"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘militar’.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e arqueólogo italiano. Foi un dos mellores teóricos da arquitectura neoclásica. Instalouse en Roma desde 1761 e das súas obras destacan La vita dei più celebri architetti (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Emiliano/Emiliana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un león rampante que leva colgada dunha cinta en cada pata dianteira unha roda de carro galego, todo de ouro; bordo axadrezado de prata e azul, de dúas ordes. Outra variante leva, en campo de azul, unha torre redonda de ouro, con homenaxe.
-
GALICIA
Funcionario e poeta. Pertenceu ao corpo de prisións e foi inspector e xefe superior da policía. Dirixiu, durante a súa estadía na Coruña (1875-1880), as revistas El Domingo e La Semana. Da súa produción destacan Flores marchitas (1877), a zarzuela En la playa (1880) e o libro biográfico Memorias de Millán Astray, ex director de la Cárcel Modelo de Barcelona y ex jefe de la Policía de Madrid y Barcelona (2 volumes, 1917, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi pastor, fíxose ermitán e contribuíu á evanxelización dos cántabros. Xunto á cova en que viviu construíuse un mosteiro na súa honra. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
(Pontevedra 11.6. 1922 - Santiago de Compostela 16.12. 2002) Filólogo, conde de Quirós. Catedrático de Grego, foi profesor axudante de filoloxía latina e lingüística indoeuropea na Universidad de Madrid e profesor da facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos membros fundadores do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e membro do Instituto Padre Sarmiento e do Centro de Estudios Xacobeos. Presidiu a Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto e, durante o goberno de Fernández-Albor, foi subdirector xeral da Consellería de Educación. Colaborou nas Comisións de Lingüística e Toponimia e escribiu numerosos artigos sobre aspectos relacionados coa filoloxía, a lingüística e a toponimia e coa epigrafía e a arqueoloxía. É autor de A la sombra del apóstol: once siglos de vida compostelana (1938), Ara con nuevo teónimo indígena en San Vicente de O Grove (1976), en colaboración con José Carro Otero, Sobre las aras del santuario de Donón (Hío, Pontevedra) (1978), Raíces...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1907) e doutorado (1917) na Universidad de Madrid, está considerado o primeiro especialista en radioloxía de Galicia. Iniciou as súas actividades en Vigo (1908), onde xa en 1915 posuía instalación de raios X. Posteriormente, instalou en Vigo o primeiro gabinete de Galicia dedicado á radioloxía (1923), que foi considerado como un dos máis importantes de España. Destacou como radioterapeuta no tratamento do cancro e exerceu como xefe médico do servizo de Radioloxía e Diatermia do Hospital Municipal de Vigo. Publicou o traballo Ligeras nociones acerca de los Rayos X y de sus aplicaciones (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Alcalde de Moaña (2003), deuse a coñecer na década de 1990 cunha poesía culturalista que pretendía afondar na condición humana sen limitacións espazo-temporais. Publicou estudos sobre figuras da literatura galega como Vicente Risco, Johan Carballeira e A. Castelao, e o poemario Este é o tempo do sal (1992), co que gañou o accésit do XI Premio Esquío. Escribiu tamén As palabras no espello (1995) e participou nas edicións de Profecía do mar (1995), de Bernardino Graña; e Da terra asoballada (1996), de R. Cabanillas. Foi galardoado en tres ocasións no Concurso Nacional de Poesía O Facho.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Chacín (Mazaricos). Ten planta cadrada e dous pisos. Construída en pedra e cachotaría, destaca a escaleira de pedra cara ao primerio andar e un balcón sostido por lousas de pedra.
-
GALICIA
Escritor, pai de Isidoro Millán Mariño. Foi deputado provincial e vogal do Padroado do Museo de Pontevedra. Fundou o xornal La Opinión e foi director de La Correspondencia Gallega (1899-1901). Da súa produción destacan Notas históricas sobre varones ilustres de Pontevedra (1920) e Una excursión al monasterio de Poyo (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Colaboradora de diversas publicacións, como ABC, Blanco y Negro e El Sol, foi directora do Teatro Muñoz Seca de Madrid (1932-1933) e autora de numerosas obras de teatro popular. Publicou a novela curta La Hermana Teresa (Premio Blanco y Negro, 1919), a colección de contos Todo amor (1920), a obra teatral Al rugir el león (1923) e o poemario Cautivas. 32 meses en las prisiones rojas (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Despois de estudar a organización da lexión estranxeira francesa en Alxeria, fundou o Tercio de Extranjeros ou Legión Española en 1920, en que obtivo o grao de tenente coronel. En 1932 ascendeu a xeneral, e en 1936 uniuse ao Levantamento Nacional e foi un dos máis estreitos colaboradores do xeneral Franco. Ocupou a xefatura do gabinete de Prensa e Propaganda e, ao rematar a Guerra Civil Española, foi xefe do Cuerpo de Mutilados. Da súa produción, ademais de numerosos artigos, destacan La Legión extranjera en Argelia y el Tercio de extranjeros español (1920), La Legión (1923) e Franco, el Caudillo (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou cultivando a pintura tradicional e evolucionou cara ao surrealismo a partir de 1948, influído por J. Torres García e J. Miró. Foi un dos fundadores do grupo El Paso e difundiu a arte moderna na súa comunidade de orixe. Realizou obras con imaxes abstractas en branco e negro ou negro e vermello. Pintou Animal de fondo (1963) e Antropofauna (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación da Concepción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coa súa primeira novela, Cerbero son las sombras (1975, Premio Sésamo) definiu a súa forma de escribir, baseada en sinalar o estraño dos acontementos cotiáns e a dimensión familiar do insólito. Colaborador de El País e doutros medios de comunicación, creou os “articuentos”, a medio camiño entre conto e artigo de prensa, e onde se analizan temas da sociedade. Da súa produción cómpre salientar La soledad era isto (1989, Premio Nadal 1990), Dos mujeres en Praga (2002, Premio Primavera de Novela), Cuentos de adúlteros desorientados (2003) e Hay algo que no es como me dicen (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Os experimentos que realizou na Universidade de Chicago, desde 1953, permitiron demostrar que unha determinada excitación eléctrica dunha masa gasosa, semellante á posible atmosfera primixenia da Terra, provoca a síntese dos aminoácidos que constitúen a parte fundamental da materia viva.
VER O DETALLE DO TERMO