tres escudos de armas. O interior organizouse ao redor dun patio cuberto, de dous andares. O de abaixo, conta con oito piares octogonais e o superior con esveltas columnas toscanas. Destacan os brasóns das pilastras, a escalinata e unha fonte de mármore de Carrara, que procede de Oseira. Pertenceu aos Oca, Valladares e Samiento e en 1850 converteuse...

    VER O DETALLE DO TERMO